O poeta e dinamizador cultural Diego Horschovski visita A Catapulta

Diego é o director do Poetry Slam Compostela, de micros abertos na cidade compostelá, dos eventos de divulgación Filosofía a Pé de Rúa e do festival Luz Poética.
19 oct 2023 19:00

A Catapulta, o programa sobre poesía do Salto Galiza nas plataformas Twitch e Youtube, contou o pasado luns 16 de outubro coa visita de Diego Horschovski. Ademais de poeta, Diego é o director do Poetry Slam Compostela, de micros abertos na cidade compostelá, dos eventos de divulgación Filosofía a Pé de Rúa e do festival Luz Poética. De feito, na conversa que mantivo con Samuel L. París aproveitou para comentar e revisar o programa da segunda edición do festival inspirado na figura da poeta Luz Fandiño, que vai ter lugar en Compostela do 23 ao 29 de outubro, a vindeira semana.

No programa “A Catapulta”, ademais de coñecer máis en profundida a labor de poetas e persoas vinculadas á poesía, fálase sobre a súa situación e do seu día a día, dun xeito distendido e relaxado.

“A Catapulta” está conducida polo poeta Samuel L. París. Contou ata agora coas visitas de Nuria Vil; Lúa Mosquetera; X.M. Xespi; Bratzantifa; Branca Trigo e Alfredo Vázquez, de Edicións Malafera; e a regueifeira Lupe Blanco, que podes ver ou escoitar premendo aquí.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...