Balea Cultural
Eloy de la Iglesia: o director que quixeron que esquecésemos

Eloy de la Iglesia é un director fundamental, un artista sempre a contracorrente imprescindible para entender algúns dos capítulos máis escuros da historia do Estado español da Transición e os primeiros gobernos da democracia.

El Pico, de Eloy de la Iglesia
José Luis Fernández ‘Pirri’, Jose Luis Manzano e Andrea Albani en ‘El Pico II’ (Eloy de la Iglesia, 1984)
2 jun 2018 11:26

Unha noite de novembro, coa cara desfigurada polas luces de cores dunha discoteca, un coñecido de súpeto sentenciou que “no cine español soamente hai un De la Iglesia bo, e ese é Eloy”. Tras ese gratuíto ataque a Álex de la Iglesia e sen ningún motivo aparente, xustificouse: “a min non me gusta o cine, gústame sentir que é de verdade”. Sorprendeume sequera que coñecese o nome do director famoso polo seu desenvolvemento do xénero denominado “cine quinqui” debido ao total esquecemento da súa figura.

Eloy de la Iglesia dirixiu ao longo da súa carreira máis de vinte películas durante os últimos anos do franquismo, a Transición e os anos oitenta. Isto é moi importante porque a evolución da súa obra vai vinculada ao contexto político que vive. O estilo do cineasta bebe do neorrealismo italiano e, en parte, lembra ao de Pasolini en canto a posicionamento ideolóxico e ao seu gusto polos inadaptados, neste caso encarnado da figura do delincuente xuvenil sen saídas.

A súa obra desvela contradicións dentro do proceso de democratización do Estado español. Amosa e reflexiona sobre os mecanismos xerativos de desigualdade sempre cunha visión de clase, tendo claro de que lado posicionarse . Neste sentido, a súa militancia marxista vese totalmente reflectida na súa obra. É un cine contra hexemónico, transgresor e que incomoda. Por iso mesmo, no imaxinario colectivo actual De la Iglesia non existe. Foi borrado adrede por parte da corrente oficialista a pesar da súa innegable contribución histórica ao cinema.

Falaba de miseria, violencia e desigualdade. Da contradición entre o que politicamente se vendía e o que realmente acontecía. Dos mortos que deixou esa época que normalmente con tan bos ollos se ve.

Eloy de la Iglesia era homosexual e trata o tema nas súas películas dun xeito bastante revolucionario para a época dentro do marco do cinema español. Trátao con gran normalidade e, de certo modo, rompe o modelo de familia tradicional a partir disto. Utiliza o corpo masculino como obxecto de desexo, o cal xa é subversivo de por si porque desestabiliza identidades políticas e morais da Transición. Esta faceta está xa na súa obra dende incluso as súas obras durante o franquismo aínda que quizais o cumio pode verse na película Los placeres ocultos.

Outro dos factores que fan único a este director na súa época é que mentres os demais creadores coetáneos cunha ideoloxía similar cultivan o xénero documental, el opta por facer cine de ficción. Por outro lado, a súa obra non vai dirixida para militantes senón que tentaba facer un cine que chegase ás masas dende o punto de vista das clases populares. “Unha película miña sen espectadores non ten razón de ser. Preferín chegar á xente a través do cine do seu barrio que de proxeccións marxinais. O que conto hai que contarllo ao maior número de xente posible e para iso son máis adecuadas as canles comerciais”, explicaba o propio de la Iglesia nos anos noventa.

Navajeros, de Eloy de la Iglesia
José Luis Manzano interpreta a ‘El Jaro’ en ‘Navajeros’ (Eloy de la Iglesia, 1980)

Neste mesmo sentido, pódese afirmar que os defectos a nivel formal que habitualmente se lle achacan son virtudes. Tense falado de que é moi efectista e de que é tecnicamente brusco mais se non fose dese xeito, dificilmente a sociedade da época podería comprender o que se lle mostraba. O denotado vai sempre por enriba do connotado. É moi narrativo e sempre parte dun marco industrial no que os habitantes dos barrios podían verse case coma nun espello. Non falaba nin de presos políticos nin do franquismo. Falaba de miseria, violencia e desigualdade. Da contradición entre o que politicamente se vendía e o que realmente acontecía. Dos mortos que deixou esa época que normalmente con tan bos ollos se ve.

Unha proba de que o estilo é completamente intencional son as súas películas durante o franquismo. Por mor da censura, cultivou xéneros nos que a través da metáfora podía dicirse o que realmente quería transmitir. Cando chega a Transición é cando constrúe o seu estilo característico mais é nos anos oitenta cando alcanza o seu teito como cineasta. A súas películas gañan complexidade mais non abandonan en ningún caso a crítica social. Coincide ademais temporalmente con que a heroína está abríndose paso polos barrios obreiros de todo o Estado coa permisibilidade dos corpos públicos. Neste intre, comeza a cultivar o “Cine Quinqui”, xénero fundado por José Antonio de la Loma e do que se converte no maior expoñente.

Así, co comezo da década dos oitenta saen á luz Navajeros, Colegas e El Pico, a obra con máis importancia da cinematografía do cineasta. É unha película localizada nun barrio de Bilbao e relata a situación de descontento, da ausencia de saídas e do camiño tapiado que é a heroína para unha xeración. En Galicia isto sabémolo moi ben. Máis tarde, estrearase El Pico 2, a outra cara: a cadea. Unha institución moi lonxe de ser o axente de reinserción que se vendía -e se vende-. E deixa un subtexto tan interesante como real. Entre eses barrotes e muro de formigón soamente hai pobres e desgraciados.

Jose Luis Manzano foi o seu actor predilecto, outros dirían que fetiche. O director rescatouno do barrio, deulle unha educación, nocións de interpretación e fíxoo brillar nas súas películas. Vivían xuntos e ambos os dous acabaron enganchados á heroína. La Estanquera de Vallecas foi a última película de temática quinqui do director, que estivo décadas sen producir artisticamente. Con trinta anos apareceu morto Manzano no baño do seu protector cunha xiringa cravada no xeonllo. El faría o propio en 2006.

Eloy de la Iglesia é un director fundamental no cine español. Un artista que quixeron facer esquecer por ir contracorrente. Por amosar un capítulo da historia do noso Estado que foi branqueado. Por Paco, Urko e Pilar. Por todos os que non se chamaron así pero viviron as mesmas circunstancias. Reivindicar estas obras tamén é Memoria Histórica.

Arquivado en: Cine Balea Cultural
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
#18867
17/6/2018 16:08

Lamento que este artículo, a juzgar por el numero de comentarios y "likes" tenga más lectura en su edición general que en la galega. En Galiza no haría tanto daño como en Euskadi el caballo, pero la fariña hizo tanto o más. Extrapolar una situación a la otra debería ser necesario, el contexto histórico, por ahí anda, la ruina el daño que hicieron (y hacen) ambas drogas fue parecido, aunque las implicaciones políticas sexan outro cantar. Merecería un estudio comparado.

3
0
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Palestina
Ocupación israelí Miles de personas se manifiestan en Madrid contra el genocidio en Palestina
La organización cifra en 50.000 las personas asistentes a la convocatoria unitaria de todas las organizaciones que forman la Rescop, a la que se han sumado cientos de colectivos ciudadanos con una voz común: Muévete por Palestina.
México
Recursos naturales Los “millonarios del agua” aumentan el estrés hídrico de México
Bancos españoles y grandes corporaciones obtienen beneficios del agua ante un Estado que incumple su obligación de garantizarla. Más de un millón de viviendas en México se abastecen de forma recurrente por servicios de entrega privada de agua.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Opinión
Opinión Cinco ideas decrecentistas frente al apagón
El autor de ‘La espiral de la energía’ (Libros en Acción, 2014) reflexiona sobre las lecciones que se pueden extraer del corte de suministro eléctrico del pasado 28 de abril.
Opinión
Opinión ¡A la mierda Europa!
Hay otra Europa que es víctima de la Europa neoliberal y belicista que apuesta por la industria de las armas a costa de los derechos sociales, es una Europa que se muere de vergüenza cada vez que ve imágenes de Gaza o Cisjordania.
Más noticias
Laboral
Laboral Al borde de la huelga en la educación pública vasca
Los cuatro sindicatos convocantes denuncian que el Departamento de Educación vasco no se han sentado a dialogar hasta este viernes pocos días antes de los paros
Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Palestina
Ocupación Isarelí Primera movilización unitaria contra el genocidio en Palestina y por el fin del comercio de armas con Israel
Este sábado 10 de mayo se espera en Madrid una asistencia multitudinaria de personas venidas desde cientos de municipios de todo el Estado español para concentrar la protesta de los ataques indiscriminados del Israel contra la población palestina.
Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Energía
Juan Bordera “En la crisis energética, el tecnooptimismo es mesiánico y juega a favor de Trump"
El diputado en Les Corts se pronuncia sobre el apagón del pasado lunes y carga contra la forma en la que se están implantando las renovables. También señala el peligro de que el sentimiento antirrenovable cale entre la población.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.