21 ene 2025 10:00

Columna Vegana é un grupo musical quen de pór música a unha oda ao xamón que Otero Pedrayo escribiu de sobremesa. Isto abondaría para que todas as miradas se virasen cara a este conxunto que botou a andar en Mollavao (Pontevedra) no 2019, pero aínda contan con máis argumentos: concertos cun enfoque performativo e mesmo teatral, unha enorme capacidade literaria para a ironía e unha ampla variedade de recursos musicais que conforma un variado repertorio.

A Catapulta, o programa sobre poesía que dirixe e conduce Samuel L. París, recibe o dúo pontevedrés para coñecer mellor a súa historia, os seus procesos creativos, a súa visión sobre a escena actual da música galega e a importancia de espazos como o Liceo Mutante para a cultura do país. Tamén adiantan algúns detalles do seu inminente novo álbum, Pequenos Éxitos, e do concerto que darán o vindeiro sábado 1 de febreiro no Playa Club da Coruña abrindo para o colombiano Julián Mayorga.

Como sempre, cada episodio pode escoitarse en formato podcast en Ivoox e Spotify.A Catapulta volverá o luns 10 de febreiro para conversar coa poeta e xestora cultural Yolanda Castaño.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...