Constitución
A Constitución que o pobo galego non referendou

Cúmprense 40 anos dun referendo no que a sociedade galega tivo un comportamento moi particular, e que fai difícil asegurar rotundamente que aprobase a Constitución.

Cartaz do BNPG en 1978
Campaña do non a constitución por parte do BNPG no ano 1978. Colección persoal M. Becerra Martínez.

@ojodecondor

6 dic 2018 11:54

Corenta anos despois do referendo de aprobación da Constitución asistimos, como todos os decembros, ao habitual espectáculo de enaltecemento das supostas bondades producidas polo réxime do 78 e da Carta Magna que o cimentou. Vértense ríos de tinta en redaccións ao longo de todo o Estado para encomiar a bendita Constitución, que abriu o período de concordia e paz máis prolongado que coñeceu España nos últimos séculos, segundo din. “A Constitución que nos demos”, repiten unha e outra vez tertulianos e políticos, para logo dicirnos que non se pode cambiar porque “foi votada polo pobo español”. Pero, e o pobo galego, votouna?

Tal e como se ten explicado máis dunha vez, o proceso electoral que precedeu ao referendo non estivo carente de polémica, e o contexto no que se deu non foi o ideal para falar dun referendo con todas as garantías, polo menos non con todas as garantías que se esixirían en ocasións posteriores. Con todo, existe outra cuestión exclusiva de Galiza que fai máis pertinente dubidar do apoio do pobo galego á Constitución: os índices de participación.

Un 49,8% dos votantes galegos decidiron non acudir a votar aquel 6 de decembro. Se a isto sumamos os votos negativos contabilizados, chegamos á conclusión de que tan só o 44,69% do censo galego ratificou a Carta Magna votando polo si.

Un total de 2.107.613 galegos foron convocados a votar o 6 de decembro do 78, dos cales tan só 1.058.042 -un 50,2%- exerceron o seu dereito. As provincias de Ourense, co 39,4%, e Lugo, co 41,8%, foron as dúas provincias de España con menores índices de participación. A Coruña e Pontevedra, provincias que concentraban os núcleos urbanos de maiores dimensións da Galiza, rexistraron uns índices de participación do 54,5% e do 55,2%, respectivamente. Desta forma, un 49,8% dos votantes galegos decidiron non acudir a votar aquel 6 de decembro. Se a isto sumamos os votos negativos contabilizados, chegamos á conclusión de que tan só o 44,69% do censo galego ratificou a Carta Magna votando polo si. Pero, a que se debeu este comportamento?

Unha das razóns, habitualmente aducidas, para explicar os altos índices de abstención que rexistrou o referendo na Galiza é a posición do nacionalismo e da esquerda galega fronte ao mesmo. E é que nos anos inmediatamente previos e posteriores á morte de Franco o movemento nacionalista galego tomou un gran impulso en distintos sectores da cidadanía. Así o cre a escritora e política Elvira Souto (A Coruña, 1947), que naqueles anos exerceu como Secretaria Xeral da Unión do Povo Galego, e que asegura que “se o nacionalismo era unha cousa de pouco impacto uns anos antes, despois do que aconteceu no 75 –no que houbo unha morte [a de Moncho Reboiras, asasinado pola policía en Ferrol en agosto dese ano], persoas presas, e moita xente que foi detida– o movemento comezou a medrar, e todo aquilo tivo unhas consecuencias que nós non esperabamos, porque a xente empezou a coñecernos máis e houbo unha resposta popular moi curiosa”.

A esquerda nacionalista aliñouse contra a Constitución española e fronte a todo o proceso que se deu en chamar de ‘Transición Democrática’

Tal e como sinala Souto, o movemento nacionalista tivo un forte empuxe neses anos, sendo a UPG o actor principal do mesmo. “Houbo un ascenso moi notable do nacionalismo, houbo unha chea de persoas que adhiren á idea, e que se inscriben nos partidos, en concreto na UPG, que naqueles momentos era o que con diferenza tiña mais xente afiliada”. É neste contexto no que, conxuntamente con outras forzas entre as que aparecen partidos como o Partido Socialista Galego e o Movemento Comunista Galego, nace o Consello de Forzas Galegas, no ano 76, como plataforma unitaria para aglutinar ás forzas que non se adherían ao proceso de Transición aberto no seo do Estado. Tal e como sinala o Doutor en Historia e profesor da Universidade da Coruña, Uxío-Breogán Diéguez (Madrid, 1978), “a esquerda nacionalista na Galiza aliñouse contra a Constitución española e fronte a todo o proceso que se deu en chamar de ‘Transición Democrática’; entendendo que co mesmo non se procuraba desartellar estruturalmente a ditadura militar franquista, senón procurar a reformulación, na súa aparencia e forma xurídico-político-administrativa, dun sistema que xa resultaba extemporáneo e que tiña que achar ou seu encaixe no sistema dominante, no marco dunha economía capitalista mundial e a partir da súa homologación no ‘mercado común europeo’ .

LCR non constitución do 1978
Foto dunha pegatina propagandística da Liga Comunista Revolucionaria. Colección persoal M. Becerra Martínez

Este Consello de Forza Galegas promulga, no ano 76, as Bases constitucionais para a participación da nación galega nun pacto federal e de goberno provisorio galego, no cal se sintetizaban as reivindicacións da esquerda nacionalista e dos seus socios. Neste sentido, a proposta constitucional referendada no 78 non satisfacía as demandas presentadas nas Bases constitucionais, o cal levou ao rexeitamento da mesma. En palabras de Elvira Souto: “o corsé da Constitución non nos chegaba para poder por en práctica o noso programa, era moi axustado, e entón chamamos ao non ou á abstención”.

Esta posición é compartida pola escritora feminista Nanina Santos (Padrenda, 1951), que naquel momento era membro do Movemento Comunista da Galiza. “ Lembro que no momento no que se planifica a Constitución a esquerda divídese entre a esquerda que vai votar non, e a esquerda que se vai a abster...eu estaba entre os que se ían abster...pero digamos que a crítica, o que é a crítica que ven destes dous sectores da esquerda, coincide case totalmente”, afirma. Para ela, a Constitución chocaba en moitos sentidos coas aspiracións da esquerda, en particular “no tema do poder que se daba ás forzas armadas e na configuración do territorio” mais “tamén había moitas outras reivindicacións, como as que viñan do movemento feminista”.

Galiza estaba, maioritariamente, á marxe do sistema político español, sen dinámica de participación en clave democrática, e a mobilización política, após corenta anos de ditadura, era moi difícil e complexa fóra do ámbito urbano e vilego.

Así, a esquerda galega chamou tanto á abstención como ao voto negativo no referendo. Con todo, cal era a influencia que estas forzas tiñan sobre a cidadanía galega? Pódense explicar os índices de abstención rexistrados baseándose na posición que estes partidos tomaron? Santos cre que “seguramente dende a esquerda que se chamaría hoxe máis radical eramos pouco realistas, no sentido de non entender en que sociedade estabamos”. Esta posición é compartida por Diéguez, quen asegura que “electoralmente, no que ten a ver co referendo do 6 de decembro, dada a escasa influencia daquel nacionalismo (feito a si mesmo e en proceso de maduración; e que optou polo ‘non galego e popular’ naquel referendo constitucional, por ser a Carta Magna ‘española e colonial’, tal e como se podía ler na campaña do Bloque Nacional-Popular Galego), acho que debemos explicar os resultados do devandito referendo atendendo a outras realidades”.

Segundo o historiador, tampouco pódense explicar os resultados pola posición de rexeitamento ao marco constitucional tomada pola ultradereita. “A ultradereita era, estruturalmente, o sistema en si mesmo, con características en territorio galego que a facían diferenciarse da ultradereita española doutros territorios” afirma, para logo engadir que “diante do referendo do ’78 esa ultradereita comprendeu, a partir do deseño realizado polas elites franquistas, que debía mudar formalmente e sumarse ao proceso ‘democratizador’, para seguir gozando do poder”.

Entón, como explicar os altos índices de abstención? Tanto Diéguez como Santos coinciden en sinalar un factor fundamental para entender a sociedade galega e o seu comportamento electoral: o seu marcado carácter rural. Para Santos, ademais de tratarse dunha sociedade rural, a sociedade galega “estaba aínda moi desinformada, cun nivel de analfabetismo moi alto”. Esta posición é compartida por Uxío-Breogán, que cre que os resultados explícanse en parte “polo feito de estarmos a tratar dunha sociedade rural, moi dispersa, pouco tecnoloxizada, onde a presenza dos medios de comunicación, para alén da prensa, e radio, nomeadamente da televisión, era escasa e diante da cal o atractivo da Constitución estaba ausente ou, simplemente, non era críbel” . Mais o historiador apunta tamén ao illamento de Galiza no contexto do Estado como un factor clave: “que só votara o 50% do electorado galego debeuse a que a Galiza da altura estaba, maioritariamente, á marxe do sistema político español (desvertebrado e sen desexo dun sistema alternativo en clave galega, após o tempo republicano e a dura represión...), sen dinámica de participación política en clave democrática, e a súa mobilización política, após corenta anos de ditadura, era moi difícil e complexa fóra do ámbito urbano e vilego.” Desta forma, a esquerda nacionalista na Galiza aliñouse contra a Constitución española e fronte a todo o proceso que se deu en chamar de ‘Transición Democrática’

Pero se en algo coinciden Diéguez, Santos e Souto é en que non é posible afirmar rotundamente, en vista dos resultados, que a sociedade galega referendase a Constitución. “Creo que con esa participación non podes dicir categoricamente que Galiza é constitucionalista”, sinala Santos, mentres que Souto vai máis aló, para afirmar que “o pobo galego non é o español, entón o que votou o pobo español votaríano eles, alá eles se quixeron votar iso, así lles vai con ese Rei, pero os Borbóns non están alí por nós”

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Chile
Chile Daniel Jadue: “4,8 millones han creído en una Constitución que es la que la mayoría del pueblo chileno quiere”
El exalcalde de la localidad chilena de Recoleta se encuentra actualmente en arresto domiciliario por un contencioso con las farmacéuticas. Desde su Ayuntamiento puso en marcha una experiencia pionera: las farmacias populares.
Opinión
Laicismo Cementerios públicos, enterramientos y ritos religiosos
Que el Estado español se define constitucionalmente como aconfesional parece, más que una realidad, un objetivo que se antoja a muy largo plazo.
Ley de Amnistía
XV Legislatura Puigdemont pide abandonar “la vía judicial contra el independentismo” para apoyar una investidura
El líder de Junts apuesta por la amnistía y por el final de la vía autonómica en un escenario de nuevas relaciones con el Estado que puede determinar el nuevo ciclo político.
#27349
7/12/2018 15:58

Pois non votarían daquela, mas hoxendía o "constitucionalismo" español e o entreguismo a violencia de castiya ocupan 69 escanos dao parlamento da CAG. E dos outros 6 tampouco cabe esperar milagres, peroweno. Iso si, supoño que a semente daquel tempo medrou na CIG, primeira forza sindical e caso único dentro de sindito próprio dentro da gaiola chamada reino de espanya.

0
0
#27322
6/12/2018 19:21

Necesario artigo para lembrar quen estivo sempre coa ruptura do réxime.

0
0
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.