Asociación de Víctimas del Terrorismo
Asociacións de vítimas do terrorismo, o cabalo de Troia da represión

As asociacións de vítimas do terrorismo poden estar realizando unha cacería de bruxas financiada con fondos públicos e privados.

AVT_2
Día das víctimas do terrorismo no Congreso (fotografía da AVT)

Nos últimos anos comprobamos como foi calando lenta pero persistente a asociación do terrorismo a niveis de subversión cada vez máis baixos, domando paulatinamente o movemento obreiro. Un escrache a Felipe González na Universidade Autónoma de Madrid, a queima de dous caixeiros automáticos, un chío fóra de ton ou unha obra con monicreques por entroido abondan para facer saltar todas as alarmas e esixir a inmediata intervención da Inquisición que debe eliminar a estas persoas da sociedade, que, polo visto, son o motivo de todos os males sociais e a maior ameaza para a convivencia: atoparse con algún destes individuos pola rúa é o maior temor que pode presentar calquera traballador despois de facerse as súas dúas horas extra non pagas diarias para poder conservar o posto. Que dicir dos enfrontamentos coa policía nun desafiuzamento ou nunha manifestación, ou dunha liorta nun bar a altas horas da madrugada.

O corpo da Garda Civil encargouse de realizar extensas procuras de comentarios de usuarios de Twitter, casualmente todos de esquerda, no que coñecemos como as Operacións Araña, que acabarían declarando na Audiencia Nacional e na maioría de casos sendo sentenciados ás correspondentes penas, xeralmente por debaixo dos dous anos. Desde logo, as institucións do Estado implicáronse nesta cacería de bruxas que axexa a todo o que se mova, pero non foron as únicas que fixeron presión, ou polo menos non dunha forma directa.

Unha serie de asociacións financiadas tanto de forma pública como privada, da man de grandes corporacións, traballaron a prol dos seus intereses neste labor insistente de levar sistematicamente a esquerda ás dependencias da Audiencia Nacional. Trátase de asociacións de vítimas do terrorismo que sempre esquecen o cal vivo, o sangue nas comisarías, as cunetas.

Ben, non sempre, non as esqueceron cando nunha manifestación da AVT de 2007 berraban “Zapatero, vete con tu abuelo”, en 2013 noutra protesta tamén tiñan o aguiacho bastante presente nas bandeiras que portaban os manifestantes, así como tamén tiña presente e gardaba en bo recordo a Blas Piñar a delegada de Cádiz da AVT entre gabanzas publicadas no Twitter de "Arriba España, grande y una". Pero que se lle vai facer, traballo abondo ten a Garda Civil perseguindo comunistas como para perder o tempo con estas minucias.

Para facernos unha idea da presión que exercen estas asociacións basta un breve percorrido das accións que emprenden.

A Asociación de Vítimas do Terrorismo

A AVT actuou no plano musical contra diversos grupos de música, entre os que destacan as querelas contra Soziedad Alkoholika en 2007, contra Su Ta Gar, Piperrak e Lendakaris Muertos en 2009, contra Los Chikos del Maíz en 2010 (por mor daquel "ignominioso" concerto que tería lugar en Sevilla) e pediulle a Podemos en 2016 anular o concerto de fin de campaña do mesmo grupo, Los Chikos del Maíz. A AVT tamén protagonizou o caso dos monicrequeiros, querelándose contra Manuela Carmena, Celia Mayer e Ramón Ferrer Prada (unha querela que acabaría arquivada) e presentando outra querela contra os propios monicrequeiros, ao igual que fixo a Asociación Dignidad y Justicia. Estas querelas si serían admitidas polo maxistrado Ismael Moreno. Ademais, cando os actores Alberto San Juan e Gloria Muñoz repetiron a obra dos monicrequeiros para amosar o disparatado do proceso xudicial que se estaba levando a cabo, a AVT solicitoulle a Ismael Moreno que os actores declarasen na Audiencia Nacional polo presunto delito de enaltecemento do terrorismo.

A AVT tamén presentou recusacións para que o xuíz Baltasar Garzón fose apartado das causas en que investigaba en 2008 a Batasuna e a Askatasuna, e acusouno de "interese directo", o mesmo xuíz que asociaría o “«que se vaian”» ó á "contorna de ETA" por primeira vez nunha sentenza. Máis recentemente a AVT presentou recusacións contra o xuíz De Prada co gallo de apartalo de dous xuízos contra a contorna de ETA por ter manifestado nunha conferencia que en España se torturaran membros da banda terrorista. Ambas as recusacións foron rexeitadas pola Audiencia Nacional. Así mesmo, a AVT tamén pediu o reingreso en prisión para Arantza Zulueta tras quedar libre por unha sentenza segundo a cal esta avogada sería parte da "fronte xurídica de ETA" polo seu papel a prol do proceso de paz no Colectivo de Presos Políticos Vascos.

Dignidad y Justicia

En 2007 a Asociación Dignidad y Justicia, xunto coa AVT, solicitou 94 anos de prisión para os directivos do xornal Egunkaria, e acusounos de pertenceren a ETA. A sala criticaría o "artificioso" das súas hipóteses e finalmente acabarían absoltos. Ese mesmo ano DyJ pediría 2 anos de cárcere para Juan José Ibarretxe e Patxi López por teren mantido conversas con membros de Batasuna. Daniel Portero, que preside a asociación, fora obxecto de polémica en 2006 tras abrir unha botella de sidra para celebrar o suicidio en prisión do membro de ETA Angulo Iturralde nas inmediacións do pavillón na Casa de Campo en que se celebraba un xuízo contra supostos integrantes da contorna de ETA.

Recentemente, entre os casos máis mediáticos en que se involucrou DyJ atopamos a querela imposta contra Facu Díaz polo sketch de La Tuerka News (cando aínda acababa de despegar o proxecto) no que comparaba o PP cunha banda terrorista (nin sequera se menciona que poida tratarse de ETA). Facu Díaz sería xulgado e absolto.

Tamén sería a Asociación DyJ a que se querelaría contra Pablo Hasél (que xa arrastra antecedentes penais polas letras das súas cancións) pola súa mensaxe en Twitter: "Muchos temporeros durmiendo al raso están en peores condiciones que Ortega Lara y sin haber sido carceleros torturadores" e poucos días despois presentaría unha batería de chíos ofensivos contra Ortega Lara na Audiencia Nacional.

Outro caso mediatizado sería a demanda contra Guillermo Zapata polos seus chíos impulsada pola Asociación DyJ. Este caso, que recaería no xuíz Santiago Pedraz, foi arquivado en dúas ocasións, pero finalmente dous maxistrados da Audiencia Nacional apartados da Gürtel por afinidade ó PP lograrían reabrilo e sentar a Zapata no estrado, contra a vontade manifesta de Santiago Pedraz, que cargou contra a utilización política da Fiscalía para perseguir o adversario político: "lo que no puede hacerse es perseguir solo a determinadas personas y no a otras (derecho penal del enemigo) como parece acontecer en este caso", alegando que se esa causa prosperase tería que actuarse do mesmo modo con calquera que fixese chistes de índole similar en redes e proceder a esa procura intensiva.

Este non sería o primeiro enfrontamento da Asociación DyJ con Santiago Pedraz, contra quen se terían querelado por prevaricación neglixente en 2006 por autorizar unha manifestación a prol da autodeterminación, unha desas múltiples manifestacións en Euskal Herria en contra das cales as solicitudes de prohibición de DyJ e AVT son xa todo un clásico. Tal é o caso da manifestación do 18 de febreiro deste ano para homenaxear a vítimas de violencia de grupos de extrema dereita e funcionarios públicos, que para DyJ incorría no delito de enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas (de ETA, debemos supoñer). 

Covite

COVITE (Colectivo de Víctimas del Terrorismo del País Vasco) non queda atrás. O ano pasado solicitoulle á Audiencia Nacional que investigase unha homenaxe a Ekaitz, condenado por queimar un autobús con motivo da folga de fame de Iñaki de Juana Chaos, e denunciou a "pasividade" das institucións ante estes actos. Este ano pediu que se prohibise o escrache á Garda Civil no cuartel de Oñate, que non foi máis ca un baile, formado por unha cadea humana que rodearía o cuartel, simbólico do rexeitamento ó corpo, sen ningún tipo de violencia. Tamén este ano COVITE presentou unha denuncia contra Etcheverry e Berhokoirigoin por "colaboración, encubrimento e tenza ilícita de armas "polo seu labor como mediadores no desarme de ETA. Esta denuncia contra os artífices do desarme sería arquivada pola Audiencia Nacional. Todo moi reconciliador.
AVT_1
Entrega de Premios da AVT 2017 (fotografía da AVT)

Pero se algún caso protagonizou COVITE durante os últimos 12  meses foi o de Altsasu, posto que foi a asociación que levaría os altsasuarras á Audiencia Nacional (en contra da opinión da Audiencia Provincial de Navarra para a que non hai indicios de delito de terrorismo, polo que non lle competiría á AN o caso). COVITE presentaría para os rapaces unha petición de prisión aínda superior á da Fiscalía: máis de 400  anos por unha liorta. Ademais, son tan retorcidos que, despois de levar ós os rapaces á AN, varios membros de COVITE (non os suficientes como para considerarse unha concentración non convocada á cal tería a obriga de expulsar a Policía) acudiron a manifestacións en Altsasu con carteis en que rezaban lemas como "sen pistolas non sodes nada", xa pode imaxinar o lector con que fin. Mais non o lograron, non se produciu ningunha agresión. Non houbo nin unha soa persoa das máis de 2000 que protestaban no medio dun bombardeo dos medios brutal contra o pobo e da montaxe contra os rapaces que caese na trampa, o que permitiría ademais facilitar as trampas á defensa que xa se inclúen de feito no escrito de acusación da Fiscalía que considera óo pobo de Altsasu protector dos supostos agresores.

Caso Altsasu 

Doutra banda, a AVT que xa se querelara recentemente contra Ospa Mugimendua, e a Asociación Plataforma de Afectados por las Vítimas del Terrorismo (APAVT) solicitoulle á Audiencia Nacional a prohibición dun acto en apoio ós rapaces de Altsasu convocado ante Soto del Real (e, se a solicitude tivese ido adiante, non sería o primeiro acto que lles terían prohibido). Fixádevos se tiveron relevancia as asociacións de vítimas do terrorismo no desenvolvemento deste caso, analizado con detalle no artigo "Caso Altsasu, un año de la pelea que acabó en la Audiencia Nacional". A APAVT tamén fracasou este ano na súa solicitude ante a Audiencia Nacional de prohibir a homenaxe a Díez Usabiaga á súa saída de prisión, e fai 2 anos levou a Sare á Audiencia Nacional para investigar se existía algún tipo de vínculo entre a organización e a "contorna de ETA". A Audiencia Nacional pediríalles informes á Garda Civil, a Policía Nacional e a Ertzaintza para determinar se existían vínculos con Herrira, organización ilegalizada por apoiar a presos abertzales.

Cómpre facer fincapé en que o artigo 48 da Lei de recoñecemento e protección integral ás vítimas do terrorismo outórgalles o dereito á asistencia xurídica de balde ás vítimas do terrorismo para litigar (e, no caso de falecemento, segundo o establecido no artigo 4, ao cónxuxe ou persoa ligada con el por análoga relación de afectividade, aos pais e aos fillos, avós e irmáns); algo que os membros destas asociacións aproveitan para litigar en casos que pouco teñen que ver co respecto ás vítimas dos atentados en que faleceron os seus achegados ou eles mesmos resultaron damnificados.

A Fundación de Víctimas do Terrorismo

Se cadra xa che soan de antes asociacións como a AVT ou COVITE que entran ó escenario dos medios con certa frecuencia. Porén, a Fundación Víctimas del Terrorismo (FVT) non protagonizou titulares coa mesma asiduidade, mantense á marxe de polémicas.

A FVT é unha entidade creada en 2001 a raíz do Pacto Antiterrorista asinado polo PP e o PSOE, vicepresidida por Tomás Caballero (presidente da Fundación Tomás Caballero) e Ángeles Pedraza (ex presidenta da AVT), e presidida por Mari Mar Blanco, irmá de Miguel Ángel Blanco, deputada polo PP e presidenta da Fundación Miguel Ángel Blanco (ao igual que FAES, usada polo PP de xeito continuado para falsear facturas de campañas electorais dentro da trama Gürtel). Pola súa parte, a Comisión Executiva está composta por tres membros: Mari Mar Blanco, Francisco José Llera e Luis Aguilera, subsecretario do Ministerio de Interior desde 2012.

A Fundación, que contaba en 2016 cun patrimonio neto e pasivo de 2.236 millóns de euros, recibe cuantiosas cantidades de diñeiro tanto de mans públicas como privadas. En 2016 recibiu 415.000 € en concepto de subvencións e doazóns, principalmente desde a Administración Xeral do Estado; algo menos que o ano anterior, no que recibira 496.000 €, dos cales 335.000, que procedían do Ministerio de Interior, eran outorgados de formar xenérica para calquera fin fundacional. A este valor hai que engadir, ademais de achegas privadas por un valor total de case 87.000 € en 2015 (procedentes de Fundación Iberdrola, Fundación ICO, Fundación Altadis, Fundación Montemadrid, Red Eléctrica de España…...), as procedentes de ingresos en concepto de promocións, patrocinadores e colaboracións empresariais, por un valor de 417.000  € en 2016, 369.000  € en 2015 e 461.000  € en 2014, aproximadamente a partes iguais entre aqueles outorgados con fins específicos e os outorgados con fins xerais fundacionais. Entre estes doantes privados atopamos arestora óo BBVA, o Banco Santander, a Telefónica, a Red Eléctrica de España e diversas fundacións como a Fundación ACS, Fundación Endesa, Fundación Iberdrola, Fundación Altadis, Fundación ICO, Fundación Montemadrid ou a Fundación Ramón Areces (vinculada ao El Corte Inglés, que forma parte do mecenado da fundación). Anteriormente tamén formaran parte do mecenado outras empresas como Repsol, Vodafone, Banesto e Barclays.

Ben, e que fai a FVT cos máis de 800.000  € que ingresa cada ano? Unha parte destínaa a gastos de persoal, o que adoita situarse sobre os 300.000 € anuais, dos cales en concreto destina case 70.000 a soldos da alta dirección e entorno ós 200.000 ós soldos do persoal con contrato laboral, aos cales habería que engadir a Seguridade Social e outros gastos sociais. Ou conta con moito persoal na alta dirección ou bastante elevados parecen os soldos. Mais cómpre prestar maior atención a que fai a FVT co resto dos ingresos, e é que destina máis de 350.000  € anuais a axudas monetarias, dos cales uns 200.000 adoitan ir destinados a colaboracións (e o resto é para proxectos propios). Nas contas publicadas de 2014 e 2015 pode observarse o desmembramento: a FVT, que recibe financiación tanto pública como privada, actúa de tapadeira financiando a asociacións como a AVT, COVITE, APAVT, Asociación Dignidad y Justicia, e incluso ás propias Fundación Tomás Caballero e Fundación Miguel Ángel Blanco que dirixen os membros da Comisión Executiva da FVT. Deste xeito, temos ás grandes empresas financiando a través da FVT toda esta serie de asociacións que se dedican a perseguir á esquerda.

A politización das asociacións de vítimas

Pola súa parte, estas asociacións tampouco quedan atrás no relativo ás subvencións públicas. Entre 2004 e 2016 o Goberno indemnizou as vítimas do 11 M con 324 millóns de euros, dos cales 5,44 millóns foron destinados a asociacións e fundacións vítimas do terrorismo, levando a AVT a maior parte (2.495.318 €), xunto coa Asociación 11M Afectados por Terrorismo (2.246.144  €), e destinando 530.587 € á Asociación Ayudas a las Víctimas del 11M. Tan só en 2015 a AVT recibiría máis de 300.000 € de Interior dun total de 880.000 destinados ás asociacións de vítimas.

En 2007 a Asociación 11M Afectados por Terrorismo denunciaría as concesións a dedo do PP da Comunidade de Madrid, destinando 400.000  € á FVT, 149.000  € á AVT e 240.000  € á Asociación de Ayuda a las Víctimas del 11M (afíns ó PP) e deixando fóra á presidida por Pilar Manjón. Se ben esta última sería a segunda que máis fondos de Interior recibiría en 2015, estas cifras permítennos dar unha idea do diñeiro que moven e o politizadas que están estas asociacións. Tamén é destacable que o PP logrou que COVITE recibise 54.000  € do Goberno vasco en marzo de 2017, despois de levar a liorta de Altsasu (Navarra) á Audiencia Nacional.

É un feito de gravidade severa que estas asociacións exceden (incluso podería dicirse que ignoran) os obxectivos polos que xustifican o apoio económico público (e privado), un apoio económico que están empregando para perseguir sistematicamente a todo o que se move. Correspóndenos denuncialo, e responder á represión, para non rematar pronunciando algún día "cando viñeron buscarme, non había ninguén máis que puidese protestar".

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Terrorismo
Aniversario 11M 11M, el día que cambió España
20 años son nada, pero han sido suficientes para hacernos entender que aquel día, aquel 11M, cambió España.
Terrorismo
Aniversario 11M El 11M desde los ojos de un niño de Vallecas
La mañana del 11 de marzo todo fue diferente. A apenas 800 metros se estaba cometiendo el mayor atentado en Europa.
Terrorismo
Terrorismo De la mascarilla al chaleco antibalas: un análisis del terror(ismo)
La pregunta no es si habrá, en los próximos meses o años, un atentado terrorista yihadista y/o ultraderechista, la pregunta correcta es cuándo y dónde.
#4292
9/12/2017 16:08

Necesario artigo e moi ben documentando, agradécese.

11
1
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Opinión
Opinión ¡A la mierda Europa!
Hay otra Europa que es víctima de la Europa neoliberal y belicista que apuesta por la industria de las armas a costa de los derechos sociales, es una Europa que se muere de vergüenza cada vez que ve imágenes de Gaza o Cisjordania.
Laboral
Laboral Al borde de la huelga en la educación pública vasca
Los cuatro sindicatos convocantes denuncian que el Departamento de Educación vasco no se han sentado a dialogar hasta este viernes pocos días antes de los paros
Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Palestina
Ocupación Isarelí Primera movilización unitaria contra el genocidio en Palestina y por el fin del comercio de armas con Israel
Este sábado 10 de mayo se espera en Madrid una asistencia multitudinaria de personas venidas desde cientos de municipios de todo el Estado español para concentrar la protesta de los ataques indiscriminados del Israel contra la población palestina.
Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.