Arte
O sendeiro de Blanchard Moussayou

Nzinga Mbande, Patrice Lumumba, Steve Biko e Thomas Sankara “volven á vida” a través das mans de Blanchard Moussayou (Luanda, 1984).

Blanchard Moussayou.
Blanchard Moussayou. Jorge Garnelo
17 abr 2018 12:30

‘Light of the path’ (luz do sendeiro) é o título do proxecto artístico co que este técnico superior de patronaxe industrial, veciño de Astrabudua (Bilbo), pretende contar “historias de persoas” a través dunha peza de roupa.

“Poder vestir cousas con significado, esa é a base do proxecto. Comecei probando certos cortes simplemente por curiosidade”, coméntanos Blanchard Moussayou nunha cafetería da Coruña, cidade na que reside actualmente. O “artefacto” artístico polo que vimos a entrevistarnos con el, non é sinxelo de explicar por escrito: hai que velo, achegarse e palpalo. Cada unha das pezas representa unha figura fundamental da historia da humanidade, tristemente esquecida. Neste caso trátase de catro mártires africanos. Blanchar deseñou, cortou e montou unha peza de roupa, neste caso un suadoiro, buscando representar a mensaxe que cada unha destas figuras históricas lle transmitía. Despois buscou “a colaboración dun amigo que ilustrase o mártir portando esa mesma roupa. Esa ilustración estampeina nun suadoiro básico e imprimín nas costas unha das citas deses mártires. É coma se os estivese traendo á vida e dándolles outra vez voz”, segundo as súas palabras.

Se facemos un breve repaso sobre as figuras que protagonizan esta obra entendemos o porqué do título. “Con luz do sendeiro pretendín homenaxear a todos os que estiveron antes e nos puxeron as cousas máis fáciles abríndonos o camiño”, explícanos. “Moita xente ten referentes do mundo do deporte ou do mundo da música: para min, estes mártires son os meus referentes”.

Os mártires

Nzinga Mbande (1583-1663) foi raíña de Ndongo e Matamba e o seu título, Ngola (rei ou raíña en kimbundu), foi a base sobre a que os portugueses bautizaron a colonia: Angola. Esta grande estratega e combatente venceu aos portugueses na batalla de Mbaka. Patrice Lumumba (1925-1961), líder anticolonial e nacionalista, foi Primeiro ministro da República Democrática do Congo tras conseguir a independencia. É asasinado tras un golpe de Estado dez semanas despois. Steve Biko (1946-1977), líder surafricano antiapartheid, foi o fundador das primeiras organizacións da consciencia negra. Foi asasinado pola policía tras ser detido. Thomas Sankara (1949-1987), capitán militar, comunista, teórico panafricanista, foi presidente de Burkina Faso. Estimulou os dereitos das mulleres, entre outras cousas prohibiu a mutilación feminina, os matrimonios forzosos e a poligamia. Despois dun golpe de Estado foi asasinado.

Para entender na totalidade a obra da que estamos a falar, aparecemos na casa de Blanchard Moussayou unha tarde de sábado. Entre o salón e a cociña ten montado un pequeno taller. Mentres falamos vainos amosando as distintas creacións. “Tento buscar a sobriedade, xogar con diferentes tecidos mantendo a cor”, explica.

Mbande
O suadoiro deseñado para Mbande ten unha coroa no centro. En kimbundu ngola significa tanto rei como raiña. Jorge Garnelo
Para o suadoiro de Nzinga Mbande, Blanchard escolle a cor negra. No peito percíbese unha coroa. “Quixen transmitir que dentro dun rei hai unha raíña e viceversa, por iso se titula Ngola que conten ambos os significados”. O negro domina tamén o Black Angel (anxo negro), peza de roupa para Patrice Lumumba, na fronte do suadoiro podemos ler: o anxo negro tamén pode voar. “O colono pensa que o indíxena non ten a capacidade de gobernarse a si mesmo, Lumumba deulle as ás ao pobo para voar cara á emancipación”, comenta Blanchard. Por outra banda pretende xogar co simbolismo da cor negra fronte á branca no caso dos anxos, mais como el mesmo di “se tes ás, podes voar”. Na parte de atrás desta roupa aparecen unhas ás negras en polipel. “No suadoiro de Steve Bico fixen cortes para amosar unha especie de raios de luz que saen da parte esquerda do corpo, onde está o corazón, cara ao resto”. Escintileo do corazón é o título que ten esta peza porque “para facer algo polos demais primeiro hai que quererse a un mesmo”, continúa. O último mártir, Thomas Sankara, ten a cor branca no suadoiro. Soldado da vida que loita contra as inxustizas mais non contra as persoas. Por iso, a pesar de ser un militar, Blanchard decide non vestilo coas cores do exército senón co branco da paz.

Ademais destes suadoiros, Blanchard ensínanos as básicas nas que, na fronte, aparecen ilustrados os personaxes vestidos por el e detrás, unha cita que exemplifica parte do seu pensamento. Quedamos coa parte central da cita de Sankara: “Non falamos da emancipación da muller como un acto de caridade ou por compaixón humana, é unha necesidade básica para o triunfo da revolución”. Uns días antes Blanchard Moussayou comentabanos que “quería amosarlle á xente que tipo de figuras existiran en África e a importancia da loita dos mártires negros para o avance da humanidade”. Porque a historia de África tamén é parte da nosa historia.

Arquivado en: Angola Arte
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.
Libertad de expresión
Arte y política La censura sobre Gaza fue una de las principales amenazas a la libertad de expresión artística en 2024
El informe anual de la organización Freemuse sobre el estado de la libertad de expresión artística en 2024 alerta del incremento de la censura y la persecución en un contexto de guerra e inestabilidad.
eratsu
24/4/2018 20:14

Blanchard el rey de astrabu BIZKAIA

1
0
#14036
18/4/2018 9:49

Alguma forma de comprar algum desses suéters? Uma ligação na rede ou um endereço?

2
0
#14189
18/4/2018 23:21

Escribe en el Facebook, Blessing My Soul. Gracias

0
0
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.