Unha vez deitado o animal salvaxe, no chan, córtanselle as crins. Unha persoa agárralle polo pescozo ou cabeza; outra polos cadrís traseiros, e unha terceira, corta o pelo con tesoiras. As bestas cálmanse unha vez son deitadas,é raro que tenten levantarse; só o farán cando xa non noten o peso enriba das personas que as suxeitan. A imaxinería que vemos colgada no peito dxs aloitadorxs soe estar relacionada co mundo da tradición católica ,ou co equino; caveiras de cabalo ou vaca, cruces,etc... A xente que aloita coñece ben o mundo das bestas, non só coma entretemento,tamén de xeito profesional