comunidade corentena

Coronavirus
Sobre a corentena e a vida en comunidade

En tempos de precariedade, xentrificación e amor romántico, cada aplauso das oito –por ‘repipi’ que sexa– produce un efémero e valioso sentimento comunitario.
6 abr 2020 21:00

Oito da tarde. Saímos á xanela, aplaudimos, as veciñas cantan xuntas e miran cun sorriso unhas a outras. Ata a corentena, vivían porta con porta e só falaran algunha vez do ‘mal tempo que vai hoxe’.

A corentena nos edificios, nos ‘niditos’ de familia do modelo pensado en Hollywood da clase media aspiracional, déixanos ver a crudeza e o ‘sensentido’ do que agora chamamos “normalidade”. Nela moitas non sabemos nin o nome da señora que durme ao outro lado da parede; só que ten un Ibiza azul e un can riquiño. Dalgún xeito negámoslle a condición humana de persoa e calquera posible vínculo con nós. Facemos de xeito inconsciente que non sexa máis que “a veciña do 1ºE”.

corentena comunidade

Vilas e cidades cheas de edificios cheos de xente. Xente que non fala, que xa ten bastante con traballar dez horas ao día, facer as tarefas do fogar e con sorte pasar algo de tempo coa familia. Explicar como chegamos a isto daría para tese: precariedade, inestabilidade, educación neoliberal, especulación, xentrificación, amor romántico, etc.

O modelo ensínanos que entre outras cousas, precisas un bo traballo e un bo piso nunha boa zona. Un ‘bo traballo’ é o produtivo economicamente, omitindo as ilusións e os principios éticos de cada quen. Un ‘bo piso nunha boa zona’ é o que ten praza de garaxe, tarima flotante, un Mercadona e unha academia de inglés á volta da esquina.

Pero vai máis alá de cidades ou aldeas. Hai máis comunidade nalgúns barrios de Madrid que en vilas como Bertamiráns. Un dos puntos diferenciais é o xeito de entender o noso espazo: buscamos un lugar onde atopar persoas coas que compartir o noso tempo ou que nos compense en termos produtivos, de capital? Sen decatarnos, o capitalismo rematou determinando as nosas necesidades e anulando os nosos desexos. Fíxonos crer que a produtividade era o camiño para acadalos, pero xa non cola.

Cada aplauso e cada proxección soez de Concheiros é un momento de comunidade e empatía entre veciñas, onde en conxunto nos acompañamos fronte a un problema común

Atopar con quen falar no bar de abaixo ou que na panadaría reserven a túa bola non son variables para a maioría social á hora de escoller onde vivir. De feito, que para algunhas de nós o sexan responde a privilexio co que non contan as máis vulnerables e excluídas. Como vai pensar que é prioritaria a vida en comunidade quen cobra 400€ ao mes? Oxalá.

Con todo, debemos entender esa vida en comunidade como un dereito para todas. Determina a nosa saúde afectiva, mental, reduce a nosa dependencia material. Na medida das circunstancias, fainos persoas máis felices. Nun artigo, a xornalista Sara Guerrero preguntábase:

“Parece que, a diferenza do campo, a cidade ten todo o necesario para un bo vivir: traballo, servizos públicos coma o transporte e as bibliotecas, universidades, ximnasios, centros comerciais, cines.... A cidade é un privilexio. Excepto en momentos de crises. Que pasa entón cando todos eses privilexios pechan? Que é o que queda na cidade para nós?”

Sexa onde sexa que vivamos, cómpre reflexionar na necesidade dos privilexios cos que algúns contamos. Canto vale que Amazon envíe nun día? Ou poder cear en trinta restaurantes diferentes? Por que a maioría dos privilexios implican consumo? Con todo, a reflexión serve de pouco para as máis precarizadas, que verán empeoradas as súas condicións laborais mentres grandes empresarios se acollen a falsos ERTE.

Outra óptica. Vivir en comunidade tamén é un xeito de resistencia ante un sistema que non pensa en nós. Nunca o fai. É o caso da veciñanza de Elviña, aldea da Coruña colonizada pola especulación desde hai medio século. Durante a corentena, por primeira vez en sete anos deixaron de manifestarse cada venres pola desafectación das súas casas dun plan urbanístico que as expulsa delas. O motivo polo que loitan non é outro que o seu dereito a vivir en comunidade, que entenden chave para o seu benestar. Poderían aceptar o plan que pensaron para eles e vivir en pisos máis confortables, pero elixen loitar por vivir na súa aldea, na súa casa, e sobre todo, coa súa xente. Explícao Pilar Santiago, veciña de Elviña:

“Queremos vivir en comunidade, crear lazos. Aquí cando morre un veciño imos todos ao enterro, se alguén se atopa mal os veciños axudámolo, pero iso estase perdendo. Temos un sentimento de pertenza, pero con este urbanismo fanse casas unipersoais, onde a xente non se coñece, que se o veciño de arriba me está molestando, co que vive ao lado non quero nin falar... E non somos un caso aillado.”

Pasa na Coruña pero tamén no Corgo, no barrio de Sar, no campo de refuxiados de Dheisheh, en Nuevo Gualcho ou en Nueva Cajolá. Comunidades, asociacións veciñais, relacións diversas motivadas por realidades que nada teñen que ver, pero que atopan no tecido das súas respectivas comunidades o xeito de tirar para diante e defender unha vida que vai máis alá do ‘eu’ e dun confort desgraciado. Tamén mencionar aquelas comunidades que xorden froito da exclusión social do sistema, colectivos de persoas migrantes, persoas ás que lle negan un fogar ou que son excluídas por estigmas e prexuízos sociais. Que sería delas se ademais da pobreza extrema non tiveran ese apoio mutuo, humano, comunitario, entre elas?

A corentena pode ser unha oportunidade para reiniciar e por en valor a vida en comunidade, ante un sistema que non pensa en nós

A corentena pode ser unha oportunidade para reiniciar. Podemos poñerlle nome a María, a veciña do 1ºE, ou aproveitar para comezar a mercar no pequeno comercio. Tamén para reformular as nosas prioridades, o estado das cousas, da sanidade pública, do coidado das maiores...  Cada aplauso das oito –por ‘repipi’ que sexa– e cada proxección soez de Concheiros son momentos de comunidade e empatía entre veciñas, onde todas facemos fronte a un problema común e nos acompañamos ata superalo. É bonito, pero tamén ten que ser reivindicativo.

corentena en comunidade 3

Porque despois disto volverá a “normalidade”, e ningún ben nos fará se seguimos na roda dun modelo que nos constrúe para estar e pensar soas, por moita xente que haxa ao redor. Deámoslle unha volta.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Economía
Análisis Europa, ¿última defensora del liberalismo o cómplice de un orden fracasado?
El peligro no proviene únicamente de líderes externos “autoritarios”, sino de la erosión interna de la democracia bajo un sistema que pone al mercado por encima de la gente.
Análisis
Análisis Estados Unidos, la mayor burbuja de la humanidad
Donald Trump no es una anomalía, sino la cristalización de ese pacto perverso entre dinero y política.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.