Coronavirus
A Coronarquía no Reino dun Tolo

Crónica do confinamento dun ex-esquizofrénico paranoide.

9 jun 2020 18:00

Estaba moi decidido a non escribir sobre este tema até hai poucos días. Por autocoidado tentei evitar, máis mal que ben, a sobreinformación da pandemia xa desde un momento bastante inicial. Non son consumidor habitual dos medios de información televisivos ou radiofónicos e só lles prestei unha leve atención. Hai xa máis de dous anos que non uso ningún produto de Facebook —salvo WhatsApp— nin Twitter. As miñas fontes de información habitual eran algunhas canles de Telegram, webs e blogues especializados sobre distintos temas e despois as novas que chegan a través da xente. Pasada unha semana aproximadamente do confinamento, cheguei a un punto de saturación no que decidín cortar a comunicación de datos móbil e así continuou de forma intermitente nas seguintes semanas até agora. Tendo en conta que xa estaba prestando atención ao tema desde algo antes do 23 de xaneiro e xa tiña datos suficientes para avaliar o calado do problema moito antes do 16 de marzo, penso que non fun moi eficaz no illamento informativo, mais a reacción que tiven foi así. Neste tempo estiven con bastante tranquilidade e mesmo produtivo. Tras algunha conversa con xente próxima, nun momento dado decidín non evadirme demasiado e afrontar a miña soidade comigo mesmo. Pasadas unhas semanas volvín activar o mobil levándome, ao pouco tempo, a algo semellante a unha crise e... permitín que ocorrese.

Nun momento dado decidín non evadirme demasiado e afrontar a miña soidade comigo mesmo

Desde que a crise —a do coronavirus COVID 19— estaba xa encarnada en todxs nós, aconteceron moitas cousas na miña vida a nivel persoal, de relacións de amizade, afectivas, de apoio mutuo ou políticas, mesmo retroactivamente, sobre eventos e relacións pasadas agora cunha percepción alterada e modificada pola situación do momento actual. O resumo xeral leva asociado, inevitablemente, palabras como: decepción, desengano, tristeza, soidade, derrota, esgotamento... Leva outras máis positivas como: decisión, claridade, simplificación, traballo ou revisión. Este tempo deu permiso para unha introspección máis calmada, algo que é para min bastante difícil desde hai anos.

Meme 1_NoiteEscura

Forxado a desprezo

Sinto que debo facer esta nota biográfica. Teño unha serie de defectos que, polo que teño compartido con persoas do colectivo tolo, son bastante comúns entre nós en causas e consecuencias.

Un elemento máis ou menos presente na miña crianza foi ser invalidado e subordinado, non só na miña familia senón tamén no colexio, por parte do profesorado máis tamén por compañeiros. Isto penso que levou, como consecuencia, desenvolver unha inseguridade na hora de relacionarme con outras persoas. Esta inseguridade da infancia trouxo da man a soidade até moito tempo despois. Os únicos momentos nos que tiña relacións con rapazada da miña idade era cando a miña familia visitaba a outras familias amigas suas. Polo xeral, era un suxeito pasivo, sen iniciativa nas relacións sociais. A miña familia lévame aquí ou aló e mesmo son eles quenes me presentan amizades da miña idade. Durante a escola, até os 14 anos, non quedei nunca con ningún compañeirx fóra das clases. Quen me coñeza, é posible que sexa consciente de que non son alguén que chame por teléfono para falar e menos para facer plans, eu vou sempre detrás, non diante.

Teño unha serie de defectos que, polo que teño compartido con persoas do colectivo tolo, son bastante comúns entre nós en causas e consecuencias

O único interese persoal no que sentín ser valorado por iguais na miña infancia e adolescencia foi a ciencia-ficción como evasión pero enseguida decatei de que tamén como aprendizaxe, de ahí os meus intereses nas ciencias. Moitos anos despois decateime de que a ciencia ficción trata —e a min interésame— sobre a relación da ciencia coa sociedade. Para a miña familia, migrada do rural lucense, non se entendía a utilidade práctica, económica e laboral de ler libros que non foran da escola… —da escola na que debían pensar que nos ensinaban a colocar ladrillos ou amañar coches—.

Meme_OldBoy

Antes de comezar o instituto —o que agora ven sendo a secundaria— foi o divorcio e quedei ao coidado da miña nai. Non lembro ter moita relación co meu pai nunca e despois do divorcio non foi mellor até chegar a inexistente. O meu pai nos anos posteriores non amosou ningún interese por min. As poucas veces que nos vimos foi por motivos prácticos, de burocracia ou cousas así. Con case 20 anos, topei co que a psiquiatría do SERGAS chamou “esquizofrenia paranoide”. Tivera varios encontros co meu pai xa tendo o meu diagnóstico. Os encontros poderían resumirse no seguinte esquema:


—Preciso X

—Toma X, qué tal?

—[Conto a miña vida]

—[Con independecia do que conte] O que tes que facer é estudar, traballar, comprar un coche, casarte, blablabla.

—[Aguanto o que podo pero acabo por cabrearme] Que che dean moito polo cú.


Claro, imaxinen a un rapaz novo, de pouco máis de 20 anos, que se percibe como só medio vivo pola pesada lousa do diagnóstico psiquiátrico, os efectos do consumo de neurolépticos, o que lle contou o seu psiquiatra, o que aprende de estar no “circuito” dos cursiños e o traballo protexido para minusválidxs, etc. Ese rapaz, fala co seu pai que o abandonou por completo ou chega a sua casa coa sua nai e recibe a mesma mensaxe que recibiu durante toda a sua vida: “non vales para nada porque non tes unha vida normal, nin es unha persoa normal” (millenial translation: puto loser de merda).

Meme5_NovaNormalidade
Con case 20 anos, topei co que a psiquiatría do SERGAS chamou “esquizofrenia paranoide”

Por encontros que se dan por casualidade ou porque teñen que darse, hai un ano fixen un par de descubrimentos. Un foi que souben que o meu pai non era considerado polo seu entorno unha persoa que actuara con moita “lóxica” e polo visto inventaba bastantes cousas —dicía coñecer xente que lle contara tal ou cal cousa para apoiar os seus argumentos en plan argumento de autoridade pero sen a autoridade—. Outro foi que, poñendo orde na documentación da miña facía pouco falecida nai, souben que tiña un trastorno da personalidade, anotado como histriónico. Estes descobrimentos, de súpeto, fiaban e daban sentido a un montón de sinais, discusións, mentiras sen explicación, comentarios, contradicións, odios coa veciñanza... E a moitas condutas, problemas e conflitos meus que agora resultan un inquedante calco da vida da miña nai con brochazos paternos. É bastante impresionante decatarse da feble e insostible construción da individualidade que asumimos como algo real.

É bastante impresionante decatarse da feble e insostible construción da individualidade que asumimos como algo real

Tras este bosquexo familiar é preciso facer unha nota técnica: por moito marketing farmacéutico que se pagara, xenético non é sinónimo de hereditario. Todo indica que son as condutas e as relacións o que determina a aparición de trastornos, moito máis que a bioloxía. Nos últimos anos estase a dar un pulo moi necesario na investigación do trauma transxeracional. Algo que no Estado español é ciencia ficción e en Galiza directamente tecnoloxía da Área 51.

Este coitelo...

Se algo me caracteriza penso que é tratar de analizar e comprender as cousas que me interesan e afectan na procura de explicacións lóxicas e racionais. Isto non quere dicir que non xogue con especulacións máis ou menos fantásticas, normalmente como exercicio divertido do pensamento. Nun debate, problema, conflito ou discusión, a miña forma de afrontalo vai ser desde o que eu vexo como racional. Mais non sempre o é, e é asi que comezan os problemas. Polo xeral teño dificultade para percibir as compoñentes relacionais e emocionais nestas situacións. Salvo que os meus razoamentos sexan desmontados, polo menos en parte, vai ser complicado que deixe de turrar. Vamos, que podo ser un berserk moi terco de ter razón, mais se os argumentos me convencen, son capaz de dar volta e corrixir, a maioría das veces sen moito problema.

Meme2_Rajoy

Iso si, teño estado a explicar cousas complexas que vivira e nas que estiven pensando e investigando que obtiveron respostas equivalentes a “non tes razón, tes que crerme a min porque [a miña cona aquí]” ou algo así como se eu dixera, “mecagondioxxx, acaban de roubarme o coche” e respostaran, “home, non sería con mala intención, só buscan a vida”. Evidentemente, se estaba algo quente, isto pode ser como botar gasolina enriba. Tamén teño un problema agravante serio: son bastante curioso e sei un pouco de todo, o suficiente para molestar coas miñas ideas, ironías e especulacións a todxs os presentes en calquera tema. Peor é que a xente valora de min xusto o que acaba por molestala. Coido que Angelina Jolie tiña tatuada a frase “o que me nutre mátame”, non lembro se en latín, élfico ou klingdom nin tampouco en que parte do corpo.

Prepper: algo pasa na China

Sempre tiven moita atración polo xénero apocaliptico en case calquera variante. As historias de zombis como metáfora política e social, é algo vello para min. Ademáis, o apocalipse ten protagonismo nalguns soños intensos que tiven durante malas épocas da miña vida. Polo xeral eran soños nos que o mundo estaba a ser arrasado e eu trataba de escapar e buscar refuxio con algunhas amizades, sempre as máis queridas. Hai anos tiven delirios bastante impresionantes nos que sentía que estaba rodeado de zombis e a miña nai se convertía nun deles diante dos meus ollos.

Hai anos tiven delirios bastante impresionantes nos que sentía que estaba rodeado de zombis e a miña nai se convertía nun deles

Nos últimos anos, teño curioseado bastante sobre autosuficiencia, ecoaldeas, permacultura e moitos temas nesa liña. Ao estar metido no mundo da saúde mental, calquera se decata axiña de que os estilos de vida urbanos, masificados, irrespirables, sobretecnificados, procesados, tóxicos, lonxe da natureza, etc, non son moi favorables para a saúde en xeral e tampouco para a mental, claro. Desenvolvín, polo tanto, un síndrome de Thoreau aka fantasía de que nalgún momento irei vivir ao rural, cunha horta, un can, paxariños e un chapeu de palla.

Con estes antecedentes é perfectamente natural que captara a miña atención esa moda de agora do preppering ou preparacionismo, tan na onda do milenarismo de toda a vida —que vai chegar, que o dí até a ONU pero sen a botella de chichón de Arrabal—.

Meme3_ BurrosPiscina
Pensei no que estaba a pasar, as distintas posibilidades de máis a menos graves e no que podía facer por protexerme a min e a xente que quero neses distintos escenarios

Se non se coñecen as implicacións de calquera asunto, o lóxico é o principio de precaución. Non fun correndo a comprar un camión de papel hixiénico máis sí que pensei no que estaba a pasar, as distintas posibilidades de máis a menos graves e no que podía facer por protexerme a min e a xente que quero neses distintos escenarios. Despois xa fun a polo papel e unha carretilla de latas de bonito. No momento en que escribo esta parte, estamos en Fase 1 ainda que a ignore, hai dous meses do inicio do confinamento e saín da miña casa soamente en cinco ocasións para facer a compra. Hai que dicir que teño varias amizades moi queridas que están en grupos de risco e por eso tomei tan en serio todo este tema.

Redes de apoio mutuo, illamento/detox e demonoloxía

apoio
Que supón unha relación entre dous, dirixida dun a outro, de modo que o que un fai ou sente é feito ou sentido simultaneamente polo outro.
Superaron con éxito as dificultades grazas á axuda mutua que se prestaron. Entre os dous hai un mutuo sentimento de admiración.
daemon
A palabra dáimōn en grego significa espíritu, divinidade, poder divino, destino ou deus. Tamén daimon é o derivado grego para o termo demo, nese eido “demo” significa “cheo de coñecemento”.

Como xa mencionara, pouco antes do 23 de xaneiro, xa estaba prestando atención as novas que chegaban desde China. Co paso dos días, o asunto semellaba máis e máis serio. Na miña cabeza iban acumulándose preocupación e ruído mediático. Todo o mundo estaba moi centrado na enfermidade en si, mais a economía foi o que me pareceu máis preocupante. As medidas para evitar os contaxios poden ser máis ou menos molestas mais son algo sinxelo e non teñen moito que pensar ou facer e aínda menos discutir. As consecuencias sociais, económicas e políticas son para min moito máis preocupantes. Así o comentei con varias amizades e quixen abordar o asunto para nos informar, preparar coidar e apoiar —lembrades os meus soños recurrentes de apocalipse?—. Por desgraza, por ser eu un tolo ou por efecto Casandra —ás veces culpabilízome e penso que Pandora— con algunhas das persoas, e para a miña sorpresa, non houbo a preocupación e entendimento que esperaba. Tiven unha discusión cunha delas e outra persoa do grupo falábame da necesidade ridícula que tiña a xente de dramatizar en lugar de estar tranquila na sua casa até que pasara todo. A verdade é que o comentario da última semellaba a segunda mellor opción despois de preocupar/me a/por outrxs e decidín que era unha boa ocasión para ignorar o ruído, afrontar os demos propios e aprender a estar só. Eliminei os poucos perfís en redes que tiña e estiven estes meses, ainda que de forma intermitente, sen comunicarme case con ninguén —lémbrades o de que non son alguén que chame por teléfono?—.

Meme4_Traxe

Sairon os demos, agarrei con eles e tivemos unha liorta, que para poder facer iso estudei, vou a terapia, aprendín no activismo tolo e me informei de cen perspectivas sobre a saúde mental e mil temas relacionados. Din voltas a moitos temas pasados e recentes. Decateime de autoenganos propios e decateime de autoenganos que teño interiorizados procedentes de persoas que me foron apreciadas e queridas —é raro e algo ridículo detectar un autoengano que non é teu pero é máis raro e vergoñento ver que o seu dono se desfixo del hai tempo ou mesmo nunca foi seu. Decateime do esforzo inútil de tentar ser outra persoa e da inutilidade de seguir apegado a ser unha persoa que non son. Decateime —nada novo— de que a miña relación coa xente é mala pero que a xente tamén ten mala relación comigo —e en maior ou menor grao que co resto da xente—. Meterse nestas liortas ten consecuencias como que deixan cicatrices, inimigxs e que aprendes a pelexar —fundamentalmente conmigo mesmo.

Sairon os demos, agarrei con eles e tivemos unha liorta, que para poder facer iso estudei, vou a terapia, aprendín no activismo tolo e me informei de cen perspectivas sobre a saúde mental

Tamén me decatei do efecto que teñen os medios de comunicación, os móbiles, as redes, a televisión, a radio etc, en forma de ruído mental dentro da nosa cabeza. Decateime claramente porque tras uns días de silencio social e dixital, comecei a percibir as miñas oscilacións anímicas, de concentración, dos pensamentos e lembranzas, das preocupacións etc, en función de como descansara, comera ou estivera físicamente activo durante ese día. Mesmo ao pensar na nai dun amigo meu co que non teño relación hai 20 anos, o seu número de teléfono xurdiu da memoria sen máis. Co paso dos días está resultando moi interesante percibir os cambios cognitivos polos que vou pasando. O máis notable, polo momento, a nova visibilidade do diálogo interno, relacionado co “espírito da escaleira”. Non é que non existira, é que non había espazo nin tempo para que fose visible, a resposta é inmediata, non hai rumiaxe, só reacción. Un tempo... máis lento deixa espazo para que a mente flúa de xeito natural, mais na nosa sociedade de aceleración tecno-hiper-complexa cada ano que pasa é máis difícil. Son incapaz de avaliar as implicacións disto na xeración nativa dixital pero sei que hai investigacións preocupantes sobre o tema no eido da saúde mental.

Meme6_ConESen

Se xa sabemos que os estados de “papar moscas” e aburrirse resultaron ser un proceso cognitivo natural e necesario para a saúde e funcionamento da mente. Tamén é doado intuír o sentido que pode ter o illamento social no desenvolvemento dunha persoa. Todos coñecemos mil exemplos, ainda que sexa pola ficción, de ceremonias ou rituais nos que hai un illamento deste tipo. Normalmente nun contexto relixioso ou espiritual, máis exactamente místico, case impensable hoxe en día. Retiros, peregrinaxes, mosteiros inhóspitos, covas fondas e escuras, cabanas remotas no medio da selva...

Sabemos que os estados de “papar moscas” e aburrirse resultaron ser un proceso cognitivo natural e necesario para a saúde e funcionamento da mente

Coido que sempre tiven unha tendencia cara ao misticismo, mesmo o monacal. Os mosteiros medievais centenarios construídos en pedra e rodeados de prados, leiras e fragas de árbores vellas sempre foi unha imaxe fermosa e tranquilizadora. Reacción normal de afrontamento polas agresións familiares e sociais, supoño. Tamén tiven atracción cara ás técnicas de meditación. Daquela eran autocoidado instintivo para min e chorradas new age para a maioría da xente. Na actualidade, cunha axeitada descontextualización cultural (non sei moi ben se chamalo directamente marketing), teñen categoría de terapia e finanzamento das administracións do estado. Cando hai uns anos estiven apuntado en oposicións e atopábame baixo un certo grao de estrés. As mañás non eran moi eficaces para o estudo mais era imprescindible estudar para que as tardes sí que o fosen. Mais había unha condición para que o fosen: uns 45 minutos de meditación despois de comer e antes de sair cara á biblioteca a pasar toda a tarde. A miña nai preguntou un día:

—Que fas?

—Meditar.

—Iso que é?

[Explicación sinxela adaptada a miña nai]

—Bo! Coma os toliños.

—… U¬____¬

A omnipresente invalidación... Coido que os dous ou tres grandes conflitos que tiven na miña vida con colectivos e persoas cos que estiven implicado nos últimos anos, teñen que ver con sentirme invalidado. Coido tamén que en todos os casos sentín esta invalidación e dor que me levaron a expresar ira até un punto de non retorno. Nalgún caso mesmo tiven a sospeita de que foi intencionado levarme a ese estado, mais pode que esta idea sexa produto da miña imaxinación. Se estás só, ninguén vai invalidarte e tampouco vas enfadarte con niguén por sentirte invalidado.

Meme_antesTolo

Conxuración e “Brave New Normality”

conxurar
1. Cominar [un espírito maligno] a que se retire. Conxurou o espírito que a posuíra.
2. Figurado: Afastar [un dano ou perigo] como cun conxuro. Conxurar a crise.

Cando con moita moderación e tranquilidade, retomei algo de contacto e activei de novo as poucas redes dixitais que uso, aos poucos días, o mundo me reconectaba con él e toda a miña contención desbordou. Durante varios días os meus demos presentes e pasados camiñaron por onde quixeron e tomei unha decisión: permitín que o fixeran. A miña idea foi permitir e observar para saber se podía aprender algo daquilo, probablemente a posteriori, pasados días ou semanas e xa aterrado. Foi neses días cando comecei a escribir este texto. Non puiden porque a dor que sentía non me permitiu escribir moito e tiven que determe e esperar varias semanas para poder retomar. Este texto está escrito en varias etapas e contextos moi distintos.

Non estou seguro se a xente o sabe pero calquera tolo, aínda medicado até as babas, ten o seu sofrimento en carne viva

Varios temas sairon, na sua raíz relacionados con eses conflitos que mencionei antes. Cando comentei isto con algunha persoa, deseguido me sinalou que non era nada novo, que xa falara antes deles. Nada novo quizá en canto a temas, certo, mais unha mínima sutileza na perspectiva pode ser radicalmente decisiva. O comentario, coas feridas abertas polos demos internos, confirmaron a miña sensación notable e crecente de que hai procesos que non teñen outra que ser en soidade. Non é culpa de ninguén que se perciba como esaxerada a dor dun tolo, mais unha mínima e sutil variación na perspectiva pode ser radicalmente decisiva. Eu mesmo, nas miñas etapas máis “correctas” e “sensibles”, podía cometer estes erros en medio da crise doutra persoa. Non estou seguro se a xente o sabe, pero calquera tolo, aínda medicado até as babas, ten o seu sufrimento en carne viva. Podes montar corazas pero a carne ferida está xusto debaixo. Unha mirada, un silencio ou unha dúbida de medio segundo pode doer coma mil infernos.

Meme_BugsBunny

Hai un fenómeno psicosocial (se é que existen o psico e o social por separado) que coñezo hai moito tempo, veño usando hai menos tempo, con maior ou menor éxito e conciencia, e que non paro de confirmar: a rede (a social, non a dixital) define o individuo. Esta relación persoa-contexto ten moitas caracterísiticas, variables e elementos, sendo unha xeral e moi evidente a relación de poder/influencia. Un exemplo moi obvio é o da persoa adicta que, tras un período de desintoxicación e deshabituamento, volta ao seu contexto social habitual, recaendo en pouco tempo. Se queredes algún bo exempo sobre isto, tedes o filme “O home có brazo de ouro” protagonizada por Frank Sinatra, heroinómano desintoxicado que volta ao barrio natal onde vivía. A contraparte positiva podería ser “Bailando con lobos”, onde Kevin Costner, o militar traumado e abandoado no medio da nada fronteiriza, coñece unha tribo de sioux e acaba por integrarse e convertirse nun deles.

Hai só dous anos era infantilmente optimista sobre a promoción, creación, apoio e sostemento de comunidades sás, inclusivas, coidadoras e “terapéuticas”, falaba dun utópico “Chueca de tolos”

É precisamente esta función de influencia, sintonía e cohesión a que se procura nos grupos de apoio mutuo en saúde mental. Por desgraza, isto é moi imperfecto e máis sen existir unha cultura tola propia. En xeral, para calquer ser humano é dificil iniciar e manter relacións sólidas partindo da nada, máis se falamos dos problemas que acompañan a moitas persoas do coletivo tolo. Hai só dous anos era infantilmente optimista sobre a promoción, creación, apoio e sostemento de comunidades sás, inclusivas, coidadoras e “terapéuticas”: falaba dun utópico “Chueca de tolos”. Agora non é que pense que sexan imposibles mais si que non funcionan soamente a base de ilusión e “buen rollito”. Probablemente ten moito que ver coa perversión do concepto de comunidade e a imposición da mesma en virtude dunha suposta cultura de coidados da que habería que falar tamén nalgún momento.

Meme_MonxeBufista

O medio de relación e comunicación pode conformar e determinar o contexto que inflúe nunha persoa. O exemplo disto último son as redes dixitais que motivan unhas determinadas actitudes e perspectivas sobre outras bastante máis medidas que se dan nos espazos físicos cara a cara, tendo cada rede as suas características propias. Cando falaba da miña fuxida das redes, houbo quen me comentou que quizáis podería continuar en Instagram porque “en Instagram todo é amor”. Efectivamente, cada rede ten deseños distintos e apoia perspectivas e condutas distintas según os seus intereses.

Ainda que escoller tal ou cal contexto social é un exercicio de suposta e relativa liberdade individual, dentro de nós levamos xa a influencia e representación de moitos deses grupos humanos. Comezando pola base de todos, a familia, fonte da maioría de traumas e abusos de case calquera cun trastorno mental e fundamento de todas as relacións posteriores dunha persoa. Neste momento da miña vida teño a sensación de que debo tomar consciencia urxente das miñas relacións conmigo mesmo, coa miña familia dentro de min, cos meus demos e para iso sinto que é preciso certo grao de soidade. Desta forma foi como, aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid, en lugar de compensar a soidade do confinamento, tomei a dirección oposta e coa idea de afondar nesa vía.

MemeSuxestions

Toda esta construción, sobre e desde a miña situación no confinamento, acerca dos meus conflitos nos últimos anos, de relacións de parella problemáticas, da necesidade vital de recoñecemento, do trauma familiar, a eterna sensación de soidade, a invalidación, a autoesixencia interiorizada desde o capacitismo... mesmo o aproveitamento da situación para progresar na desintoxicación e deshabituación coas redes dixitais, acaban por converxer na procura da gran pregunta que orbita eclipsada arredor da purulenta ferida de calquera persoa tola: Quen son? Son esta ferida? Esta dor? Este pus? Esta reacción defensiva de coraza e golpes contra a realidade? Por que doe? Que e quen foza cos seus dedos nas feridas da loucura? Somos pola dor? Ou hai outra forma de ser?

A acumulación de crises xa semella unha mesma e enorme vaga que ameaza con arrasar as nosas vidas

Non sei con exatitude que vou facer despois do confinamento. Tomei algunhas decisións que precisan algo de planificación. Penso que moita xente estará obrigada a tomar decisións semellantes. O que ven non vai ser agradable e hai anos que se ven anunciando. A acumulación de crises xa semella unha mesma e enorme vaga que ameaza con arrasar as nosas vidas. Sen embargo, insistimos na fantasía de novas “normalidades” —a “normalidade”, esa maldición que persigue a todo o colectivo tolo—. En termos moi xerais, só podo ver claramente duas tendencias: apocalipse ou antiutopía.

Lembrades os meus soños recurrentes de apocalipse?

Meme_Curva

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

València
Dana e instituciones fallidas València duele: sobre el apoyo mutuo y el abandono institucional
Sacrificamos parte de nuestra libertad para que estas instituciones nos defiendan de los peligros del mundo, pero han fallado. La gente ha cumplido, el poder no.
Salud mental
Salud mental Jóvenes contra el estigma en salud mental: “La esquizofrenia no me define como persona”
El 41% de los adolescentes en España manifiestan haber tenido un problema de salud mental en los últimos doce meses, datos que tienen una doble lectura: por un lado, ya se habla de ello, pero, por otro, las cifras son altas.
LGTBIAQ+
Laura Terciado “Ahora para mí la palabra lesbiana significa alegría, feminismo y política”
La periodista Laura Terciado abre el grifo en su primer libro, en el que cuenta una infancia marcada por el bullying’ y el miedo al demonio. Dice haber salido del armario cientos de veces desde que logró designar su orientación.
Genocidio
Genocidio El TPI emite la orden de detención contra Netanyahu y Gallant por crímenes de guerra
La Sala de Cuestiones Preliminares del TPI rechaza las impugnaciones de competencia formuladas por el Estado de Israel y emite órdenes de arresto contra Benjamin Netanyahu y Yoav Gallant.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Los sindicatos denuncian a la Comunidad de Madrid por exponer a sus sanitarios a “gravísimos” riesgos
Solicitan la mayor indemnización económica pedida contra una administración por no contar con un verdadero plan de prevención de riesgos laborales para atención primaria.
COP29
Cumbre del clima La COP29 encara su última jornada con un final agónico sin acuerdo en los temas clave
Los borradores de los textos de negociación sobre la mesa quedan muy lejos de un acuerdo sobre financiación climática en línea con las necesidades para que el planeta no rebase los 1,5ºC de calentamiento medio.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Estados Unidos aprueba la “ley más peligrosa para las libertades” desde la Patriot Act
En Gaza, Cisjordania y Líbano, nuevos ataques israelíes dejan más de un centenar de muertos. En Washington, el Congreso aprueba una ley que permite quitar fondos a ONG, universidades y colectivos sin pruebas ni un proceso transparente.
Barcelona
Derecho a la vivienda El hartazgo por la vivienda impagable se da cita este 23 de noviembre en Barcelona
El amplio movimiento por la vivienda catalán, sindicatos y organizaciones vecinales, sociales y soberanistas demandan soluciones urgentes ante una crisis de vivienda sin solución a la vista

Últimas

Palabras contra el Abismo
Palabras contra el Abismo Lee un capítulo de ‘Café Abismo’, la primera novela de Sarah Babiker
El barrio es el espacio físico y social en los que transcurre ‘Café Abismo’, la primera novela de la responsable de Migraciones y Antirracismo de El Salto, Sarah Babiker.
Opinión
Opinión Non sempre ter moitas luces é sinónimo de intelixencia
Que impacto ecolóxico e social produce a iluminación do Nadal de Vigo? A cidade sofre máis aló da masificación, o caos de tráfico, as molestias á veciñanza, o malgasto ou os recortes en orzamentos de emerxencia social.
Violencia machista
25 de noviembre Con el lema “Juntas, el miedo cambia de bando”, el movimiento feminista llama a organizarse este 25N
En un año en el que ha vuelto al primer plano el debate público sobre la violencia patriarcal sistémica que siguen padeciendo las mujeres, la marcha del 25 de noviembre vuelve a las calles el próximo lunes.
Crisis climática
Informe de Unicef El cambio climático multiplicará por tres la exposición de los niños y niñas a las inundaciones para 2050
Es la proyección que hace Unicef en su informe 'El Estado Mundial de la Infancia 2024'. La exposición a olas de calor extremas será ocho veces mayor para 2050 respecto a la década del 2000. “El futuro de todos los niños y las niñas está en peligro”, advierte la agencia de la ONU.
Memoria histórica
Memoria histórica Museo del franquismo, ¿eso dónde está?
España sigue ajena a la proliferación mundial de espacios museísticos dedicados a dictaduras y resistencias democráticas.
Unión Europea
Unión Europea La ultraderecha europea, ante la victoria de Trump
El triunfo de Donald Trump da alas a todas las formaciones ultraderechistas de Europa y del resto del mundo, que han visto cómo el millonario republicano ha conseguido volver a ganar las elecciones sin moderar un ápice su discurso.
Tribuna
Tribuna Vivienda: es hora de organizarnos
La situación de crisis inmobiliaria nos exige leer el momento para acertar en las batallas que debemos dar ahora, reflexionar sobre los modos de acción colectiva y lograr articular una respuesta política amplia.

Recomendadas

València
Exclusiva El Gobierno de València contrata 12,9 millones en obras de la dana a una constructora investigada por pagos al cuñado de Barberá
La Generalitat Valenciana ha hecho el encargo a Ocide, una empresa cuya matriz está siendo investigada en el caso Azud por pagos “de naturaleza ilícita” al abogado José María Corbín a cambio de contratos adjudicados por el Ayuntamiento de València.
Galego
Dereitos lingüísticos Miles de persoas desbordan a praza da Quintana para mudar o rumbo da lingua galega
A Plataforma Queremos Galego, que convocou esta mobilización, sinala unha nova data para outro acto protesta: o vindeiro 23 de febreiro na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.