Antimilitarismo
Rompanfilas, así renace un colectivo antimilitarista

O colectivo acaba de arrincar a súa andaina en Compostela e comeza o seu activismo antibelicista cunha charla sobre desobediencia civil da man de Joam Evans.
Rompanfilas1
Asistentes á charla de Joam Evans, Desobediencia civil e alternativas á militarización. FOTO: Rompanfilas.
28 nov 2023 06:00

Anoitece a través das xanelas da Casa do Taberneiro, en Compostela. No segundo piso deste lugar de xuntanza, no barrio de San Pedro, hai sentadas varias persoas de diferentes idades. Aproveitan este tempo de silencio para deixar que os seus ollos bailen polas pandeiretas ilustradas que cobren os muros da sala. Trátase dunha exposición de 12 artistas galegas que, mentres esperan, lles serven de compañía. Como banda sonora, Silvio Rodríguez cántalle ao tempo (ou pode que ao amor): Hoy recuerdo mariposas que ayer sólo fueron humo, mariposas, mariposas, que emergieron de lo oscuro.

As persoas que están sentadas nesta sala están aquí porque queren saber se a resistencia pacífica funciona. Estamos nunha charla organizada polo colectivo Rompanfilas, na que Joam Evans vai falar de desobediencia civil e alternativas á militarización.

Quen son Rompanfilas?

Rompanfilas é un colectivo que naceu como resposta “a argumentación que se disparou desde o inicio da guerra na Ucraína de que o envío de armamento é a mellor maneira de conseguir manter a paz”, explican nas súas redes sociais. Duarte Crestar é un dos seus membros: “Aínda que se puxo andar agora, Rompanfilas recupera outro colectivo do mesmo nome que nacera a finais dos 80 principios dos 90 e que recollía o movemento da insubmisión. Persoas antimilitaristas e obxectoras de conciencia.” “Si”, engade Bruno Vilela, compañeiro de Crestar no colectivo. “De feito, moitas das persoas que formaban parte dese primeiro grupo están agora neste tamén”.

“Queremos dar un discurso alternativo ante a aceptación e a nula resistencia por parte da sociedade ao discurso belicista actual”, di Bruno Vilela

Vilela conta que o nacemento deste colectivo reciclado responde “á escalada bélica que se produciu nestes últimos anos”. “Queremos dar un discurso alternativo ante a aceptación e a nula resistencia por parte da sociedade ao discurso belicista actual”, di Vilela. “Tamén estamos en contra desa a asunción de que hai que investir en armamento e que a resolución dos conflitos ten que ser a través dos exércitos e da vía armada”.

O evento de hoxe é só un dos moitos que queren organizar desde o colectivo para educar á poboación e facerlle ver que hai outras realidades fóra “dese discurso dominante”. “Que gañe peso a nivel social o pensamento que cuestione a vía militar”, remata Vilela.

Desobediencia civil “para parar as guerras”

A de Joam Evans é unha charla que, espera, sexa a primeira de moitas. “Joam vén de aquí ao lado, de Lousame e, entre outras cousas, imparte un mestrado sobre Paz, Mediación e Conflitos na Universidade finlandesa Åbo Akademi”, explica Andrea, outra membro do colectivo Rompanfilas. Joam, ao seu lado, sorrí. Non senta na cadeira asignada para a charla, di que prefire quedar de pé.

“O obxectivo que nos propuxemos para hoxe é o de discutir alternativas á defensa militar desde as opcións que ofrece a desobedicencia civil”, di Evans pouco despois de comezar falar. “E tamén falar de que a escolla desta desobediencia non ten que ver coa idea tradicional de que é algo máis ético ou moralmente superior, senón que parte da base de que nas últimas décadas esta desobediencia non violenta tivo un carácter pragmático”.

“Son moitos os exemplos deste tipo de resistencia non armada ao longo da historia que funcionaron.”, conta Joan Evans.

Este pragmatismo ten sentido tendo en conta que, segundo as fontes que amosa o propio Evans, a desobediencia civil non violenta tivo máis éxito —no século XX— que a loita armada. “Podo contarvos, por exemplo, cando se freou o intento do golpe de estado do xeneral Kapp na Alemaña de 1920 a través dunha greve xeral que paralizou o país. O tamén podo falarvos do libro Why civil resistance works (Por que funciona a resistencia civil) de Erica Chenoweth e Maria Stephan, que demostra que, nas últimas décadas, a resistencia pacífica tivo maiores efectos, e máis duradeiros, que a armada”, conta Evans. “Son moitos os exemplos deste tipo de resistencia non armada ao longo da historia que funcionaron. Tamén en casos nos que permitiu evitar invasións e, incluso, dentro de reximes totalitarios”.

Pero, por que non sabemos máis desta resistencia non violenta? Para este activista e profesor, a chave está en que aos estados non lles interesa que o pobo saiba o poder que realmente ten nas súas mans sen necesidade de coller unha pistola ou un fusil. “Hai moi poucos libros sobre este tema, a maioría publicados entre os 70 e os 90, e moi poucos estados que incluíran a resistencia pacífica entre as súas estratexias. Lituania é o único país que eu coñezo, por exemplo, que dentro da súa Academia ten un centro de estudos sobre loitas non violentas“, conta Evans. ”Isto é porque é máis perigoso para o status quo que unha sociedade na súa totalidade estea equipada cos métodos de loita non violenta, porque non precisaría armas para enfrontarse aos agresores, xa sexan externos ou internos, como empresas ou mesmo un goberno que poida ser percibido como ilexítimo“.

A charla remata cunha promesa, Joan Evans fará un obradoiro das principais formas de desobediencia civil para toda persoa interesada en coñecelas. Belén Piñeiro, unha muller vinculada á Nova Escola Galega e a Educadoras pola Paz“ ve moi necesaria unha segunda parte. “Eu vin á charla un pouco polo meu compromiso e activismo social e porque tiña ganas de escoitar falar a Joam Evans en directo. Pero agora quedo con ganas de afondar aínda máis”.

As asistentes érguense das cadeiras, miran unha última vez cara as pandeiretas que acompañaron o evento de hoxe e marchan camiño dunha nova manifestación en contra do xenocidio palestino. Queda aínda moito por facer para rematar coa violencia no mundo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Antimilitarismo
Rearme El gasto militar mundial se dispara
El gasto militar en el planeta aumentó en 2024 un 9,4% respecto a 2023, lo que supone el mayor incremento interanual desde la Guerra Fría.
Antimilitarismo
Rearme No más paz fría: desmilitarización contra el rearme
El Gasto Militar español en 2025, contadas las partidas declaradas, las maquilladas y las ocultas asciende (hoy) a 60.023 millones de euros
Opinión socias
Opinión socias No hay guerra justa (ni rearme que lo aguante)
¿Es el rearme la solución definitiva a las tensiones y conflictos bélicos actuales? ¿Desde un sentido crítico, debemos aceptar que incrementar el gasto en defensa va a hacer más seguro el mundo?
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.

Últimas

Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal
Madrid
Madrid El grito de ‘Altri Non!’ llega al Congreso de los Diputados
La Plataforma Ulloa Viva y organizaciones ecologistas exigen directamente al Gobierno español que rechace subvencionar el proyecto de la macrofábrica de celulosa y que respete la voluntad del pueblo gallego.
Sanidad
GENOCIDIO EN GAZA 200 trabajadoras del Hospital de Cruces piden vetar los fármacos de Teva Pharm
Las profesionales sanitarias registraron el pasado 2 de mayo una petición ante la Dirección de Osakidetza para exigir la retirada inmediata de todos los productos de la farmacéutica israelí.
Libertad de expresión
Libertad de expresión La Justicia da la razón al humorista Héctor de Miguel, Quequé, frente a la denuncia de Abogados Cristianos
La Audiencia Provincial de Madrid estima el recurso de apelación presentado por Héctor de Miguel, imputado por unas declaraciones tras una denuncia de Abogados Cristianos.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.