Balea Cultural
Pier Paolo Pasolini, o poeta que facía películas

Para ser poetas, hai que ter moito tempo: / horas e horas de soedade son o único modo
para que se forme algo, que é forza, abandono, / vicio, liberdade para darlle estilo ó caos.
Eu, agora, teño pouco tempo: por culpa da morte / que se me ven enriba, no ocaso da xuventude.
Pero por culpa tamén deste noso mundo humano / que lle quita o pan ós pobres, e ós poetas a paz.
Ao Príncipe, Pier Paolo Pasolini, 1961

Pasolini_1
Pier Paolo Pasolini, imaxe de arquivo.
BALEACULTURAL.NET
23 jun 2018 11:30

Sabedes en que discusións sobre cine adoita saír Pier Paolo Pasolini? “As 10 películas máis extremas da historia do cine”, “As 10 películas máis polémicas da historia do cine”. A razón? Saló ou os 120 días de Sodoma, unha tolemia calculada que se convertería no seu sepelio, e que lle daría un posto sempiterno nestas listas, esquecendo que a súa figura pode mirarlle aos ollos a outros grandes do cinema italiano, coma Federico Fellini ou Michelangelo Antonioni. Pasolini merece, mereceu moito máis.

Aqueles que o coñeceron falaron sempre del coma un tipo misterioso e terriblemente contraditorio, aspectos que levou á súa arte. Nunca foi un tipo moi querido, a súa condición de marxista, ateo, homosexual e intelectual crítico coa burguesía e a Igrexa facía difícil a súa aceptación na sociedade italiana. O seu oficio facíao todo peor: poeta. Da poesía, que o fixo un personaxe recoñecido saltaría ó cine, buscando unha funcionalidade concreta nel.

Pasolini_2
Pier Paolo Pasolini rodando “Teorema” © Angelo Novi / Cineteca di Bologna, 1968

O interese de Pasolini no cine estaba atado intrinsecamente ao seu potencial poético. Entendía que o cine ten unha capacidade lingüística irracional, que se corresponde cunha calidade onírica moi forte. Para Pasolini, a comunicación que fai o cine a través das imaxes xorde de catro elementos: da realidade, da actuación, e os máis esenciais para el, a memoria e os soños. Explica que o cine se move no terreo destes, xa que coma nas películas, ao recordar e ao soñar, enchemos a nosa cabeza de ideas, planos e montaxe.

Para el, un escritor ten unha función soamente estética, mentres que o artista de cine ten unha dobre función; a lingüística e a estética, xa que non só ordena a linguaxe senón que crea unha nova: o significado que se substrae da comuñón de dúas imaxes, residindo aí a función poética do cine, cun potencial infinito, que depende só da experiencia de cada un. Así, a montaxe para Pasolini é a “morte do cine” en canto que rompe a representación da realidade pero é o inicio da creación da do relato, sendo necesario morrer para crear a historia. Esta idea especial da morte (tanto no sentido literal como no figurado) é vital na filmografía de Pasolini.

Pasolini entende a poesía como elemento de transgresión e de evolución social, e, polo tanto, o cine de poesía ten que perseguir eses ideais

A creación de significado das imaxes coas cales se forma o discurso dunha película tiña unha dobre natureza para el; un sentido obxectivo-narrativo e un subxectivo-poético. A crítica de Pasolini suxire que o cinema de masas baséase demasiado no primeiro sentido, o narrativo; e que non aproveita dunha maneira correcta o sentido que el considera máis puro, o poético, e de aí arraiga un estilo máis propio e persoal nos seus filmes.

Pasolini entende a poesía como elemento de transgresión e de evolución social, e, polo tanto, o cine de poesía ten que perseguir eses ideais. Así, compara o valor revolucionario do cine co seu valor poético, de maneira que o cine comercial, ao ser máis narrativo, controla este valor, e serve como somnífero para a audiencia, que tan só vería o cine como un medio de entretemento baleiro. O Pasolini director era un poeta, e polo tanto un revolucionario.

A forma de rodar de Pasolini era abrupta, dirixía desde as tripas e a planificación era burda, xa que o seu propósito distaba do narrativo ou formal, senón que fluía cara o icónico e poético. Pasolini podía facer unha película en dous planos, o xeral e primeiros planos, xa que era todo o que precisaba, nun conta e no outro expresa. Os actores non eran profesionais e as localización eran practicamente todas naturais, dous factores que veñen do neorrealismo, coma a cámara ao ombro, tamén habitual nos seus filmes. Di que “o cine debe imitar a realidade mediante a realidade”.

Pasolini_Porcile
Fotograma de Porcile (1969)

Nunha traxectoria coma a de Pasolini é difícil recomendar unha soa película, ou chegar a facerse unha idea de como vía o mundo sen facer un repaso completo a súa filmografía, tan caótica coma el. Desta forma, tentando facer unha aproximación taxonómica, observamos unha primeira etapa, quizais máis impersoal, na liña do neorrealismo imperante, que inclúe Accattone (1961), Mamma Roma (1962) e Paxariños e Paxarracos (1966), sendo esta última a máis interesante polo seu enfoque cómico e marcadamente marxista.

Pasolini rescatou varios mitos, reconvertíndoos en historias baixo unha óptica fresca e moderna con O Evanxeo segundo San Mateo (1964), Edipo Re (1967) ou Medea (1969). Na primeira, Pasolini conta a vida de Xesús, ensinando as ensinanzas da Biblia ao mundo moderno, de cara a propia Igrexa e burguesía do seu tempo, incidindo na súa hipocrisía. A película é considerada polo Vaticano a máis exacta que se fixo nunca sobre a vida de Xesucristo, e a súa viaxe fracasada para localizar en terra santa a película converteríase nun documental.

En tres anos fai as películas nas que amosa de forma máis clara a súa idiosincrasia, onde se reflicte mellor o que el era: un poeta visual.

En Edipo Re crea unha liña máis persoal e crítica, inicia o ascenso cara a representación da barbarie en que el cre que se localizaba a sociedade do seu tempo, que continuaría con Teorema (1968) e Porcile (1969). Facendo en tres anos as películas nas cales sitúa de forma máis clara a súa idiosincrasia, sendo nas cales se reflicte mellor o que el era, un poeta visual.

Mentres que en Edipo Re fai unha obra case autobiográfica, onde se identifica el mesmo con Edipo, partindo a narración entre o mito e a propia visión da infancia de Pasolini; esta dicotomía tamén se observa en Porcile, onde dous personaxes separados en tempo e espazo recorren un camiño semellante polas paixóns máis escandalosas e baixas do ser humano. É Teorema, baixo o meu punto de vista, na cal Pasolini estoupa de forma máis clara o seu potencial, nunha historia lírica e metafórica, orixinal, que foxe desa maneira de contar pequenos contos para facer unha obra máis total a pesar da súa sinxeleza en canto a contido e dirección, na cal unha especie de “anxo” transforma a vida dunha familia burguesa a través do sexo.

Onde de verdade explota o sexo e é na súa Trilogia della Vita onde adapta 3 obras clásicas que son conxuntos de contos. Nestas películas a sexualidade é o tema principal, e a partir dela, constrúe os filmes e os personaxes. Incluso a elección de actores responde ao tema, Pasolini elixe actores con faccións pouco agraciadas e de diferentes alturas, pesos e razas de cara a unha heteroxeneidade positiva, de novo, cunha visión actual en filmes de hai 40 anos.

Pasolini_Saló
Fotograma de Saló ou os 120 días de Sodoma (1975)

Porén, renegaría destas películas ao velas con perspectiva, sentíndoas coma un entretemento inocuo, achegado a ese cine que el odiaba. Dalgunha maneira, fártase e reacciona con furia cara sociedade italiana que non soporta a través de Saló ou os 120 días de Sodoma, onde deixa atrás todo o metafórico ou intelectual que presentaban as súas películas, para representar a barbarie da burguesía dunha forma directa, xa que a sociedade non é capaz de descodificar os seus mensaxes as súas imaxes serán máis explícitas.

O filme divídese en 3 partes diferenciadas, onde catro fascistas que representan a diversos estamentos burgueses fan pasar varios mozos provincianos por diversas situacións extremas. As tres partes identifícanse con 3 círculos do Inferno (Pasolini era un namorado da obra de Dante) e ao longo da película vanse sucedendo diversos episodios de violacións, coprofaxia ou tortura explícita. A película foi (está) prohibida e censurada en numerosos países.

Pasolini, non demasiado contento de como se recibira Saló, pensaba crear unha obra aínda máis esaxerada co fin de que a súa mensaxe calara e se vise o fondo do que quería dicir. Pero silenciárono. Falara demasiado claro e demasiado alto.

É necesario morrer para contar unha historia. E esta é a de Pasolini, o poeta, o director de cine. O xenio comprometido que morreu por amor a unha sociedade que odiaba, que quería salvar, que o matou. Era demasiado intelixente, demasiado rompedor, demasiado moderno, para vivir nela.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
México
Recursos naturales Los “millonarios del agua” aumentan el estrés hídrico de México
Bancos españoles y grandes corporaciones obtienen beneficios del agua ante un Estado que incumple su obligación de garantizarla. Más de un millón de viviendas en México se abastecen de forma recurrente por servicios de entrega privada de agua.
Energía
Juan Bordera “En la crisis energética, el tecnooptimismo es mesiánico y juega a favor de Trump"
El diputado en Les Corts se pronuncia sobre el apagón del pasado lunes y carga contra la forma en la que se están implantando las renovables. También señala el peligro de que el sentimiento antirrenovable cale entre la población.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Análisis
Energía El apagón de la liberalización: cómo el mercado eléctrico ha fallado a la ciudadanía
La liberalización no ha cumplido ninguna de sus promesas y ha generado riesgos estructurales para la economía, el medioambiente y la cohesión social
Opinión
Opinión ¡A la mierda Europa!
Hay otra Europa que es víctima de la Europa neoliberal y belicista que apuesta por la industria de las armas a costa de los derechos sociales, es una Europa que se muere de vergüenza cada vez que ve imágenes de Gaza o Cisjordania.
Laboral
Laboral Al borde de la huelga en la educación pública vasca
Los cuatro sindicatos convocantes denuncian que el Departamento de Educación vasco no se han sentado a dialogar hasta este viernes pocos días antes de los paros
Más noticias
Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Palestina
Ocupación Isarelí Primera movilización unitaria contra el genocidio en Palestina y por el fin del comercio de armas con Israel
Este sábado 10 de mayo se espera en Madrid una asistencia multitudinaria de personas venidas desde cientos de municipios de todo el Estado español para concentrar la protesta de los ataques indiscriminados del Israel contra la población palestina.
Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.