Actualidad LGTBIQ+
“Estamos moi afeitas a que fagan cousas presuntamente para nós, pero sen nós”

O Foro de identidades e disidencias sexuais remata o primeiro informe sobre a realidade e impacto do LGTBIQA+ na Galiza.
Primeiro Informe LGTBIQ Galiza
De esquerda á dereita: a filósofa Carme Adán, o artista drag Javier Sánchez (máis coñecido como Meiga-i) e a doutora en historia Daniela Ferrández. O Salto Galiza
Vídeo: Cru Producións Texto: Elena Martín
23 may 2023 12:30



A doutora en historia Daniela Ferrández, o artista drag Javier Sánchez (máis coñecido como Meiga-i) e a filósofa e política Carme Adán formaron parte do proceso de creación dun informe que busca achegarse á realidade LGTBIAQ+ na Galiza dun xeito actual e onde o colectivo fose “realmente escoitado”. “Sinto que é a primeira vez que nos chaman a certos sectores para que informemos. Para que deamos a nosa perspectiva do que vemos día a día”, comenta Javier Sánchez cando se lle pregunta que ten de pioneiro este informe con respecto a outros estudos feitos no pasado.

Todas e todos nalgún momento da vida podemos disentir das normas sociais establecidas.

Este informe é un proxecto do Foro de Identidades e Disidencias Sexuais, creado polo Consello da Cultura de Galicia no ano 2022. “O foro comezou como un convenio de colaboración entre a consellería de emprego de igualdade e o consello da cultura galega a través do seu centro de igualdade e feminismo”, explica Carme Adán. “A idea era fuxir das siglas cando creamos este foro, porque as etiquetas poden ser liberadoras ao permitir movemento político, pero tamén son un pouco un cárcere porque encorsetan a identidade. Todas e todos nalgún momento da vida podemos disentir das normas sociais establecidas.

-“Porque a norma é absurda e non engloba a todas as persoas”, comenta Ferrández.

-“Exacto, ao final as persoas están máis aló das normas”, engarde Adán.

Entón, que é a disidencia?

“A disidencia é un termo paraugas que trata de reflectir ou encaixar todas aquelas realidades e xeitos de existir, de vivir e poboar este mundo que van alén da norma binaria establecida nunha parte da sociedade con respecto ao xénero e á sexualidade”, comenta Ferrández. “Pero tamén é un termo que ten un potencial político interesante porque nos vén a sinalar que as eivas e as cuestións que están vencelladas a esta loita son cuestións que atinxen a toda a sociedade e que saen desta cápsula do colectivo. Ao final, todas, independentemente se somos LGTBIQA+ ou non, somos en moitas ocasións disidentes sexuais.

Javier Sánchez concorda en que a disidencia “é unha ferramenta que se pode utilizar”. “Pero tamén considero que, moitas veces, é un lugar no que nos poñen desde fóra. No que nos etiquetan por facer a nosa vida. Ás veces, sen decatarte, estás sinalado con esa mochila”, engade Sánchez.

O primeiro Informe sobre a realidade e impacto LGTBIQA+ na Galiza

“É importante dicir que este informe parte dunha visión institucional pero a idea é que reverta na sociedade e tamén nas propias institucións. Para que non poidan dicir «é que non sabemos». E todo isto dando voz e escoitando, porque non era cuestión de facer o informe desde un gabinete”, comenta Adán.

Porque non adoita acontecer que as persoas LGTBIQA+ participen nos cambios que se crean desde a administración. “Eu agradezo moito ao Consello da Cultura esa humildade e o ter unha intención real por coñecer a realidade”, di Sánchez. "Porque, como se coñece a realidade? Saíndo do despacho e preguntando ás persoas que traballan nas asociacións, ás que estamos nos escenarios, as que investigan... e ese proceso é o que fai que poida ser un informe real. Iso fala da novidade da situación, porque estamos moi afeitas a que fagan cousas presuntamente para nós, pero sen nós”.

Para Daniela Ferrández, o informe “é xusto iso”. “É un proceso de investigación-acción, porque a idea era que non foramos nós simplemente as voces que crearon este informe, senón que fose un informe baseado nunha realidade e que esa realidade tivese voz e marcara o camiño que seguimos para crealo”, comenta. “E ademais tivemos tempo e participantes, o que permitiu ir máis aló de «Galiza está mal»”.

Para as tres entrevistadas o informe foi, sobre todo, “unha cuestión de conxunto”. “Asesorámonos entre nós e asesoramos a creación do informe cada unha desde a súa área”, di Ferrández. “Foi algo colectivo, non de cada unha desde as nosas casas”.

Para min o informe pode ter a potencialidade de ser esa ferramenta que axude a que as intitucións públicas acompañen ese proceso

Situación LGTBIQA+ na Galiza

“Aínda queda moito”, comenta Adán. “É necesario compromiso orzamentario e en servizos, e que iso vaia creando conciencia. Non é un informe para as persoas disidentes, senón para a sociedade. Para que se coñeza”.

“Eu a visión que teño é que no país hai axentes facendo moitas cousas en moitos eixos diferentes, pero falta que as políticas públicas acompañen este proceso” engade Ferrández. “Para min o informe pode ter a potencialidade de ser esa ferramenta que axude a que as intitucións públicas acompañen ese proceso porque ao final é un proceso que é de todas. Para que a Galiza máis diversa estea representada en igualdade de condicións”.

“Eu desde fóra da creación do informe, si que quero crer que vai ser unha ferramenta que vou poder usar cando me din que non hai referentes, cando hai concellos que queren facer iniciativas pero non saben nin por onde empezar ou para evitar certas situacións”, remata Sánchez.

“Non hai unha varita máxica, iso é imposible”, di Adán. “Pero este informe permite ir por partes vendo o que se precisa. Sobre todo ante a violencia, onde queda moito que facer en prevención e en acompañamento ás persoas que a sofre”.

Pódese descargar o estudo ao premer aquí.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Salud mental
Salud mental Familia y escuela son los principales factores de protección para la salud mental de adolescentes LGTBI+
Las personas con una orientación sexual divergente con la heterosexualidad muestran mayor grado de depresión e ideación suicida que las heterosexuales. Los vínculos son clave para mitigar los riesgos, según un estudio.
La mirada rosa
La mirada rosa Igual que en un escenario
Las entidades que convocan del Orgullo nos están obligando a representar una obra de teatro que disfrace de política un desfile de carrozas.
Análisis
Análisis Debemos actuar contra el fraude del cambio de sexo registral
Miembros de las Fuerzas Armadas, de la Guardia Civil o del Cuerpo de Bomberos han tratado de utilizar el derecho al cambio registral de sexo para obtener ventajas. Tanto los operadores jurídicos como la ciudadanía pueden actuar ante estos casos.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.