Arte
‘Tu Madre Es Puta’: Prière de Offenser!

A provocación é unha arte perigosa de dominar. Tendemos a entender hoxe que en boa medida a provocación é a incitación a unha resposta belixerante a través da ofensa, aínda que o abano de posibilidades de espertar a ira de alguén é case infinito.

28 jul 2018 20:37

A sociedade oféndese por motivos diversos normalmente vencellados á tradición dominante e a relixión, mais hogano os nichos para resultar ofensivo son maiores. Un mestre da provocación (mais non da ofensa) foi Marcel Duchamp, nado un 28 de xullo coma hoxe, hai 131 anos. Nunca casou con ningunha corrente ou estilo en particular e traballou sempre por dar impulso a unha nova concepción da arte afastada do elitismo máis exasperante. Duchamp foi quen de delegar o peso do proceso artístico no espectador, que decodificaba a beleza da obra na súa percepción persoal. Foi a democratización e a subxectivización máis descarada do que é a arte do século XX. A arte pasou a pertencer ó espectador, ó pobo.

Provocar para facer pensar

Nos salóns neoiorquinos e parisienses o estupor chegou cunha labazada de sorpresa e mesmo desacougo en 1917. Ollar aquela ‘Fonte’, un urinario xirado en ángulo recto coa firma R.Mutt, foi un dos actos de rebeldía, orixinalidade e provocación máis rememorados e transcendentais da historia da arte contemporánea. Duchamp foi un dos mestres da provocación, esa arte tan complexa de dominar.

Falamos de cuspirlle intelectualmente ao público, de espertar cóxegas de malestar e de rachar barreiras éticas autoimpostas no plano da divagación. O coqueteo do humor co estupor baila ao son dunha ironía que pende do fío máis miúdo de todos: a esaxeración aberrante. Sabemos e entendemos o sentido grazas ao sen sentido, apreciamos a xenialidade artística no humor negro máis grotesco e esquecido porque nos afacemos ás regras do xogo da provocación. Un concerto de Tu Madre Es Puta ben funciona como un exercicio de catarse ideolóxica. É rañar nun gran que proe, deses que canto máis rañas, máis pica e doe.

Incorreción pola tolerancia

Cruzar o limiar da sala de concertos é aventurarse alén dos límites da liberdade de expresión, e precisamente nese exercicio de ruptura reside unha das maiores reivindicacións que se teñen feito polo dereito á liberdade de expresión en moito tempo. Podemos achegarnos a unha visión crítica da corrección política en ton satírico escuro e extremo. Ben sei que falar da corrección política, ou mellor dito, da incorrección política, vén asociado a día de hoxe a unha posición ideolóxica de dereitas pouco transixente coas reivindicacións dos novos movementos sociais.

Marcel Duchamp_3

Pero neste caso é máis que pertinente abordar esa incorrección como o claro exemplo das deficiencias e inconsistencias de moitos discursos a prol da liberdade de expresión. As súas letras molestan, perturban, ofenden e mesmo queiman. Mais xa o avisan eles mesmos: non son un grupo, son unha casa ardendo. Non veñen a normalizar o lado máis sucio da nosa sociedade, senón a poñer enriba da mesa as problemáticas que seguen sen resolverse. Falar da intolerancia dende a parodia máis noxenta.

Prégase ofender!

O grupo vive das constantes contradicións que xorden na súa propia historia. Vive construído da incorrección política máis ampla e diversa que incomoda a todos os públicos posibles. O xogo antitético que xeran as súas letras vomitivas e inmorais van dende a repulsión á fascinación. A mellor comparación que se me pode ocorrer é o Prière de Toucher! de Duchamp (1947), unha invitación ó prohibido e indecoroso en forma de catálogo. De igual xeito que Duchamp nos roga que palpemos o peito de látex pegado á contracapa do catálogo, Tu Madre Es Puta regurxita os tropezóns do pensamento reprimido polo aceptable socialmente e convídanos a ollar como o fan. Invítannos a desfrutar vendo o abxecto e execrable, o que sabemos que está mal ver e dicir porque o facer está mal.
Marcel Duchamp

E aínda así, cunha culpabilidade consciente que vai murchando coa inmersión neste universo de decrepitude e sucidade moral, atopámonos a nós mesmos rindo, cantaruxando e partillando o noso pecado. E iso non é desfrutar? Non é a superación do marco do que ben e do mal na praxe da expresión? Non é este acto de rebeldía un claro exemplo de afastamento entre o ser/estar mal e o facer mal? Cómpre levar a cabo un exercicio de sinceridade e recoñecer que o humor vive en gran parte da ofensa, o ataque e da incomodidade. Aquí temos o exemplo máis extremo.

Vaiamos máis aló e reparemos na convivencia cuántica do Eros e o Tánatos no Prière de Toucher e Tu Madre Es Puta. No primeiro invítasenos a desfrutar do tacto erótico dun seno suave e firme, que no plano máis real e evidente é un anaco de carne mutilado. É desmembramento, é morte. É Tánatos. Horror! Espanto! Ulo erotismo? Acouguen, que Eros segue aí, latexando en nós, inconsciente e presente. Primitivo e indiferente, resiste na lembranza do noso instinto primario de pensar con simplicidade: é un peito, un obxecto de excitación. O mesmo acontece con Tu Madre Es Puta.

Aborto musical ou xenialidade?

Tu Madre Es Puta nada nesa antítese, nesa contradición que quere ser condena e reivindicación simultaneamente. Búrlanse do fascismo nunha parodia vergoñosa de estética sucia e despreciable. Mais tamén atacan ós movementos pola igualdade puxando do humor máis casposo e recalcitrante que xestou a sociedade ó longo dos anos.

As letras son metacancións que recoñecen a propia misoxinia ou a pedofilia inherente a este grupo. A aparencia dark, extremadamente sucia e perturbadora, acompaña e reforza un recheo estético que agocha en moitos casos a paranoia e o absurdo que aturden á cantante Mónica Flema. É o froito en descomposición dunha infancia marcada polos abusos sexuais, a frustración e a depresión provocadas pola figura paterna dunha personaxe que segue arrastrando a pesada bagaxe dun pasado escuro e obsceno.

A análise que pode facerse das cancións e os directos (performances moi recomendables ateigadas de tampóns, auga cuspida, talco e fascismo creepy) ten varios niveis. Podemos horrorizarnos coa superficie dun aborto musical, desfrutar dun humor negro sádico acompañado de catro acordes ou apreciar o arriscado e esmerado labor que subxace a un proxecto que agocha no fondo unha intencionalidade crítica co clima de opinión.

Tu Madre Es Puta é unha casa ardendo. Adiante, horrorícense. Entren e escoiten o crepitar das lapas que devoran os límites dunha sociedade enferma e reprimida. É o lume da catarse ideolóxica máis sucia que xamais poderán sentir.

Arquivado en: Música Arte
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Archivo de gestos: lo mínimo como resistencia
Archivar no es solo conservar, es también decidir qué queda fuera. Todo archivo es una forma de poder, pero también puede ser —cuando se invierte desde los márgenes— una forma de desobediencia.
En el margen
En el margen “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.
Alberto Lareo
31/7/2018 2:30

Gran artigo para gran grupo! Noraboa Gabri😉

2
0
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.