Balea Cultural
‘Kid A’, un novo paradigma

O cuarto disco de Radiohead cumpre 18 anos manténdose como un dos discos máis interesantes e influíntes do séxulo XXI.

Portada Kid A
Ilustración de portada do cuarto disco de Radiohead, deseñada por Donwood e Tchock
baleacultural.net
6 oct 2018 12:30

No ano 1997 a banda británica Radiohead lograba que todo o mundo pousase os seus ollos sobre eles coa publicación do disco Ok Computer. Este álbum de rock alternativo sorprendeu tanto a crítica como os propios fans da banda cun son moderno, complexo pero accesible, e cunhas letras que criticaban os males das sociedades do capitalismo tardío cuns aires futuristas. O ata aquel momento omnipresente brit-pop de bandas como Blur ou Oasis deixou de ser o protagonista absoluto da escena musical británica para dar paso a un quinteto que en tan só catro anos pasou de compoñer as cancións sinxelas de aires grunge do Pablo Honey (1993) a firmar o que moitos consideran o mellor disco dos anos noventa.

O éxito rotundo do Ok Computer puxo todos os focos de atención sobre a banda, algo que para moitos tería sido un logro, mais que para Radiohead e en especial para o seu cantante, Thom Yorke, non supuxo máis que outra fonte de ansiedade e estrés. Ao lanzamento e promoción deste disco seguiuno unha xira case sen pausas ao longo de dous anos, con concertos cada vez máis multitudinarios. “It's sort of quite terrifying […] the wheels start turning again and the industry starts moving again. This time they get more terrifying and it just keeps going and it's basically outside of our control. (É bastante terrorífico […] as rodas comezan a virar novamente e a industria comeza a moverse outra vez. Desta volta son máis aterradores mentres todo segue adiante e basicamente está fóra do noso control), confesaba Thom Yorke nunha entrevista no ano 1997.

Unha vez concluída a súa xira no ano 1998 a banda comezou a preparar o que sería seu cuarto disco de estudo

A frase “I’m not here, this isn’t happening” (Non estou aquí, esto non está a pasar) coa que Michel Stipe, líder de REM, tratara de calmar a Yorke ante estas situacións converteuse nun mantra para o cantante de Radiohead ata o punto de ser o punto de partida da letra dunha das novas cancións da banda How to Disappear Completely.

Se resulta difícil compoñer un disco como o Ok Computer, quizais resulta aínda máis complicado lanzar unha continuación que estea á súa altura. Unha vez concluída a súa xira no ano 1998 a banda comezou a preparar o que sería seu cuarto disco de estudo e foi neste momento no que comezaron a aparecer as dúbidas de como poderían enfocar este novo traballo. Se ben todos sabían que non poderían replicar seu álbum anterior, había distintos camiños que a banda podía tomar. O guitarrista Ed O’Brien apostaba por volver ás súas orixes, con cancións máis sinxelas nas que as melodías fosen as principais protagonistas, mentres que Thom Yorke prefería alonxarse todo o posible do rock tradicional, tomando como referencias principais a electrónica de Aphex Twin, o jazz ou os ritmos da música alemá dos anos 70. Finalmente este foi o percorrido seguido por Radiohead á hora de compoñer o Kid A, o cal marcou para sempre o son da banda nos seus seguintes lanzamentos.

Radiohead kid A
Thom Yorke tomou como referencia a electrónica de Aphex Twin, o jazz ou os ritmos da música alemá dos anos 70.
O disco gravouse entre catro cidades, París, Copenhague, Gloucestershire e Oxford. Durante estas extensas sesións de gravacións nas que se traballaron case sesenta cancións, das cales trinta serían publicadas entre o Kid A (2000), o Amnesiac (2001) e os EPs Pyramid Song (2001) e Knives Out (2001).

Durante este período a banda abandonou a formación tradicional do rock para facer un maior uso de instrumentos electrónicos como os sintetizadores, o ondas martenot así como de orquestacións pouco convencionais. Tamén foi o primeiro disco de Radiohead no que os membros da banda se viron obrigados a aprender a participar na composición dunha canción sen tocar ningún instrumento na mesma. O produtor Nigel Godrich tamén propuxo novos métodos de traballo como separar a banda en dous grupos para que un deles crease unha base sen empregar instrumentos acústicos para que posteriormente o outro grupo desenvolvese esa idea. O proceso de gravación foi documentado polo guitarrista Ed O’Brien mediante un blog en forma de diario no que se poden observar os progresos da banda así como seus momentos de bloqueo creativo.

A campaña promocional deste disco limitouse a uns pequenos vídeos distribuídos por internet denominados blips

As letras das novas cancións afondaron cada vez máis na abstracción, recorrendo en ocasións a técnicas de escritura experimental como unir ao azar distintas frases seguindo unha temática relacionada pero nunca explícita. As preocupacións que manifestou Yorke nos seus textos van dende cuestións relacionadas coa incapacidade de conectar coa sociedade partindo das experiencias vividas durante a xira do Ok Computer ata a crítica ao capitalismo salvaxe, inspirándose nos textos da escritora Naomi Klein.

O 2 de outubro do ano 2000 foi a data fixada para lanzar as primeiras dez cancións rematadas nestas sesións de gravación. A pesares de que a expectativa por un novo disco de Radiohead era enorme tanto por parte dos fans como da crítica, a discográfica EMI optou por non lanzar ningún adianto do Kid A debido a que non confiaban en que o cambio radical no son da banda puidera traer consigo un éxito de vendas. A campaña promocional deste disco limitouse a uns pequenos vídeos distribuídos por internet denominados blips, nos que se podían escoitar fragmentos destas cancións acompañados por unhas animacións que seguían a estética do libreto do disco.

Contra todo pronóstico, Kid A debutou no número un das listas de vendas en varios países europeos incluíndo o Reino Unido, así como nos Estados Unidos, algo que non acadara ningún disco anterior da banda. Nun primeiro momento, a crítica recibiu o álbum con certa división entre os que lamentaban a perda de protagonismo das guitarras e os que celebraban os riscos tomados nesta nova dirección musical e o seu resultado tan innovador. Entre os seguidores da banda a reacción foi similar, se ben alonxou a algúns dos seus fans tras o seu lanzamento, a día de hoxe o Kid A é considerado como un dos traballos máis destacados da banda.

Dezaoito anos despois da súa publicación, aínda segue a sorprender que un grupo xa consolidado como Radiohead optara por realizar unha aposta tan arriscada e que esta rematase por converterse nun éxito de vendas absoluto. O Kid A demostrou que apostar pola creatividade non ten por que ir da man do fracaso comercial. De maneira similar ao que sucedeu co Low (1977) de David Bowie, este disco converteuse nun novo paradigma musical do século XXI, o novo disco a superar, así como aquel co que sempre se comparará cada lanzamento que busque arriscar explorando novos territorios musicais. Trátase sen dúbida dun álbum que moitos trataron de imitar, pero que aídna non se puido replicar.

Se o Ok Computer supuxo a fin da etapa dourada do brit-pop, cabe preguntarse se o Kid A marcou a fin do rock máis convencional como o xénero musical máis relevante na actualidade. A día de hoxe os riffs de guitarra distorsionados xa non son unha idea novidosa, e cando funcionan isto débese en boa medida á nostalxia. Non obstante, do que non hai ningunha dúbida aínda dezaoito anos despois do seu lanzamento é que este disco demostrou que hai moitos camiños interesantes que aínda están por explorar.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Estados Unidos
Extrema derecha Trump anuncia un campo de concentración para 30.000 migrantes en Guantánamo en el 80 aniversario de Auschwitz
La estrategia de llevar la detención de migrantes a territorios lejanos, opacos y sin garantías de derechos también ha sido la opción elegida por la Unión Europea en el último año.
Salario mínimo
Pacto bipartito Trabajo y sindicatos acuerdan la subida del salario mínimo en 50 euros sin el apoyo de la patronal
Díaz anuncia un acuerdo con los sindicatos que llevará al Congreso de Ministros de forma “inminente” la propuesta del Ministerio de Trabajo. Los sindicatos proponían una subida de 66 euros y la patronal, de 34 euros.

Últimas

Crisis climática
Parlamento Ciudadano Climático Un jurado popular ciudadano para combatir la crisis climática y el retroceso democrático
En un momento crítico para la democracia y la acción climática, cinco organizaciones medioambientales reunieron en el Congreso de los Diputados a científicos, actores sociales y asambleístas para impulsar un Parlamento Ciudadano Climático Permanente.
Ayuntamiento de Madrid
Convenio colectivo Las cuidadoras ganan a Almeida: Madrid anuncia nuevos pliegos con la subida salarial pactada
Las trabajadoras de cuidados seguirán en huelga dado que “no hay nada tangible”. El anuncio afectaría a 12.000 personas empleadas por el Ayuntamiento, pero no a las 2.000 trabajadoras más convocadas a la huelga que trabajan para la Comunidad.
Madrid
Justicia El fiscal general del Estado, en el alambre, declara como investigado ante el Supremo
Álvaro García Ortiz acude al alto tribunal a explicar su versión de las filtraciones denunciadas por el entorno de la pareja de Isabel Díaz Ayuso. Es la primera vez que un fiscal de su categoría declara como investigado.
Lavapiés
Madrid Lavapiés gana un asalto a la organización fascista Hacer Nación
La empresa en la que se iban a organizar unas jornadas con figuras de la extrema derecha europea ha confirmado que comunicó a Hacer Nación que no le cedía su espacio.
Más noticias
Pensiones
Revalorización de las pensiones Los pensionistas no se fían y salen a la calle tras el rechazo al decreto ómnibus
La Unidad de Acción de Madrid convoca a manifestarse este viernes 31 frente a la sede del PP tras la “posición negativa de la derecha ultranacionalista, sea española o catalana”.
Energías renovables
Energías renovables en Madrid El Centro Cultural Palomeras quiere ser autosuficiente, los préstamos de sus vecinos pueden conseguirlo
Una universidad pública y una cooperativa de energías renovables lideran el proyecto de préstamos que quiere convertir en autosuficiente al histórico centro educativo vallecano, y que busca reunir 150.000 en financiación ciudadana a un interés ético.
Opinión
Opinión No es Poder Popular todo lo que reluce
VV.AA.
No hay alternativa capaz de cambiar este sistema que no hable claramente de socialismo y de clase trabajadora
Israel
Sionismo Maccabi - Baskonia: no colaboremos con la banalización del mal
El partido de basket en Gasteiz es una oportunidad de oro para mostrar nuestra determinación a no contribuir al blanqueamiento del Estado genocida de Israel, oponiéndonos decididamente.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Sin materiales, sin protección adecuada y sin financiación: los bomberos de Madrid denuncian “abandono”
La contaminación de los equipos de protección de cinco bomberos en un incendio en una nave de reciclaje hace levantar de nuevo la voz de los sindicatos, que ya tienen denunciada ante el TSJ de Madrid, la falta de financiación.

Recomendadas

Laboral
Laboral Investigada unha rede empresarial que explotaba a 82 migrantes nunha granxa de Lugo
Polo de agora, tres persoas responsables da granxa de Begonte centran as investigacións da Garda Civil. As 82 persoas explotadas vivían nun hotel de Ordes (A Coruña) que non tiña sequera licencia de hostalaría.
Literatura
Letras Galegas Da Sección Feminina do franquismo ao Cancioneiro Popular Galego: o pobo é quen canta e baila
As cantareiras protagonizarán o Día das Letras Galegas de 2025. Beatriz Busto e Richi Casás fálannos delas, de Dorothé Schubarth, do Cancioneiro Popular Galego e da dificultade de acceder aos arquivos sonoros que conservan as súas voces.
Medio rural
Reportaxe As mulleres rurais soñan con deixar de ser heroínas
A falta de servizos básicos no rural é a primeira pedra no camiño de quen quere vivir e desenvolver os seus proxectos fóra da cidade. Aínda así, o rural galego atópase á cabeza en canto a titularidade feminina respecto á media do Estado español.