Agricultura
A sabedoría das poboacións orixinarias da Amazonía ao rescate da Europa do monocultivo

A agricultura sintrópica permite a recuperación, nun curto período, de terreos abandonados ou solos que sufriran degradación polo monocultivo dunha especie, transformándoos en sistemas altamente produtivos e diversos que rexeneran ecosistemas.
19 ene 2021 11:00

A agricultura sintrópica, ou agroforesta de sucesión é, primeiro de todo, unha mudanza na nosa visión, un cambio de paradigma no relacionado coa agricultura e coa relación entre humananidade e natureza, que recolle os saberes das poboacións orixinarias da Amazonía, concretamente do Brasil, por parte dun suízo chamado Ernest Göstch, residente no sur de Bahía dende inicios dos anos 80. Conta cunha rede de alumnado que vai aplicando os coñecementos adquiridos e experimentados en distintas partes do mundo.

Segundo eles comentan, a chamada agricultura convencional está baseada na competición en lugar de na cooperación, iso fai que na maioría dos casos, as prácticas da agricultura convencional —aínda aplicando técnicas ecolóxicas— teña como resultado a degradación do chan e sexan necesarios períodos de barbeito para rexenerar o mesmo. Pensemos nas leiras que acostumamos traballar: onde van os regos de tomates, non van leitugas ou cebolas, e moito menos árbores frutais, cada especie ten o seu tempo e espazo. É dicir, facemos procesos especializados para ter maior cantidade e mellor rendemento dun produto agrícola x, porque pensamos que as especies compiten entre elas. Por iso, traballamos moito cunha lóxica de monocultivo. Non pensemos só nas grandes empresas de eucaliptos ou soia, tamén acontece nas nosas propias hortas como acabo de sinalar.

A floresta é un sistema de abundancia mentres a agricultura tradicional é un sistema de xestión da escaseza

Pola contra, a agricultura sintrópica tenta replicar a complexidade das relacións que se dan na natureza, entre as distintas plantas e seres vivos dun ecosistema. É dicir, en lugar de crear procesos especializados onde prima o monocultivo, ben sexa de eucaliptos, millo ou cebolas, a visión sintrópica propón reproducir as dinámicas que se dan nas forestas de xeito natural. Nese senso, procura a interacción dos elementos naturais de xeito diverso e, por riba de todo, presta moita más atención ao que non se ve, o chan, que a agricultura tradicional, “todo o que a xente ve na superficie, acontece embaixo do solo. Existen conexións complexas entre minerais, fungos, bacterías, nitróxeno, carbono, que producen as condicións de abundancia no chan que vemos nos sistemas de agrofloresta amazónicos”, acostuma dicir o Ernest. A foresta é un sistema de abundancia mentres a agricultura tradicional é un sistema de xestión da escaseza.

Deste xeito, se tes unha horta convencional, vas xestionar a mesma de xeito que retiras as chamadas malas herbas, ou vas a loitar contra as pragas, incluso con pesticidas no peor dos casos. Pois ben, na agricultura sintrópica as pragas son optimizadores do ambiente, ao igual que as queimas ou outros procesos que consideramos negativos na visión tradicional. En definitiva, se somos quen de comprender os procesos naturais que xeran vida, poderemos optimizalos cunha xestión acaída dos mesmos. Neste senso, é moi importante tamén a observación do terreo e do que alí acontece. Polo tanto, convén non inverter nunca as camadas do chan, como acostuma a ocorrer cando empregamos maquinaria pesada. É dicir, podemos estruturar e xestionar o solo de modo biolóxico, de maneira que permita sacar maior rendemento e conservar os nutrentes sen desgastalo pola nosa intervención.

Se somos quen de comprender os procesos naturais que xeran vida, poderemos optimizalos cunha xestión acaida dos mesmos

Como diciamos, a observación tamén e importante no tocante a auga, a luz e para comprender a función fisiolóxica de cada planta no noso entorno. En función das condicións que teña e da calidade e características do solo no que imos traballar, non é o mesmo que teña moito granito a que teña moita area ou lousa, por exemplo.

Os ecosistemas e o ambiente son dinámicos e, aínda que o sabemos, na agricultura convencional pensámolos como estáticos. Tamén son organismos vivos rexidos polo principio de cooperación para xerar vida. Incluso os depredadores colaboran e non compiten, como moitas veces se nos di na chamada interpretación da cadea trófica. Cada vez temos máis casos documentados do efecto da cascada trófica.

Deste xeito, nunha visión sintrópica da agricultura non fai falla combater as chamadas especies invasoras ou exóticas, elas vanse retirar cando xa non sexan precisas. E si, estoume a referir ao eucalipto. Temos que saber que nos últimos séculos a vella Europa perdeu mais da metade do seu terreo forestal e o chan soamente conserva un 8% da fertilidade que tiña no seu momento. Lembremos que as plantas collen auga por medio dun proceso de osmose, que depende da sal e dos minerais do chan, por iso hai especies máis acaidas para cando o chan está desgastado ou ten pedra. Este é o caso do eucalipto ou a acacia que nunha visión tradicional son consideradas especies invasivas ou colonizadoras, cando en realidade “a única especie colonizadora ou invasiva somos nós, a humanidade”, acostuma a dicir o Ernest Göstch.

Polo tanto o importante é comprender a función fisiolóxica de cada planta e as dinámicas de sucesión e estratificación. Estas dependen da cantidade e calidade da vida consolidada nun terreo e das características do mesmo no tocante ao solo, pero tamén da dispoñibilidade de agua, de luz, de minerais, fungos e bacterias. As dinámicas de sucesión son entendidas como aqueles procesos complexos naturais que xeran vida, e canto maior diversidade, máis riqueza no solo. Mentres que a estratificación se refire á necesidade de luz que cada planta ten, polo que acostuma a ser deseñada pola nosa intervención. Deste xeito existen plantas emerxentes: aquelas que medran máis rápido e que precisan de mais luz no momento inicial, para poder dar lugar a condicións de crecemento para outras especies que abrollarán nun momento posterior.

É fundamental comprender a función fisiolóxica de cada planta no noso entorno, en función das condicións que teña e da calidade e características do solo no que imos traballar

Por poñer un exemplo, todos os sistemas agrícolas teñen diversas fases que se repiten en cada un deles, así existen sistemas colonizadores, sistemas de acumulación e sistemas de abundancia. Estes sistemas equivalen aos ciclos de crecemento das diferentes especies vexetais, existindo unha placenta para o momento inicial da nosa intervención, unhas especies secundarias para acadar a acumulación e, finalmente, o climax para chegar a un momento de abundancia. Convén aclarar que hai especies que serven para varios momentos, son as plantas transicionais como a oliveira, por exemplo. En definitiva a sucesión e estratificación son fundamentais ao deseñar a nosa intervención no terreo para organizar a densidade vexetal no tempo e no espazo. Isto permitirá xerar as condicións para consolidar un sistema de abundancia, en lugar da escaseza propia dos sistemas de agricultura tradicional baseados no monocultivo e na especialización.

Para concluír, a agro-floresta de sucesión ou agricultura sintrópica recupera os saberes populares da Amazonía na xestión do territorio e dos recursos, de maneira que poidan ser unha ferramenta para recuperar e rexenerar os nosos ecosistemas tanto na cidade como no rural.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Granada
Opinión ¿Y si lo eficaz frente a la desertificación fuera el riego a manta?
Ante la desertificación, reivindicamos los sistemas de regadío tradicional en contraste con los efectos perjudiciales de una agricultura intensiva que la acelera. El Documental “Vegas y Vida” se estrena con una presentación on-line el 2 de julio
Opinión
Opinión Derecho humano a la tierra: por las que estamos y las que nos han llevado
En todo el mundo las mujeres tenemos menos acceso a la tierra que los hombres. Para las mujeres el derecho a la tierra es una cuestión de justicia social.
Comunidad de Madrid
Huertopías Ecourbanismo o cómo combatir la crisis climática en las ciudades y desde lo comunitario
En los últimos años han ido floreciendo, en su mayoría desde organizaciones de base anticapitalista, numerosos proyectos sociales basados en la agricultura urbana. Todos ellos ofrecen alternativas sostenibles y cooperativas frente al sistema actual.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.