Balea Cultural
‘Thelma’: lesbianismo, relixión e superpoderes

Son moitas as películas que nos amosaron o illamento, a represión, a dificultade de sentirse diferente ou non encaixar nun determinado ambiente que te atrae e te atemoriza ao mesmo tempo. Poucas son capaces de ir tan lonxe na súa proposta como esta Thelma de Joachim Trier.

Thelma_1
Fotograma da película. Montages: International Edition
14 abr 2018 10:45

A cinta revélase como unha incursión norueguesa nos tópicos de bruxas levando o drama psicolóxico e o horror corporal a un mesmo punto e que, a través de sutís ideas visuais e obviando incómodos excesos discursivos ou manieristas, acaba por converterse nunha liberadora, poderosa e complexa revisitación do xénero fantástico.

O curmán afastado do polémico Lars von Trier (non é broma), Joachim Trier, sempre se sentiu atraído polo desamparo, o desapego e o duelo dos máis novos, aos que mostra tendo o mundo ao seu alcance sen poder atrapalo. Xa sexa por condicionantes familiares, caso da inxustamente deostada Louder than bombs (2015) ou da enfermidade, en Reprise (2006). A impecable e nihilista Oslo, 31 de Agosto (2011), malia as grandes diferenzas que cabe imaxinar, comparte o mesmo trasfondo que Thelma (2017): como atoparse a si mesmo cando non sabes aceptarte. Aquí apégase á vida da Thelma do título –unha soberbia interpretación da revelación norueguesa Eili Harboe– que trata de autodeterminarse cando, tras unha adolescencia sometida ao control férreo dos seus pais, descubrirá o seu lado máis escuro e a súa verdadeira natureza nun novo mundo de relacións e liberdades que lle ofrece a súa chegada á universidade.

A formulación do filme recorda ao da recente Crudo (2017): unha historia iniciática, feminina e relacionada cun segredo familiar que fai que o máis escuro do interior deixe de estar constrinxido para sacar unha perigosa e salvaxe realidade coa que aprender a vivir. Para ámbalas protagonistas préndese a chama da pulsión sexual, á cal responden dende a propia autorrepresión, dende a autocensura e a autocondena que traen aprendidas da casa. No caso de Thelma, a principal particularidade do seu espertar sobrenatural é que supostamente atenta contra os principios da moral relixiosa na que foi educada, pois o obxecto desexado non é un home, senón unha muller. Así, a culpa, a negación e a vergoña apodéranse do seu corpo, levándoa a sufrir unhas inexplicables sacudidas epilépticas que lle fan perder o control nos momentos máis inoportunos.

Thelma sitúase timidamente xunto a outros contos no que o espertar vital das súas novas heroínas coincide coa descuberta de superpoderes imposibles e irrefreables.

Da Carrie de Stephen King, que podía mover obxectos ao seu antollo a certa distancia, e que a base de practicar nun cuarto acugulado con estampas de Cristo –aquí tamén hai doses de simboloxía teolóxica– logra dominar; pasando por versións máis xerais do arquetipo, como Pícara de X-Men que similar á mutante, cuxo primeiro bico puxo ao seu mozo en coma, Thelma teme o perigo que desataría o seu contacto con Anja (Kaya Wilkins), a rapaza da que se namora; ou Elsa de Frozen, como o filme de Disney, Thelma desenvólvese, en parte, nunha paisaxe nevada que está en consonancia coa aridez emocional da historia.

A idea das convulsións psicoxénicas non epilépticas é real. Estas non teñen efectos paranormais, pero hai unha gran cantidade de aspectos da experiencia psicolóxica e somática do corpo humano que son difíciles de explicar. Tiven que investigar un pouco. Unha estimable porcentaxe de homosexuais sofren, na idade adulta, trastornos similares aos que provoca a síndrome de estrés postraumática; trastornos causados por continuadas discriminacións, agresións ou simplemente porque viviron nun contexto represor que, na persoa, provoca sentimentos de culpa. Estes trastornos vense acrecentados se durante a infancia a contorna é fondamente relixiosa.

Thelma_2
"Señor, sálvame destes pensamentos", reza Thelma (pero non está claro que pensamentos exactos quere desbotar). Montages: International Edition

As imaxes relixiosas son abundantes, dende as serpes que imaxina a protagonista –nunha das escenas lésbicas máis sensibles e sensuais que unha servidora ten visto. Excitación sen exhibición, dende a suxestión máis absoluta–, ata a auga bautismal e o sangue da feminidade mesturada co leite virxinal no piso. Trier emprégaas como unha metáfora á liberdade que procura Thelma; cada vez que aparecen estes ataques hai escenas sombrías, ruídos estarrecedores e alegorías bíblicas, pero sen o balbordo ou os efectos habituais do xénero, o que lle dá novos significados e temores asociados á reinterpretación do mito da bruxa escandinava. É dicir, o uso do sobrenatural ten aquí unha razón de ser no fondo e forma da cinta.

Thelma_3
Thelma e Anja danse a man e, a medida que aumenta a tensión sexual entre elas, tremen os cementos do teatro ao estilo Brian De Palma. Montages: International Edition

Arquivado en: Cine Balea Cultural
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.