A Catapulta
A Catapulta 01x05 Bratzantifa
A Catapulta activa de novo os seus mecanismos para coñecer o traballo do grupo ferrolán Bratzantifa, as autodenominadas “hooligans do blandito”. Aos mandos da Catapulta está o poeta Samuel L. París.
No programa “A Catapulta”, ademais de coñecer máis en profundidade a labor de poetas e persoas vinculadas á poesía, fálase sobre a súa situación e do seu día a día, dun xeito distendido e relaxado. O programa tamén conta cunha axenda mensual de eventos poéticos para non perder nada do que está a se mover no mundo da poesía galega.
Ademais de poder seguir o programa en directo, puidendo interactuar durante a emisión a través do chat de Twitch e Youtube, cada episodio queda dispoñible para revisión nestas dúas canles e tamén está dispoñible en formato podcast posteriormente a través da web do Salto. E, desde hai uns días, A Catapulta tamén se pode escoitar dentro da programación de El Salto Radio, a emisora online de El Salto.
Podes escoitar ou ver os programas anteriores nas pezas que están a seguir. Lembrade que regresamos en setembro, temos que poñer a punto a nosa máquina para o asalto poético.
A Catapulta
A Catapulta 01x01: Nuria Vil
A Catapulta
A Catapulta 01x02: Lúa Mosquetera
A Catapulta
A Catapulta 01x03 X.M. Xespi
A Catapulta
A Catapulta 01x04 Edicións Malafera
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!