- 1 Cantidad a donar
- 2 Formaliza tu pago
- 1 Tipo de subscrición
- 2 Personaliza a túa subscrición
- 3 Enche os teus datos
- 4 Formaliza o pagamento
- 0
- 1
- 2
- 3
A túa subscrición fai posible que O Salto sexa economicamente independente.
A continuación vas recibir un correo con toda a información sobre a túa conta na web con detalles da túa subscrición. Se non o recibes nuns minutos, consulta as carpetas de correo non desexado ou "Promociones". Se tes cualquera dúbida podes escribirnos a socias@elsaltodiario.com
Se elixiches pagamento por transferencia, podes facelo neste número de conta:
Número de conta: ES62-3035-0376-17-3760009779
Entidade: Caja Laboral
Titular: Cooperativa Editorial S. Coop.
BIC: CLPEES2MXXX
Faite socia/o e leva unha camisola de agasallo
Ata o 15 de xaneiro subscríbete por só 60 euros e agasallámoste a nosa exclusiva camiseta deseñada por Pruden.
No canto de 80
Se podes asumilo, este apoio extra é fundamental para O Salto
Con este xesto de solidariedade e apoio mutuo anónimo (non coñeces á persoa que amadriñas nin ela sabe de ti), ademais de apoiar o proxecto, permites que persoas que están a atravesar problemas económicos poidan seguir sendo socias. Unha vez presionado o botón de "amadriñar" podes elixir máis arriba o tipo de subscrición que queres amadriñar.
Fai posible que se creen grupos de distribución en bici nas ciudades onde a concentración de subscritoras o permita. Á parte, contribúes a eliminar o envoltorio dos envíos por Correos.
Fas posible a creación dunha liña de contidos de vídeo: dende coberturas ata entrevistas, pezas humorísticas e reportajes de actualidade.
Fas posible a creación dunha liña de contidos de radio a cargo dun equipo con longa experiencia en programas e radios comunitarias.
Lectores e lectoras facedes posible O SALTO con estes pequenos xestos. O voso apoio é fundamental para o futuro dun xornalismo independente que tanto precisamos.
Estás eligiendo el pago por transferencia. Estos son nuestros datos bancarios:
- Cuenta: ES62-3035-0376-1737-6000-9779
- Entidad: Caja Laboral
- Titular: Cooperativa Editorial S. Coop
- BIC: CLPEES2MXXX.
{{index}}; {{model.modalidad}}; {{model.tipo}}; totalizado: {{totalizado}}; {{model.pagamiento.total}}; {{model.donar.donacion}}; mes: {{total_mensual}}; anual: {{total_anual}};; {{total}}
Faite socia/o este Nadal e leva unha camisola de O Salto x Pruden
Recibirás os vindeiros días un mail de osalto.galiza@elsaltodiario.com para preguntar que talla prefires. Non desesperes, que os tempos de envío en Nadal son dilatados. Recorda que esta oferta é só para cotas anuais domiciliadas das subscricións papel ou incondicional.
A historia deste século en Galiza non poderá ser contada sen poñer o foco principal na forza da loita ecoloxista e veciñal. Ante unha lista inxente de atentados ambientais no noso territorio, desenvolvimos unha capacidade case innata de resistencia, de dignidade e, sobre todo, de organización.
Iso foi o que inspirou ao artista galego e tatuador Pruden para facer a ilustración que leva esta nova camisola de O Salto que agora, por facerte socia/o, levarás contigo de balde. Ademais a un prezo reducido!
Queremos seguir a contar a nosa historia de resistencia ecoloxista e cidadá para que ninguén a conte por nós. Queremos seguir cos pés na rúa cada vez con máis forza. Por iso, precisamos a túa axuda. Somos o único xornal en Galiza que non recibe nin un só euro de empresas que atentan contra o medio ambiente. Nin petroleiras nin bancos nin por suposto celulosas. Non o aceptamos por principios, aínda que poucas nolo ofrecerían porque saben que non nos poden mercar.
A eles só os move o diñeiro, a nós loitar por un país mellor.
Faite socia/o do Salto para axudarnos a contar a nosa propia historia. Chegaremos tan lonxe como ti queiras.
Subscrición internacional
Nas subscricións papel con envío internacional hai un incremento de prezo de 1,5€/mes por gastos de envío. Abonda con que indiques o enderezo nos datos de envío para que o prezo se actualice.
O Salto Galiza - El Salto é un proxecto formado por unhas 200 persoas e máis de 10.000 socias que aposta por un xornalismo radicalmente diferente: sen financiaciamento de empresas do Ibex35, democrático, descentralizado e de propiedade colectiva. Cando te subscribes fas posible que O Salto siga existindo e poida chegar a máis xente con mellores contidos.
Impulsado polo periódico Diagonal, O Salto Galiza - El Salto nace a finais de 2016 co obxectivo de construír, con todos os proxectos e persoas que partillan unha idea semellante da comunicación, un novo medio que funcione con outras normas, con máis alcance e máis incidencia.
Hoxe, El Salto está formado por seis proxectos territoriais, á parte da Edición Xeral: Andalucía, Extremadura, Euskal Herria, Galiza, Madrid e País Valencià, máis de 60 blogs e una plantilla de 24 empregadas. En total, sen contar con colaboracións puntuais, máis de 200 personas participan activamente no proxecto.
El Salto conta cunha web de actualización diaria e un xornal mensual, unha radio (El Salto Radio) e unha televisión (El Salto TV). Tanto na web como no papel, as noticias propias de cada territorio combínanse coa información estatal e internacional.
O Salto Galiza - El Salto xorde dunha idea: alén de lemas e declaracións de independencia, o único xeito de facer un xornalismo diferente é funcionar de forma diferente. Estas son as nosas señas de identidade:
- O 70% da financiación de El Salto vén das persoas subscritas.
- As empresas que violan dereitos humanos, sociais, ambientais ou laborais non poden anunciarse.
- Non se permiten contidos patrocinados nin publicidade invasiva.
- Non hai xefes nin directores. Todas as personas empregadas cobran o mesmo salario. Todos os cargos son elixibles e revogables.
- As grandes decisións tómanse de xeito asambleario e a propiedade de El Salto é colectiva.
- As decisións máis importantes do medio (cambio de cabeceira, propiedade, cambio de modelo, liñas vermellas), son consultadas con todas as socias suscriptoras a través dun referéndum vinculante.
- El Salto é un medio descentralizado, con medios territoriais autónomos que toman as súas propias decisións dentro do respecto ás tres liñas vermellas do proxecto: financiamento ético, democracia interna e calidade xornalística.
Asociándote O Salto fas posible que este proxecto viva e poida chegar cada vez a máis xente a través da web, o principal escaparate do medio.
Cando te asocias desde un dos territorios que conta con proxectos territoriais (Andalucía, Extremadura, Euskal Herria, Galiza, Madrid e País Valencià) tamén estás dotando de recursos á redacción local.