Contaminación
Un municipio galego demanda á Xunta pola contaminación do encoro das Conchas

A veciñanza das Conchas, na comarca da Limia, leva á Xunta ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola contaminación provocada debido á cría intensiva de gando porcino e avícola.
Encoro das Conchas 1
Encoro das Conchas padecendo a eutrofización da agua e episodios de cianobacterias que tinguen de verde a superficie do pantano.

Desde hai máis de dúas décadas, os habitantes das Conchas —un pequeno pobo da comarca ourensá da Limia— conviven co fedor dos xurros e a contaminación das augas debido á proliferación das explotacións gandeiras intensivas. Ante a inacción das autoridades e o deterioro progresivo da súa contorna, a veciñanza decidiu levar á Xunta de Galicia e outros organismos públicos aos tribunais polo que consideran unha vulneración dos seus dereitos fundamentais. A denuncia foi presentada ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que será o encargado de valorar a responsabilidade da administración.

O caso, apoiado polas organizacións Amigas de la Tierra, ClientEarth e a Federación de Consumidores e Usuarios (CECU), supón un fito na protección ambiental. Esta é a primeira vez en Europa que un tribunal avaliará o impacto da gandería industrial nos recursos hídricos desde a perspectiva dos dereitos humanos. Dende Amigas de la Tierra consideran que a Xunta de Galicia, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e os gobernos locais de Bande, Lobeira, Trasmiras, Os Blancos e Muiños “non están cumprindo co seu deber” xa que Directiva Marco da Auga esixe ás administracións que adopten as medidas necesarias para evitar a degradación da auga e do solo.

Pablo Álvarez presidente As Conchas
Pablo Álvarez presidente da asociación de veciños das Conchas.

Un modelo gandeiro insostible

O encoro das Conchas, construído en 1949 para a xeración de enerxía hidroeléctrica, é dende hai anos un lugar de lecer para a comunidade. Porén, a proliferación incontrolada de megaexplotacións na Limia converteu a zona nun foco de contaminación. Segundo o Rexistro Galego de Explotacións Agrarias, en 2023 había preto de 2 millóns de cabezas de gando porcino na comarca; unha carga equivalente a unha poboación de entre 1,5 e 2 millóns, nunha rexión de apenas 26.000 habitantes.

A cría intensiva de gando porcino e avícola xera un exceso de xurro e esterco de galiña que, ao non ser xestionado adecuadamente, contamina o solo e as augas. Un informe da Sociedade Galega de Historia Natural, baseado nun estudo do CSIC sobre a orixe da carga de nutrientes no río Limia, alertou sobre a elevada poboación gandeira da comarca e o seu impacto na contaminación das augas. Segundo o estudo, a carga gandeira soportada pola Limia roldaría as 75.000 unidades de gando maior (UGM), o que supón un nivel de presión ambiental insostible sobre os ecosistemas da zona.

Outro estudo publicado por investigadores da Universidade de Vigo avaliou o impacto da gandería intensiva nos recursos hídricos con análises realizadas en mostras de auga de 76 pozos privados e 26 fontes naturais da zona. A investigación concluíu que a gandería estaba directamente relacionada coa presenza de bacterias resistentes aos antibióticos nas fontes de auga próximas ás explotacións industriais. Máis da metade dos pozos analizados e tres fontes naturais contiñan niveis de nitrato moi elevados, superando os límites legais.

Merche Álvarez As Conchas
Merche Álvarez, secretaria da asociación de veciños das Conchas

Riscos para a saúde

“Teño medo de beber a auga dos nosos pozos”, afirma Pablo Álvarez Veloso, presidente da asociación veciñal e un dos demandantes. “As autoridades locais argumentan que a auga está en bo estado, pero sabemos que non é certo”.

A veciñanza denuncia que a contaminación das augas do encoro e dos pozos da zona está relacionada con numerosas enfermidades como cancro de estómago, vexiga e páncreas, así como con trastornos do sistema sanguíneo como a metahemoglobinemia. Como consecuencia destes riscos, un informe médico recomenda expresamente que a veciñanza só deben beber auga embotellada e evitar as proximidades do encoro para evitar a inhalación de substancias tóxicas.

Esta denuncia non é un incidente illado. En outubro de 2023, a veciñanza presentou unha denuncia ante o Xulgado de Xinzo de Limia e a Seprona contra os alcaldes de Bande, Muíños e Lobeira por incumprir o deber de informar á cidadanía sobre os riscos da auga, así como pola falta de medidas de protección ambiental.

A inacción da Xunta e dos concellos afectados levou agora aos veciños e veciñas a buscar xustiza no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Reclaman que se recoñeza a vulneración dos seus dereitos e que se adopten medidas urxentes para frear a contaminación, garantir o acceso á auga potable e recuperar a calidade ambiental do encoro.

Un litixio con repercusións internacionais

Se o xulgado falla a favor dos demandantes, o caso podería sentar un precedente en España e en Europa en canto á responsabilidade dos gobernos de protexer o medio ambiente e a saúde pública fronte á gandería industrial.

“As autoridades teñen a obriga legal de protexer aos cidadáns”, explica Nieves Noval, avogada da ONG ClientEarth. “A pesar de ser plenamente conscientes do impacto real que a gandería industrial exerce sobre a zona, continúan autorizando estas explotacións de xeito permisivo e reiterado”, asevera. Para as organizacións ecoloxistas, esta demanda non só busca xustiza para os veciños da Limia, senón que abre un debate sobre un modelo de produción gandeira que, segundo afirman, é insostible.

“É urxente que se estableza un plan de redución da gandería industrial ", sinala Blanca Ruibal, de Amigas de la Tierra, quen defende a necesidade de apostar pola gandería extensiva, a agroecoloxía e modelos de produción de alimentos que respeten os límites dos ecosistemas e contribúan a frear a despoboación e manter un mundo rural vivo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.