Consumo
Tempos de lucidez embotellada

Os danos provocados polas substancias alcohólicas permanecen infravalorados no conxunto da sociedade, que vencella estes produtos a calquera reunión festiva. O colectivo de farmacéuticos da Coruña impulsa unha campaña na que convida á xuventude a gozar en condicións óptimas do lecer mentres se reflexiona sobre a nova lei do alcol.

Alcoholismo
A inminente lei estatal do alcol pon énfase nos menores de idade. Manu Navarro
23 jul 2018 11:54

O lazo cultural e social entre bebidas alcohólicas e reunións informais ou celebracións en grupo é tan forte que este texto semella unha pinga de auga potable destinada a perderse no cheirento caudal da rutina festiva.

O lecer e as datas máis sinaladas invitan a xuntarse e saír para compartir bromas, gozar do ambiente, escoitar música atractiva, contactar con outras persoas; mais sobre todo, sáese para honrar a un semideus nocivo que protagoniza dende o primeiro minuto referencias frívolas e apaixonadas.

As bebidas espirituosas, en realidade, actúan coma depresores sobre o sistema nervioso central. A fascinación dalgúns comentarios en plena xornada de esmorga transmite a percepción contraria. O mitificado alcol benefíciase da autosuxestión colectiva. E o ser humano é o único animal que acredita as propias ficcións e idolatrías abstractas.

A concepción machista da sociedade inflúe tamén nesta práctica: os consumidores compiten por presumir de resistencia, de adestramento, de “amortizar” barras libres e tolerar grandes ofertas. Unha pugna verbal por converterse no borracho alfa.

A noción de que unha noite sen un mínimo de alcol só pode ser aburrida e previsible acada a categoría de dogma. A consigna é moi clara: non hai opción, fano os demais, o costume chega de lonxe, ten que gustarche se non pretendes ficar fóra de xogo. O cambaleo provocado polas consumicións, dende esta perspectiva, resulta gracioso e non lamentable.

O paradoxo espectacular consiste en que a rebeldía, neste caso, supón achegarse ao politicamente correcto. A ese afán transgresor apela a campaña presentada polo Colexio Oficial de Farmacéuticos d’A Coruña (COFC) durante a primavera: cómpre levarse a contraria a si mesmo cando agredimos de xeito voluntario a nosa saúde.

PROHIBIDO GOZAR DA VIDA

O escenario é tan lúgubre como sinxelo: unha cidade de ambiente pesado e conmovedor apenas acolle actividades estimulantes porque hai carteis de “prohibido” en puntos específicos e lugares de tránsito. Non se permite facer deporte. Nin ler un libro. Tampouco asistir ao cine. Nin tan sequera bicarse con outra persoa. Quen o impide? Un mesmo, negando as súas facultades naturais.

Héctor Castro, presidente do COFC, sinala que este colectivo profesional procura ficar “preto de todas as preocupacións a pé de rúa, pois non só se traballa na prevención de enfermidades; ademais, promociónase a saúde, e diversos informes recalcan que a idade de inicio no consumo de alcol é cada vez máis temperá, aproxímase aos 13 anos e medio, e existe unha percepción de escaso risco ao redor destes produtos”.

Os investigadores da University College London corroboraron a través dun estudio recente, como explica un artigo publicado pola BBC a mediados de maio, que “a abstinencia do alcol en persoas que beben de forma moderada ou alta ten un impacto positivo no colesterol, o peso corporal e a presión arterial”, e reduce a posibilidade de padecer doenzas graves.

Os titulares da prensa ao redor de estudos relacionados co alcol recollen de cando en vez información que vira cara a outro sentido. Algunhas novas aluden a posibles vantaxes dalgunhas destas bebidas: os beneficios cardiovasculares dunha inxestión prudente pero diaria de viño, ou propiedades da cervexa que facilitan a recuperación despois do exercicio físico.

“Eses beneficios, en todo caso, proceden dalgúns dos elementos que compoñen eses produtos, pero o alcol en si mesmo, integrado en calquera líquido, segue a resultar tóxico”, matiza Castro.

UN XOGO DE ROLES

Os alumnos do Grao en Educación Social que se imparte na Universidade da Coruña saben que a resolución ou alivio dun conflito no que rozan vontades de diversa natureza e dereitos consolidados require traballos grupais e diálogo entre os sectores protagonistas.

Mariló Candedo, mestra dunha materia do primeiro curso, organizou a comezos de maio tres sesións nas que os estudantes asumiron diferentes papeis cívicos e profesionais relacionados coa problemática do botellón.

“Interésanos moito indagar en valores e vivencias que se asocian ao tempo libre, nos que hai unha vía para a intervención como educadores sociais, pero aínda lles custa verse nesa posición e, ás veces, tenden a banalizar algunhas cuestións ligadas ao consumo de alcol”, confesa Candedo despois da experiencia.

Os motivos que destacan estes universitarios como factores que animan a unirse ao botellón son, segundo a profesora, “o alto prezo das consumicións en bares, a posibilidade de combinar entre eles sen adecuarse ás características dun local, a liberdade de horarios e a seguridade de estar con quen apeteza sen inquietarse polos criterios de admisión nun lugar”. Candedo engade que hai “unha apelación xeral a que o consumo de alcol é unha práctica habitual en persoas doutras xeracións”.

Neste senso, a mestra observa que “esa fase de mirarse ao espello resúltalles incómoda, polo que se revolven e reclámanse parte da masa social, e aínda que identifiquen nela aspectos que non son do seu agrado, vense como causa e consecuencia desa tradición que non saben como combater”.

Este realismo non impide que a última sesión culmine cunha batería de propostas na que se demanda a implicación e o labor en rede de familias, centros de ensino, entidades xuvenís e a propia sociedade para evitar as medidas restritivas, malia que a rixidez é maior ao falar de menores de idade.

“Aparecen suxestións como a de recuperar o noitebús asociado a un espazo de botellón que non moleste á cidadanía; en canto a sancións, inclínanse por aquelas que recaen na propia mocidade, como a recollida de lixo ou, en casos especias, a participación en programas sobre o consumo de alcol”, apunta Candedo.

LEXISLAR CONTRA A RUTINA

A reformulación de hábitos e dinámicas con tanto arraigamento social esixe auténticas proezas para camiñar ata o novo obxectivo. Mariló Candedo, ao pechar o xogo de roles, percibe que os seus pupilos “quedan coa idea de que o lecer está moi condicionado por intereses aos que sucumbimos como parte dun mundo consumista que tamén nos pretende modelar nese ámbito aparentemente máis libre”.

Alco_mural

A profesora tamén indica que “os argumentos económicos planean como crítica e como defensa do botellón, polo que se recada a través dos impostos ou pola defensa xenérica de postos de traballo ou de beneficios das multinacionais”.

Héctor Castro puntualiza que “os propios produtores de bebidas alcohólicas demostraron o seu compromiso para atallar este problema cando apoiaron o informe que se elaborou para sacar adiante unha lei ao respecto”, e admite que “o cambio social, nalgúns casos, vén pola senda da restrición”.

As medidas que se toman dende hai máis dunha década para reducir o espazo onde está permitido fumar “potencian a sensibilidade, pois a xente toma conciencia con máis nitidez da influencia desa práctica nas persoas se encontran ao seu carón”, en opinión do presidente do COFC.

A inminente lei estatal do alcol pon énfase nos menores de idade e a súa contorna para detectar as causas do abuso destas substancias e aplicar protocolos de intervención en situacións especiais. A adolescencia recibe esta consideración por tratarse dunha etapa clave para o desenvolvemento individual. O réxime sancionador, ademais, dirixirase aos encargados da tutela cando se produza unha infracción, pero abre a porta a actividades educacionais e cooperativas para condonar a sanción.

Outras medidas oriéntanse a evitar ofertas e promocións de bebidas alcohólicas e a campañas de publicidade que advirtan dun modo explícito do perigo destes produtos para a propia saúde.

O MARCO DA SEGURIDADE

A caída en condutas aditivas é un terreo no que Castro contempla un “infradiagnóstico” evidente. De calquera xeito, o farmacéutico cuestiona os termos elixidos para designar estándares de unidades cos que indicar os efectos do alcol e aclara que, “cando falamos de consumo seguro, non nos referimos, por suposto, a consumo recomendable, pero o máis apropiado, se cadra, sería utilizar unha expresión coma risco máis baixo”.

O deterioro dunha noite de excesos esténdese ao mobiliario urbano e, en consecuencia, aos petos dos cidadáns. O Concello de Ourense precintou a Alameda a finais de abril durante as noites de máis axitación nocturna debido aos actos incívicos e aos problemas de salubridade. A corporación ourensá asegura que o gasto en reparar as mostras de vandalismo superan cada ano os 300.000 euros.

A escasos metros deste agradable parque, preto da popular zona das Burgas, un mural representa dúas figuras que tentan fuxir de botellas xigantes. A inscrición que acompaña o deseño sentencia que “o alcol non mola; amola”. Outra mensaxe que procura navegar contra a corrente do convencionalismo.

Arquivado en: Drogas Consumo
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Madrid
Opinión ¿Qué cambia el nuevo Real Decreto de comedores escolares en Madrid?
El RD 315/2025 aporta algunas mejoras nutricionales a los criterios que (sobre el papel) establece la normativa madrileña. En cambio, no contempla reformas imprescindibles en materia de equidad, educación alimentaria o transición ecológica.
Materias primas
Consumo España entra en déficit ecológico este 23 de mayo
El país ya ha consumido, a fecha de este viernes, todos los recursos naturales por año que le corresponderían en un reparto justo que permitiera al planeta regenerarse.
Airbnb
Airbnb Consumo exige el bloqueo de 65.000 anuncios de pisos ilegales en Airbnb
El Ministerio que dirige Pablo Bustinduy toma la decisión después de que la empresa haya ignorado el envío de tres resoluciones ordenando la retirada de los anuncios.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.