AGANTRO
Ermo: Da soberanía cultural á dependencia virtual

Non se trata de volver ao pasado, mais si de recuperar a vida por riba das apps dos móbiles.

Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro)

6 sep 2021 10:00

Media hora antes de morrer, meu bisavó Hilario Ribada preguntoulle á neta se os paxariños seguían cantando na chousa. Referíase a Lama Travesa, un monte que coñeceu inalterable desde a infancia ata que morreu con 98 anos en 1962. Beatriz tiña daquela 14 anos e respondeu: «si, claro». «Entonces non pasa nada, miña nena», dixo el. En 2018, Isabel Río, filla de Beatriz, en colaboración cunha moza da parte de Lemos chamada María Martínez, fixo unha aposta pola apicultura como medio de vida que a levou a certificar implacablemente todo canto Hilario afirmaba sobre as bondades da natureza.

A constatación non chegou da man das abellas, nin das especies vexetais, nin sequera do mel, senón de algo máis etéreo: a satisfacción humana de ver a terra producir. O que Isabel e María descubriron foi que os seres humanos queren comprender invariablemente o que lles pasa arredor para sentirse compracidos: a xenuína historia de pertencer a un lugar e coñecer os códigos culturais de quen o habita. Para elo precísase de toda unha vida. Carballo vello transplantado non bota raíces, dicía Hilario. A verdade é que toda a xente que o coñeceu aínda lembra a sabedoría das súas palabras. Con todo, as persoas hoxe teñen tantas dificultades para escoitar aos outros e aprender dos maiores, como facilidade para buscar certezas nas pantallas dos smartphones.

Consideremos, por poñer un caso, a pluralidade das comunidades locais na forma de manifestarse, de festexar, de organizarse, de poñer nomes particulares para identificar todo. Formas ligadas a prácticas e memorias de múltiples persoas que sorprendentemente están sendo atacadas con total impunidade polas redes dixitais. Aquilo que Shoshana Zuboff  (La era del capitalismo de vigilancia, 2020) define como capitalismo de vixilancia, un proxecto “voraz y absolutamente novedoso” que “reclama unilateralmente para si la experiencia humana”.

As persoas hoxe teñen tantas dificultades para escoitar aos outros e aprender dos maiores, como facilidade para buscar certezas nas pantallas dos smartphones

O big data confirma non só os límites que teñen as mentes calculadoras e obtusas xeradas pola tecnocracia, tamén amosa, da maneira máis simple, como eses límites favorecen a soberbia que soporta ao neoliberalismo. O compromiso co territorio e a diversidade cultural dilúense nas ‘sociedades informacionais’ —como as denomina Manuel Castells—, nas que prevalecen a egolatría da propia imaxe e a uniformidade globalista. Fai uns anos, Julia Varela recolleu testemuños de distintas xeracións que viviran nunha aldea da parroquia de Vilaúxe (Chantada), e que foron publicados no libro A Ulfe (gañador do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, 2003). Nun deles, a Camila cita unha frase do seu home: “Aínda vale máis a sombra do meu souto que todo Vigo”.

Esta mimese co entorno natural acabou cando a emigración foi masiva en busca dunha vida diferente nas áreas urbanas, con mais recursos e benestar, pero non exenta, iso si, de contradicións e novos modos de escravitude física e moral. Nunha ocasión, baixando dos lagos cara Saliencia (Asturias), un pastor chamado Ángel Alonso foi moi claro cando conversamos sobre este asunto: “nunca tan bien se vivió aquí como ahora, pero algo debe de haber en otros sitios que la xente marcha y nun vuelve”.

Nada descoñecido en todo isto. As discusións son afortunadamente recorrentes en ámbitos académicos e a propaganda institucional intenta enmascarar sistematicamente o dramático abandono do campo en numerosas áreas xeográficas. Se un pregunta polas terras do Asma, é fácil oír que “en poucos anos seremos un ermo”. A cuestión que se nos presenta aquí é o risco que supón para a convivencia a disolución definitiva das redes afectivas extensas e a consecuente ocupación por parte de máquinas, que enxalzan entre outras cousas marcas turísticas impersoais e alleas á realidade, imaxinadas na distancia para ofrecer a visitantes unha autenticidade que non existe. As poucas nenas e nenos que aínda quedan nas aldeas adoran onde viven, pero tamén soñan con ser ‘influencers’, viaxar a París e chegar a xogar no Real Madrid.

A cuestión que se nos presenta aquí é o risco que supón para a convivencia que a nosa rede afectiva sexa ocupada por máquinas 

A auntenticidade como culto na sociedade do noso tempo é reprobada polo filósofo Byung-Chul Han no seu último libro La desaparición de los rituales, 2020: “[…] La autenticidad resulta ser una adversaria de la comunidad. A causa de su constitución narcisista coarta la formación de la comunidad. Lo decisivo de su contenido no es su referencia a la comunidad o a otro orden superior, sino su valor de mercado, que anula todos los demás valores [...]”. Neste contexto ególatra de desintegración do espazo público en múltiples espazos privados, son moitas as persoas que asaltan celebracións tradicionais sen comprender o significado cultural do que están a ver. Executan agresións contra as cerimonias por obter unha foto que envían inmediatamente a través de teléfonos móbiles. Así, sen decatarnos, esta tecnoloxía modificou as nosas relacións cos demais, alterando incluso o comportamento social.

Tres feitos poden ilustrar estas afirmacións: a noite do sábado 24 de agosto de 2019 un home da Coruña, duns 40 anos, preguntoulle a un organizador do Folión de Carros (Chantada), en pleno desfile, se podía sacarlle unha foto «con la chica», en referencia a Cristina Álvarez, que nese momento estaba detida entre a multitude coa súa xugada de bois. A tarde do domingo 16 de febreiro de 2020 un fotógrafo de Pontevedra, tamén duns 40 anos, díxolle a un maragato do Entroido Ribeirao (Chantada) se «podes apartarte un momento», para retratar a unha volante. A tarde do 27 de febreiro de 2017 un mozo de Vigo, duns 30 anos, cometeu o agravio de quitarlle a capucha a un criado do Oso de Salcedo porque «cogió a la chica», cando ‘coller’ a alguén por parte dos criados é a actividade principal na performance desta festa.

Noutra parroquia do municipio de Chantada —próxima ao rio Miño—, a estrutura poboacional, o ciclo agrícola, a tipoloxía e materiais construtivos, as variantes lexicais da lingua, teñen mais riqueza etnográfica que calquera da zona. Non obstante, na visita a esta parroquia dun avaliador francés da UNESCO en outubro de 2020 con motivo da fracasada candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, a comitiva oficial só lle presentou unhas pinturas murais do século XVI, recuperadas recentemente na parede norte da igrexa parroquial despois de botar encaladas probablemente desde o século XVII. Os promotores da visita caeron no engano da autenticidade, como se non existise comunidade. A explicación iconográfica serviría tamén para centos de frescos renacentistas con escenas do xuízo final. Precisamente, isto acontece en Nogueira, onde o descenso demográfico é extraordinario: en 1940 había mais de 900 persoas, en 2000 eran 187, e no 2020 só quedan empadroadas 83, das que unha parte non residen alí continuamente.

Neste contexto ególatra de desintegración do espazo público en múltiples espazos privados, son moitas as persoas que asaltan celebracións tradicionais 

Os obxectos, como os lugares, imaxes e representacións teñen un significado especial para as comunidades que os crean e protexen. Adquiren relevancia, ou deixan de tela, por circunstancias que son complexas de coñecer. Así que resulta curioso como algúns actores sociais con intereses económicos e políticos aproveitan a fraqueza actual das estruturas comunitarias para destacar aquilo que máis beneficio lles reporta. Exaltan determinadas obras de arte como se verdadeiramente foran a mostra de toda unha cultura. O mercado global de interconexión dixital actúa como caixa de resonancia. Multiplica a artificialidade e a falacia. Os visitantes veñen ver o que lle venden na pantalla dos móbiles, para logo marcharexactamente igual que fan as andoriñas. Pero o certo é que o censo continúa minguando, as casas pechando e os saberes destes territorios desaparecendo.

Non se trata de volver ao pasado, nin tampouco de idealizar a civilización rural, esa é unha andrómena de malos pensadores. Trátase de recuperar a soberanía e o respecto. As persoas novamente como propietarias da cultura e do pensamento social. Posiblemente, non fagan falta nin ideas innovadoras, unicamente unha aplicación moderna dos valores democráticos. 

Contemplar con calma o que pasa arredor permite descubrir cousas marabillosas. Era a intuición do meu bisavó Hilario e foi o legado que nos deixaron quen comprendían o universo daquel xeito. Pero tiveron un erro de cálculo: non repararon en que a humanidade tería o atrevemento de deseñar unha ferramenta capaz de deformar a percepción da realidade.

Os nosos maiores, como o meu bisavó Hilario, fixeron un erro de cálculo ao deixarnos o seu legado: non repararon na aparición dunha  ferramenta capaz de deformar a percepción da realidade.

A gravidade da situación radica en que ademais traballamos gratuitamente para os mercaderes que desenvolven as apps, regalando datos a cambio de placebo e colaborando dunha ou outra forma con este negocio tan destrutivo e ruidoso no que derivou o capitalismo. Os enxeñeiros e psicólogos das grandes corporacións tecnolóxicas esqueceron as clases de ética para xustificar a trampa que tenderon aos vínculos que nos unen, converténdonos en estúpidos consumidores virtuais. Vítimas de descargas innecesarias e contas que se utilizan sen pudor. Aprovéitanse da necesidade que ten a existencia humana de expresarse e interpretar simbolicamente o mundo. Escribe Lluis Duch (Vida cotidiana y velocidad, 2019) palabras clarificadoras: […] resulta harto comprensible que este trabajo de interpretación-traducción en el que inevitablemente vivimos los seres humanos, a menudo, nos induce a la falsa y, con frecuencia, peligrosísima convicción de que la representación es ya la presencia, que los simbolizantes se identifican del todo con lo simbolizado [...]“ ”.

A pesar diso, podemos durmir tranquilos porque estes aparatos tremendamente eficaces, que están o servizo do poder e do lucro, nunca poderán substituír a capacidade comunicativa do corpo, nin tampouco observar os «paxariños da chousa». Escoitalos, sentilos, recoñecelos, cara a cara, axuda a vivir en paz. E a morrer con dignidade.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
AGANTRO
Agantro O número 262 dunha rúa no Porto
Nunha casa do Porto estudantes de todo o mundo entrelazan culturas e lembranzas, deixando nas súas paredes un rastro de convivencia e cambio continuo.
AGANTRO
México O mundo en chamas
Escribo dende México sobre a violencia no país e no mundo, pois alén da invención da «narcocultura», compre reflexionarmos sobre o violentamento global do imaxinario, a sociedade e a política.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.
Asturias
Asturias El Parlamento asturiano reclama que las corridas de toros se consideren maltrato animal
PSOE e IU aprueban una PNL de la diputada Covadonga Tomé (Somos Asturies) instando al Gobierno de España a modificar las leyes que excluyen a las corridas de toros de esta categoría.

Últimas

Mallorca
Investigación Cadáveres, ratas y suciedad extrema en una granja avícola que abastece a Mercadona, Eroski y Alcampo
Grupos activistas han denunciado a la explotación avícola de Llucmajor (Mallorca) ante la Fiscalía por delitos de abandono de animales, estafa y contra la salud pública. La granja cuenta con el sello de bienestar animal Welfair.
Laboral
Laboral “Se buscan figurantes para una película a cambio de la merienda”
El sindicato CGT denuncia ante Inspección de Trabajo a una productora cinematográfica por ofrecer trabajo de figurante en la película ‘Corredora’ a cambio de una merienda.
Más noticias
Opinión
Opinión Prohibir no es liberar: una reflexión feminista sobre el uso del hiyab
La idea de que prohibir el hiyab nos abrirá la puerta a una vida más libre no solo parte de un prejuicio, sino que se convierte en otra forma de imposición. Y ninguna liberación real puede construirse desde la fuerza o la exclusión.
Granada
Represión La policía desaloja el centro social La Madriguera en Granada
El dispositivo policial ha echado a decenas de activistas del edificio, el pasado enero la empresa AMA Desokupa intentó cerrar el centro social con el apoyo policial en una operación que se saldó con cuatro personas heridas y una persona detenida
Euskera
Lourdes Oñederra “La comprensión tiene valor por sí misma, no es un mero paso intermedio”
Lourdes Oñederra destaca la comprensión lingüística como clave para abrir oportunidades y beneficios que merecen atención y cultivo.

Recomendadas

Pensamiento
Paulo Tavares “La imaginación es el primer acto político”
El arquitecto e investigador brasileño Paulo Tavares cuestiona las ideas fundacionales del pensamiento, el diseño y la ciudad occidentales en el marco de la crisis ecosocial.