A Catapulta
A Catapulta chega ao seu décimo episodio coa visita da poeta Helena Salgueiro

“A Catapulta”, o programa sobre poesía do Salto Galiza nas plataformas Twitch e Youtube, recebeu o pasado martes 20 de febreiro a visita de Helena Salgueiro poeta, performer, directora escénica, coreógrafa e investigadora. O seu traballo, que ten amosado en Galiza, Portugal, Suecia, Reino Unido e Arabia Saudí, céntrase na performatividade do corpo a través da linguaxe e do movemento.
No programa “A Catapulta”, ademais de coñecer máis en profundidade a labor de poetas e persoas vinculadas á poesía, fálase sobre a súa situación e do seu día a día, dun xeito distendido e relaxado.
Aos mandos da Catapulta está Samuel L. París. Ata a data contou coas visitas de Nuria Vil; Lúa Mosquetera; X.M. Xespi; Bratzantifa; Branca Trigo e Alfredo Vázquez, de Edicións Malafera; Lupe Blanco; Diego Horschovski; Daniel Landesa e Fran Alonso. Escoita mais aquí.
Tamén no Ivoox
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!