Balea Cultural
Gaspar Noé, a figura máis controvertida do cinema actual

Hai moita polémica respecto á figura de Gaspar Noé. A maioría de criticas céntranse na súa crueza, na violencia sen disfrazar que exhibe. Mais aí non está o quid.

Gaspar Noe
Gaspar Noé. Foto: Reddit
BALEACULTURAL.NET
3 nov 2018 12:00

Gaspar Noé é un nome que brilla dun xeito intermitente como as luces de neon. Uns encúbrano como un dos mellores directores do cinema actual: o máis atrevido, o máis vangardista -se aínda é acaída esta palabra-, o máis rompedor. Para outros, o director arxentino criado en Francia é excesivo, unha persoa que produce películas de mal gusto e supera calquera límite. Tras a súa recente estrea, Clímax, a súa controvertida figura volveu saír á palestra.

Noé ten un estilo moi marcado e persoal que segue ao longo de toda a súa filmografía. Se puidese relacionalo cunha palabra esta sería caos. Todo na súa obra conduce en maior ou menor medida cara a este concepto. Para el, a vida é caos. Así o mostra a fase coa que pecha Irreversible, unha das obras polas que é máis famoso: o tempo remata arruinándoo todo. No cinema do bo de Gaspar todo remata -ou empeza segundo se mire- totalmente crebado.

Noé pensa que vivir é unha imposibilidade colectiva, como describe en Clímax

Cómpre destacar o privilexiado que é este director. É un dos talentos máis grandes do cinema contemporáneo. A nivel compositivo e de posta en cámara é unha gozada velo. As cores con gran saturación son claves no seu xeito de concibir as súas películas, estando directamente ao servizo das emocións que se transmiten. Hai unha predominancia ao longo de toda a súa obra do plano secuencia, o cenital e o subxectivo. Ademais, algo que tamén o caracteriza é a experimentación coa montaxe.

As grandes temáticas que se tratan na súa filmografía son a violencia, as drogas, a autodestrución e as relacións disfuncionais que acaban tendendo na meirande parte das ocasións a un amor desnaturalizado. Todos os temas trátanse cunha literalidade extrema. A xa mencionada Irreversible contén unha das escenas de violación máis crúas da historia da sétima arte e Love foi acusada de ser unha experiencia pornográfica. Pódese dicir que as sensacións físicas é o que ao final une a todos os seus traballos.

Clímax de Gaspar Noé
Fotograma de Clímax de Gaspar Noé (2018).
Os seus personaxes afástase moito da racionalidade. Abre camiño para tratar persoas que carecen de control sobre si mesmas. Todos desexan con moita intensidade pero isto nunca vai en favor do seu benestar, sempre sofren dun xeito ou doutro. Noé tenta mostrar un punto de vista tremendamente humano a pesar do hiperbólico das situacións. E este é o que fai que as súas obras logren incomodar dun xeito tan grande. En ningún momento entende os actos -por moi aberrantes que sexan- como algo externo, senón como situacións extremas ás que o ser humano pode chegar dun xeito bastante verosímil. Por este motivo é que as películas do director custan tanto de dixerir, prodúcese unha especie de val inquietante á hora de consumilas.

A meirande parte das accións son causadas polas drogas pero non son tanto un detonante como unha forma de completar a identidade dos personaxes

Un dos elementos máis importantes e dos menos comentados da obra é a absoluta individualidade que prima en todas as súas obras. Todo se entende dende e para o suxeito. Vinganza, impulsos sexuais, drogas, desexo. Todo parte dun individuo atomizado dentro dun capitalismo que tende á atomización. Lonxe de denunciar esta situación, Noé pensa que vivir é unha imposibilidade colectiva, como describe en Clímax. Este traballo reúne a unha vintena de personaxes que xuntos fan un descenso colectivo cara aos infernos que remata disgregándose en traxedias individuais.

As substancias estupefacientes non son tratadas en ningún momento como elementos recreativos ou evasivos. Sempre son mostradas como algo intrínseco á propia existencia dos personaxes. A meirande parte das accións son causadas polas drogas pero non son tanto un detonante como unha forma de completar a identidade dos personaxes. O seu verdadeiro ser encóntrase cando consomen este tipo de substancias e non ao revés como podería pensarse nun principio. Un dos máximos expoñentes neste aspecto atópase en Enter the void, onde se observa unha viaxe metafísica dun consumidor de drogas ás portas da morte.

Love de Gaspar Noé
Fotograma de Love de Gaspar Noé (2015)
Outro dos elementos que fan a este director algo único é o seu sistema de traballo. Dende o seu punto de vista, soamente se pode amosar o caos dun xeito caótico. Polo tanto, traballa en numerosos filmes con actores non profesionais (En Love coñeceu aos protagonistas de festa e en Clímax son unha selección de bailaríns urbanos) e con apenas unhas poucas cuartillas de guión. Lonxe da absoluta meticulosidade de grande parte dos directores, Noé foxe totalmente do académico e lanza á improvisación dos actores a maior parte do peso dramático. Deste xeito, conséguese un cine absolutamente performativo dende un punto de vista conceptual.

Hai moita polémica respecto á figura de Gaspar Noé. A maioría de criticas céntranse na súa crueza, na violencia sen disfrazar que exhibe. E aí non está o quid. Saló ou os 120 días de sodoma, película realizada en 1975 por Pier Paolo Pasolini, é unha das películas máis violentas da historia do cine e está moi lonxe de ser cuestionable. É unha obra cunha marcada mensaxe antifascista e unha referencia a moitos niveis. O problema non radica en que Noé mostre as cousas dun xeito violento, senón a visión que ten do mundo e polo tanto o que transmite coa súa obra. O director, como se comentou anteriormente, rexeita o colectivo dun xeito radical. Polo tanto, non é progresista nin no máis nimio. Como outros tantos directores, tamén hai que dicilo.

Gaspar Noé é un exemplo claro de que dende a discrepancia se pode valorar moi positivamente o traballo de alguén. A forma que ten de transmitir as súas inquietudes é moi destacable. Noé é un xenio, un xenio do mal. Dende un punto de vista discursivo, non creo que teña nada positivo pero reitero algo que escribín hai unhas horas e algunhas liñas máis arriba: é un dos directores con máis talento do cinema actual.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.