Coronavirus
Filantrocapitalismo e covid19 ou como Amancio Ortega e Ana Botín queren salvar o mundo

A enésima crise do capitalismo global acelerou a raíz da pandemia e augura unha insólita forma de goberno: o “filantrocapitalismo”. Os multimillonarios fan crer que poden trasladar os seus éxitos empresariais ao servizo público mediante grandes doazóns de capital.

Profesor de Política Educativa en la Universidad de Granada

5 abr 2020 19:47

A enésima crise do capitalismo global foi acelerada a raíz da pandemia covid19. Capitalismo e crise formalizan unha simbiose. Unha simbiose é unha relación de mutualidade de dous beneficiados nun desenrolo vital. Cando hai ameazas de supervivencia, os elementos simbióticos apóianse mutuamente para transformarse e adaptarse a unha nova era. O capitalismo ten sufrido crises cíclicas desde os seus inicios. De aí que a noción de crise sexa inmanente á de capitalismo. Simbiose e inmanencia que son manifestadas en cada proceso cíclico.

Diversas perspectivas teóricas, aparentemente en conflito, teñen analizado estas relacións de simbiose e inmanencia entre o capitalismo e a crise. Teñen sido abordadas desde o pensamento de Karl Marx como desde visións anarquistas herdeiras do seu coetáneo Piotr Kropotkin. Tamén estudaron estas relacións correntes máis contemporáneas como a do pensamento das multitudes de Gilles Deleuze e Félix Guattari, e a visión de hoxe máis fiel a Marx que lidera David Harvey.

Unha vez que o capitalismo prevé limitada a súa capacidade de acumulación permanente, o capital tende a reinventarse a si mesmo para poder substituír o ciclo ameazante

Os procesos cíclicos das crises capitalistas comezan cando as lóxicas de reprodución dos axiomas capitalistas alentan ameazas de perdurabilidade. E por iso, cada vez que o capitalismo prevé limitada a súa capacidade de acumulación permanente, o capital tende a reinventarse a si mesmo para poder substituír o ciclo ameazante. En cada proceso cíclico de mutación do capitalismo os sistemas de produción e os modos de goberno son reinventados e resituados en algo diferente do que foron anteriormente á crise.

Nestes primeiros momentos do ciclo ameazante da crise da covid19, as reinvencións dos modos de produción aínda non poden analizarse con precisión, aínda que se podería augurar que moito terá que ver aquí o capitalismo dixital de plataformas como novos modos de produción capitalista e novas lóxicas da economía de guerras. O que sí comeza a albiscarse con máis precisión son os novos modos de goberno que veñen con esta crise. A insólita forma de goberno que se expande de modo global como solución á crise capitalista do coronavirus é o “filantrocapitalismo”.

O filantrocapitalismo é unha nova filantropía que hibrida as lóxicas capitalistas coas da filantropía máis tradicional. Multimillonarios que, con grandes doazóns de capital, fan crer que poden trasladar os seus éxitos empresariais ao servizo da caridade para “salvar o mundo”. Unha nova filantropía que aplica a filosofía do capitalismo como solucións de goberno para a erradicación das problemáticas do mundo. A nivel internacional —multimillonarios como Bill Gates (Microsoft) ou Marx Zuckerberg (Facebook)— son bos exemplos de quen invisten máis millóns de dólares en doazóns filantrópicas para dar resposta á covid19.

Amancio Ortega (Inditex) e Ana Patricia Botín (Banco Santander) lideran o filantrocapitalismo do Estado español para a salvación capitalista do Gobeerno con investimentos e doazóns multimillonarias para paliar o coronavirus. As doazóns realízanse desde as propias fundacións destes multimillonarios que lideran os primeiros postos das maiores fortunas da revista Forbes (Bill & Melinda Gates Foundation, Chan & Zuckerberg Initiative; Fundación Amancio Ortega, Fundación Santander).

Gates sostiña en plena crise capitalista que a súa filantropía era unha forma de doar para solucionar as desigualdades do mundo a través da expansión do capitalismo
Inditex
Zara no es una marca española

Un entramado de empresas y filiales en países europeos con una fiscalidad más favorable conforman la estructura financiera que enriquece a Amancio Ortega

Warren Buffet, o gran gurú das finanzas, coñecido como o Oráculo de Omaha, que acompañou durante varios anos a Gates no podio da revista Forbes, foi outro dos actores importantes na expansión das lóxicas filantrocapitalistas. Buffet animou a Gates en 2010 a fundar a iniciativa The Giving Pledge —a promesa de dar— para que outros multimillonarios doasen máis do 50% do seu capital á filantropía. Lograron que numerosos multimillonarios se unisen ao novo mundo da caridade filantrocapitalista de ambos. Ademais da doazón, os filántropos de Buffet e Gates, comprométense a encontros periódicos para poder crear estratexias conxuntas de inversión das doazóns mediante unha “comunidade epistémica filantrópica”.inversión das doazóns mediante unha “comunidade epistémica filantrópica”.

A mediados de marzo de 2020, en plena expansión dos datos do coronavirus nos Estados Unidos, Bill Gates renunciou e abandonou por completo todas as responsabilidades que tiña no xigante tecnolóxico Microsoft que fundara catro décadas atrás. Fíxoo para dedicarse plenamente, a partir de agora, á Bill & Melinda Gates Foundation. Invisten cantidades multimillonarias para lograr a vacina e así paliar a erradicación o coronavirus. En outubro de 2019, Bill & Melinda Gates Foundation, Johns Hopkins Center for Health Security —máximos inversores filantrópicos mundiais en saúde— e o Foro Económico Mundial de Davos realizaron un encontro para pensar posibles consecuencias dunha nova pandemia mundial.

Como se se tratase dunha profecía dunha película de ciencia ficción, as tres organizacións simularon os efectos que un coronavirus da familia SARS podería xerar se se expandise por todo o planeta xerando millóns de mortes. Gates tamén alentou, nunha palestra TED de 2015, a posibilidade dunha epidemia global que non era atendida polos gobernos. Agora que chegou a pandemia, a súa fundación está máis preparada que os gobernos para actuar nas solucións globais.

Amancio Ortega, Ana Patricia Botín e outros doaantes multimillonarios consideraron a conxuntura da crise capitalista como unha “fiestra de oportunidades” para incorporar os seus éxitos empresariais nas solucións políticas

No Estado español, ademais do liderado de Amancio Ortega e Ana Patricia Botín, unha rede de corporacións e bancos que lideran o IBEX 35 —BBVA, Iberdrola, Telefónica, ACS, Banco Santander, Inditex, etc.— uníronse para investir cantidades multimillonarias e actuar na pandemia. Fano con doazóns con privilexios en desgravacións fiscais e beneficios tributarios das ganancias das súas corporacións. Estes doantes multimillonarios consideraron a conxuntura da crise capitalista como unha “fiestra de oportunidades” para incorporar os seus éxitos empresariais nas solucións políticas. Inciden así nas axendas públicas á vez que promoven as súas marcas de negocio á cidadanía. Novas formas de branquear as marcas corporativas que foron denunciadas por escravitude infantil, desafiuzamentos ás persoas máis vulnerables e evasións en paraísos fiscais.

O filantrocapitalismo funciona baixo “fluxos tridimensionais”: doar capital, crear políticas nas que investir e extraer beneficio económico da doazón. Esta nova filantropía é estratéxica, consciente de mercado, orientada ao impacto, baseada no coñecemento, comprometida coa medición de resultados e impulsada para maximizar o ‘apalancamento’ da doazón. Esta nova caridade do capitalismo baséase en proporcionar cantidades económicas máis amplas que na filantropía tradicional, crear indicadores de impacto da inversión e exercer unha relación máis estreita entre provedores e receptores. Racionalización económica das doazóns baixo mercado para solucionar as problemáticas sociais mediante dinámicas propias do capitalismo. Os terreos da saúde e da educación son as principais áreas de investimento desta nova filantropía para expandir o capitalismo baixo o pretexto de paliar as problemáticas sociais. 

Os filantrocapitalistas xa non son só doantes senón que exercen tamén como asesores e líderes teñen a capacidade de facer camiñar o mundo segundo os seus intereses

Os filantrocapitalistas xa no son só doantes. Agora exercen tamén como asesores e líderes tanto das problemáticas como das solucións. Por posuír o capital e decidir as inversións e solucións teñen a capacidade de facer camiñar o mundo segundo os seus intereses. Así, o filantrocapitalismo emerxe como unha nova forma de goberno e unha solución da gobernamentalidade neoliberal para responder á enésima crise global do capitalismo. Foucault tiña razón ao comprender o neoliberalismo como unha rede de relacións nas que o estado é o que propicia o mercado.

Nestes procesos de neoliberalización o estado non é o mínimo se non forte. De aí, que Bob Jessop comprendera estes procesos coa formación dun estado estratéxico-relacional, onde os gobernos son un actor político máis actuando nestas alianzas público-privadas. Multiplicidade de actores políticos interrelacionados en gobernanza (filántropos, estados e corporacións). En definitiva, todo o explicitado verifica que esta gobernanza filantrópica neoliberal é a nova forma de goberno que se expande de modo pandémico para erradicar outra pandemia (SARS-CoV-2). 

E non é o comunismo o que virá após estas intervencións do estado. Žižek non acerta ao apostar por unha nova orde mundial comunista ilusoria cun golpe ao Kill Bill que poida combater a covid19. Se de cine e golpes se trata para comprender este momento da crise capitalista, na infancia de moitas persoas se poden obter mellores claves interpretativas. Dragon Ball e non o clásico de Tarantino —que tamén é de admiración— ten a resposta da nova gobernanza da presente crise. O que virá non é un golpe letal ao capitalismo ao estilo Kill Bill. O que xa está entre nós é máis ben unha “fusión namekiana” ao Dragon Ball.

Piccollo, líder malvado dos namekianos, fusiónase co Deus bondadoso todo poderoso Kamisama para combater ao destrutor da Terra, Freeze. Kamisama dille a Piccolo antes da súa fusión: “a Terra non necesita un Deus, senón un guerreiro”. A bondade da filantropía representada por Kamisama fusiónase cos aspectos máis perversos do capitalismo personificados en Piccolo. O corpo resultante desta fusión non varía como en todas as outras fusións de Dragon Ball. Esta fusión Namekiana dá como resultado o corpo de Piccolo pero aumentando as forzas de Kamisama. O capitalismo agora tamén segue no seu corpo, aínda que sexa fusionado con accións propias de almas caritativas. Esta fusión entre a filantropía —bondade máxima do altruísmo ao xénero humano— e o capitalismo ilustra moi ben a nova forma de gobernanza global neoliberal adoptada a raíz da presente crise capitalista.

Oxalá Žižek tivera razón e o golpe ao Kill Bill puidera librar ao mundo deste prognóstico que é máis propio dunha fusión namekiana.

Sobre o autor
Geo Saura é Profesor Axudante Doutor na Universidad de Granada (2018-2023). Foi recentemente Investigador Posdoutoral na Universitat Autònoma de Barcelona (2015-2018). Foi Investigador Predoutoral (2012-2015) entre a Universidad de Granada e University of Roehampton desenvolvendo o seu PhD internacional sobre políticas e neoliberalismo, que recibiu o Premio Extraordinario á mellor Tese Doutoral en Ciencias Sociais. É na actualidade Investigador Principal de Proxecto Precompetitivo para xoves investigadores sobre Redes Políticas de Gobernanza Filantrópica.

 

Artigo orixinal publicado o 2 de abril. Traducido por O Salto Galiza.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Chernóbil
Cuba y Chernóbil Cuba, Chernóbil y COVID-19
Los médicos cubanos ya acudieron al rescate de los niños de Chernóbil.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Un rayo de esperanza tras cinco años de los protocolos de la vergüenza
A punto de prescribir los posibles delitos, un avance judicial abre la puerta a conocer quién decidió no derivar a hospitales a ancianos en residencias en la Comunidad de Madrid.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.
Tren de alta velocidad
Problemas ferroviarios Llegar a tu casa a las cuatro de la madrugada o cómo pasar la tarde del domingo atrapados en un tren
La línea de Iryo Sevilla-Madrid Puerta de Atocha fue uno de los 30 trenes afectados por las fuertes demoras. Su llegada, programada a las 20:50hrs, se produjo a las 3:05hrs de la madrugada sin apenas haber dado información a sus viajeros
Reducción de jornada
Reducción de jornada Cada vez está más cerca la semana laboral de 37,5 horas
Aprobada hoy en en Consejo de Ministros, la reducción de la jornada máxima legal será tramitada de urgencia en un Congreso que exigirá medidas compensatorias.
Más noticias
Rumanía
Rumanía La ultraderechista Alianza para la Unión de los Rumanos de George Simion se destaca para la segunda vuelta
La extrema derecha rumana sale de nuevo reforzada pese a la eliminación de la carrera electoral de su otro representante, Calin Georgescu. La segunda vuelta de las elecciones será el 18 de mayo.
València
València Rechazada la querella por tortura contra Ramón, policía infiltrado en València
Un juzgado de València desestima el recurso presentado por Alerta Solidària contra la inadmisión de la querella criminal por torturas contra el agente que pasó dos años infiltrado.
El Salto Radio
el salto radio Peinando canas 2: Ganas de cantar, ganas de vivir
En el segundo capítulo de esta serie dedicada al colectivo sénior destacamos el trabajo de Irina Capriles al frente del Cor de la Universitat Oberta per a Majors de les Illes Balears.
Opinión
Opinión El apagón y la ofensiva nuclear de las derechas
El gran apagón se ha producido en medio de una auténtica guerra cultural de la derecha contra el plan de cierre de las nucleares.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña e Ourense mercaron material policial a Israel por medio millón de euros en só catro anos
O alcalde ourensán, Gonzalo P. Jácome, adxudicou un contrato por 70.000 euros días despois do sete de outubro. Abel Caballero asinou outro de máis de 200.000 euros e a alcaldesa da Coruña seguiu a estela cun contrato de 170.000 euros.