Centros sociales
“Pensando na cidadanía atoparanse espazos de diálogo máis coherentes”

Modelos de xestión de espazos onde convivan institucións, veciños e axentes sociais: "Unha utopía que se cadra non está tan lonxe".

Diego Garulo
Diego Garulo nunhas Xornadas de Participación Xuvenil celebradas na Coruña. Pablo Santiago

Diego Garulo é xestor cultural e técnico da Sociedad Municipal Zaragoza Cultural. Coordina o proxecto Harinera ZGZ, unha antiga fábrica que quedara baleira e agora está recuperada, segundo a web do proxecto, como “un espazo para a cultura comunitaria”. Falamos con el de Harinera, do conflito do CSO A Insumisa co Concello da Coruña e do futuro destes proxectos culturais participativos.

Para a xente galega que non coñeza o proxecto, que é Harinera?
Basicamente é un equipamento público municipal convertido nun espazo creativo no que o factor diferencial é o modelo de xestión. En lugar de ser un espazo dirixido desde o público, é un espazo que se abriu á participación real da cidadanía no que as decisións que teñen que ver co espazo, son tomadas nunha asemblea na que participan en condicións de igualdade a Sociedad Municipal Zaragoza Cultural, asociacións veciñais e axentes culturais e sociais que decidiron involucrarse. Somos unhas 50 persoas e é un modelo que está funcionando.

Dise que Harinera é un unicornio.
Porque é unha nova forma de institucionalidade. Estamos acostumados a que as institucións sexan dirixistas e que os xestores sexan funcionarios. Non existen marcos de recoñecemento legal deste tipo de institucións e fai que estas iniciativas sexan tan difíciles de ver. Por iso Jaron Rowan lles chama unicornios, porque aínda estamos no proceso de darlle forma xurídica e cabida á participación real da xente na xestión de espazos públicos.

Na recuperación do espazo traballaron o colectivo Llámalo H, unha asociación de veciños do barrio e a Sociedad Municipal Zaragoza Cultural. Como foi o proceso?
A fábrica de fariñas pecha en 2001 e a asociación veciñal do barrio pide que se converta nun espazo cultural. O concello recupera o edificio que estaba en mans privadas pero o proxecto queda parado. En 2013 os veciños volven reivindicar con forza esa reapertura de Harinera e encárgannos a redacción dun borrador dun proxecto de usos para o espazo. Viñamos do 15M e de traballar na candidatura de Zaragoza Capital Europea da Cultura; detectamos que había unha demanda por parte da xente do ecosistema cultural para participar nas políticas culturais e na xestión; non só consumir. Fixemos este proxecto, contra todo prognóstico aprobouse no concello e saíu adiante.

Agora que o proxecto está consolidado, cal é o papel do concello?
Principalmente o de facilitador. Na asemblea participamos en igualdade co resto de actores, podemos propoñer e opinar pero a asemblea toma as decisións.

Si que temos capacidade de veto cando hai escenarios que non cumpren a legalidade porque o espazo é público e ten que cumprir coa Lei da Administración Pública

A partir de aí acompañamos o proceso co horizonte de futuro de ceder a xestión íntegra dos contidos cando o colectivo estea preparado. No que se refire ao edificio a gran vantaxe fronte a un espazo autoxestionado é que nos ocupamos do mantemento, limpeza e deste xeito permitimos que os grandes dramas dos espazos de autoxestión, que normalmente son cousas como “quen limpa o baño” ou “quen ten a chave”, estean resoltos e o colectivo poida centrarse na vertente cultural dos proxectos.

Harinera ZGZ
Actividade en Harinera ZGZ, espazo cultural no Barrio de San José (Zaragoza). Chabi Foto

Chegados á situación actual entre o CSO A Insumisa e o Concello da Coruña. Que ten que poñer cada parte da súa man para resolver o conflito?
Por parte da institución, recoñecer e valorar a autoxestión dunhas persoas que poñen o seu esforzo para conseguir que un espazo abandonado se converta nun espazo vivo e cultural. O colectivo penso que debe seguir o camiño que están tomando a maioría de espazos de autoxestión, como La Ingobernable ou La Casa Invisible en Málaga, que é buscar espazos nos que dar cabida ao comunitario dentro do público defendendo a autonomía da xestión pero aproveitando a oportunidade que supón o feito de poder traballar nunhas condicións mellores e nun espazo rehabilitado. É lóxico que un colectivo destas características non se deixe levar pola primeira proposta que se lles faga desde a institución, pero mantendo a súa identidade, o percorrido máis lóxico é dialogar.

O día que se consiga que un espazo autoxestionado sexa recoñecido pola institución en condicións dignas, abrirase unha porta para o recoñecemento de todos eses espazos que están en precario

É o único horizonte de futuro e unha demanda da cidadanía real que as institucións teñen que atender.

Entón, a solución pasa polo achegamento entre institución e colectivos?
Todos temos en mente o espazo do asilo de Nápoles, que foi unha conquista social brutal na que un colectivo sen forma xurídica xestiona ese espazo co recoñecemento da institución a través dunha asemblea e dun funcionamento autónomo pero coas garantías dun espazo acondicionado e un recoñecemento do público. Sería a utopía de funcionamento destes espazos de cultura comunitaria, e resulta que nalgúns escenarios esa utopía se cadra non está tan lonxe.

Sempre foi un tema non abordado...
Ignorábase ou enviábase á policía a desaloxar. Son escenarios que agora se puxeron no foco e hai que aproveitar esa situación para conseguir que ao final o que penso que toda a xente que reivindica eses espazos busca, que calquera persoa poidamos producir a nosa propia cultura e decidir sobre como queremos vivila.

Como verías un desaloxo no caso da Insumisa?
Pareceríame moi triste, sería un fracaso das dúas partes. O colectivo ten un escenario de oportunidade real no que non perder esa autonomía e defender a morte o seu modelo de xestión nun espazo recoñecido.

Por que é tan difícil o entendemento entre institucións e colectivos sociais?
É moi complexo harmonizar os tempos duns e doutros. Ás veces a institución ten moita présa ou hai trabas burocráticas preexistentes que complican os procesos. Nós vivimos isto no proceso de Harinera. Despois xa é unha cuestión de como entendemos o feito de formar parte do público, en que medida pensamos en clave cidadá ou en clave individual... Pensando na cidadanía atoparanse espazos de diálogo máis coherentes. Se a tendencia é partidista por parte da institución ou individualista por parte dos colectivos é moi difícil atopar puntos de encontro. Pensando en como a cidadanía pode ter espazos de participación de mellor calidade, o punto de encontro será moito máis accesible.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Granada
Represión La policía desaloja el centro social La Madriguera en Granada
El dispositivo policial ha echado a decenas de activistas del edificio, el pasado enero la empresa AMA Desokupa intentó cerrar el centro social con el apoyo policial en una operación que se saldó con cuatro personas heridas y una persona detenida
Madrid
Centros sociales Suspendido y sin fecha, el desalojo del Centro Social La Animosa
Previsto para este lunes 26 de mayo, retrasado después de un primer intento del 7 de mayo, el centro social recibió a última hora del viernes pasado una notificación del juzgado anunciando la suspensión.
Málaga
Centro Sociales La Nave sale a la calle frente al cierre cautelar del Ayuntamiento de Málaga
Bajo el lema “ante el cierre de nuestro espacio, ocupamos la ciudad” el CSCA La Nave organiza un acto público el sábado 24 de mayo a las 18:00
#7962
7/2/2018 12:52

Harinera Zaragoza es una de las madrasas podemitas de ZeC. (Zaragoza en común). Aquí tienen entretenidos y bien bebidos a los "indignados". (véase segunda foto).

0
1
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.