Cine
Quince películas galegas (curtas e longas) de Filmin para superar as festas

Nos anos dez e vinte deste século, o cinema galego está a experimentar unha eclosión sen precedentes. Aquí vai unha achega a algunhas das mellores propostas audiovisuais feitas dende Galiza no catálogo de Filmin.
Filmes galegos filmin - 16
9 ene 2025 05:30

Nos últimos dez anos, o sector audiovisual en Galiza experimentou a creación de ducias de novas propostas en tódolos campos do cinema. Nesta texto, achegamos unha escolma de quince das mellores longametraxes e curtametraxes que atopamos activas no catálogo de Filmin para saír e superar as festas.

1. Eroski-Paraíso (Jorge Coira e Xesús Ron, 2019)

Retranqueira, Eroski-Paraíso é dos poucos filmes que usan o distintivo humor galego con perspectiva e conciencia de clase. Un filme que será de culto para quen saiba apreciar a maestría dunha boa comedia. Salvemos á comedia e a comedia salvaranos a nós!

eroski paraiso

2. Todas as mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro, 2018)

Xiana do Teixeiro demostra en Todas as mulleres que coñezo o consenso na violencia contra as mulleres. Nun relato interxeracional, colectivo e sinxelo —como deben tratarse os temas que nos afectan a todas— explica as estruturas que sosteñen esa violencia, cunha factura impecable a nivel de montaxe. Accurate nowadays!

Filmes galegos filmin - 15

3. Ser e voltar (Xacio Baño, 2014)

O debut de Xacio Baño, Ser e voltar é un filme curto e sensible, cunha dirección presente e ao mesmo tempo invisible, que desfruta do momento da rodaxe. Familiar, íntima e perfecta.

Filmes galegos filmin - 14

4. Matria (Álvaro Gago, 2017)

A curta que deu pé á longametraxe homónima. Ramona é o símbolo de mulleres que sustentan sen descanso e sen recoñecemento. De Matria extráese a crítica coa propia idea extendida do matriarcado galego. Que a resiliencia non se confunda con comer merda sen queixarnos!

Filmes galegos filmin - 13

5. Tatuados nos ollos levamos o pouso (Diana Toucedo, 2022)

Impactante que a directora Diana Toucedo consiga un nivel de proximidade tan alto coas persoas retratadas, todas elas amosándose sempre cómodas e confiadas con ela. A pesar da mistura de formatos en Tatuados nos ollos levamos o pouso a cámara nunca é un elemento disruptor da narrativa.

Filmes galegos filmin - 12

6. O que arde (Óliver Laxe, 2019)

O que arde é relato persoal sobre a problemática dos incendios en Galiza, con actuacións brillantes e naturais, onde a fronteira entre a realidade e a ficción pérdese por momentos.

Son os incendios causados por pirómanos? Pregunto. Porque o punto de vista do relato é tamén, as always, política!

Filmes galegos filmin - 11

7. Costa da Morte (Lois Patiño, 2013)

Excepcional traballo de fotografía do aclamado Lois Patiño. Costa da Morte é un filme contemplativo, marabilloso nos tempos, coma unha viaxe a un país descoñecido. A elección de non amosar ás persoas en primeiro plano pero escoller si á paisaxe e o son en primeiro plano despersonaliza, imprime á xente no territorio. Fai que a peza semelle case un obxecto raro, un souvenir.

Filmes galegos filmin - 10

8. 9 Fugas (Fon Cortizo, 2020)

A ópera prima de Fon Cortizo é a definición de experimental. 9 Fugas é un filme sensorial onde a sinfonía musical é a que une os nove episodios da trama. É xenial como encaixa a construcción do relato cruzado, orquestado, con actuacións que se sinten familiares. É un filme que xoga na casa.

—Impresionante como aproveita a forza da terra a bailarina Olga Cameselle nas Salinas de Ulló—.

Filmes galegos filmin - 9

9. Nación (Margarita Ledo, 2020)

Están os filmes e despois están os filmes importantes para a nosa historia.

Para as amantes do marcado cinema de autora de Margarita Ledo, que bebe das cineastas feministas como Chantal Akerman o Vardà. Nación é un bastión da súa obra. Un filme histórico, que xoga co tratamento das personaxes e o seu texto, nese sentido lembra a Vidros Partidos (2012) de Víctor Erice. A cineasta mantén en todo momento unha dirección firme e ancorada a rescatar a memoria. É un respiro asistir a unha película tan moderna. No sentido total desa palabra. “Non traballedes nunca gratis por favor!”, “a la mierda!”.

Filmes galegos filmin - 8

10. Sandwich Cat (David Fidalgo, 2022)

No outro extremo de Nación atopamos esta xoia da animación, de David Fidalgo, Sandwich Cat, un cotián absurdo sobre David Fidalgo. E un gato. Non pretende, é humilde, é divertida e joder quen non fantaseou nunca coa apocalipse? Esta é unha opción, mágoa que está en castelán!

Filmes galegos filmin - 7

11. A comuñón da miña prima Andrea (Brandán Cerviño, 2021)

A comuñón da miña prima Andrea é unha curta nesta mesma liña fresh que a anterior. Funciona coma un conto. Reúne moito do que atopamos nas correntes actuais de documental contemporáneo —uso de fotografía de arquivo propio apoiada con voz en off e manipulada, límites difusos entre o documental e o falso documental, mestura de formatos e aspect ratio—. Axudan a montar este conto da súa prima os efectos de Pablo Lamosa e a música de Boyanka Kostova.

Filmes galegos filmin - 6

12. Unicorn Wars (Alberto Vázquez, 2022)

Tan cuqui como espeluznante, podería servir como fábula para aprender a non fiarnos dos neons rositas, as voces suaves e os arco iris xamais. Reflexiona sobre a orixe do mal e do bondadoso rompendo os esquemas peluchiles e, por iso, contra todas as aparencias, Unicorn Wars non é un filme infantil.

Filmes galegos filmin - 5

13. Negro Púrpura (Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva, 2021)

Negro Púrpura é un documento extremadamente ben fundamentado sobre o papel do fungo alucinóxeno que gardan algúns cereais en Galiza, que leva existindo desde a prehistoria. Apto para freaks! E recomendado para ver antes de O Corno de Jaione Camborda.

Filmes galegos filmin - 4

14. Arima (Jaione Camborda, 2019)

Arima é a historia de catro mulleres e unha crianza ao Jaione Camborda, con moita sororidade e preguntas sen resolver, como nos ten acostumadas a directora, gañadora da Concha de Oro no Festival de San Sebastián en 2023. Hashtag Orgullo. Hashtag InJaioneWeTrust. Este foi o seu traballo de fin de carreira, levoulle moitos anos conseguir producilo e é toda unha declaración de intencións do que será o seu cinema.

Filmes galegos filmin - 2

15. Os días afogados (César Souto Vilanova e Luis Avilés Baquero, 2015)

Os días afogados é unha historia —outra historia repetida xa para as galegas— sobre como unha multinacional arrasou co territorio para a riqueza duns poucos. Por desgraza, un filme de rabiosa actualidade.

Filmes galegos filmin - 1
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.