13 abr 2020 08:02 | Actualizado: 20 abr 2020 13:30

Tras case un mes encerrados sen ningún tipo de conflito inusual, hoxe a pequena tivo unha hora moi, moi difícil. Non foi unha perrencha ao uso, senón que estaba autenticamente desesperada. Non vou dar detalles. Quería saír de casa como fora, marchar da casa. Ofrecinlle todo tipo de alternativas, incluso pensei en pedirlle á veciña o seu cadeliño para que o fora pasear. Nada lle valía, só quería saír.

Ela, como a súa irmá maior, entendeu perfectamente porque temos que quedar na casa e, insisto, levouno moi ben ata hoxe. E temos que dicir que somos uns privilexiados, a nosa casa é grande, cómoda, moi luminosa, danos o sol sempre que sae (importante en lugares como Compostela). Na casa non estamos preocupados polo noso futuro económico familiar polo que non hai por ese lado nin medo nin tensión. Non todo o mundo ten esta sorte, nin de lonxe, somos moi afortunados.

Dende o inicio asistimos perplexos como esa lacra moderna e urbanícola que é o mascoterismo goza de privilexios inauditos.

O luns, 13 de abril, reláxanse ás medidas, quizais, non o sei, debido ás presións da xente que realmente manda neste país como determinados bancos ou construtoras porque como dicía un cínico unha cousa é ter o poder e outra o goberno. Creo que é o momento de tomar decisións concretas sobre feitos concretos. O que neste momento penso: sacar ás nenas e nenos a pasear 15 + 15 minutos diarios, como mínimo. Porque me da que isto vai ter repercusións psicolóxicas e físicas en millóns de personiñas. Por suposto, debería facerse con normas lóxicas: de un en un, sen contacto con outros nenos ou outras persoas, alonxados un dos outros, quizais da man, a tecnoloxía ancestral que nais e pais empregamos para controlar aos seus descendentes en espazos públicos.

Creo tamén que o confinamento está unicamente pensado para áreas de gran densidade de poboación como as cidades grandes ou barrios moi concretos. Que a xente non se poda desprazar ao seus hortos por exemplo é absurdo. O autoconsumo, a guerrilla tranquila contra o capitalismo, está a ser sacrificada, en boa medida, sen que os responsables se decaten. Hai, tamén, millóns de persoas neste país que podemos saír a dar un paseo en completa soidade sen cruzarnos con ninguén, e estou escribindo isto dende un barrio de Santiago de Compostela a 15 minutos da praza do Obradoiro.

O confinamento está unicamente pensado para áreas de gran densidade de poboación como as cidades grandes ou barrios moi concretos. Que a xente non se poda desprazar ao seus hortos por exemplo é absurdo.

Pola contra, dende o inicio asistimos perplexos como esa lacra moderna e urbanícola que é o mascoterismo goza de privilexios inauditos: persoas con problemas evidentes que poden saír a alimentar “colonias felinas” (sic), algo que debera estar simplemente prohibido polo que supón de dano á biodiversidade e por un problema de salubridade pública, mesmo, probablemente, viole incluso a lexislación actual. Temos que aguantar que a xente con can na casa poda saír a pasealo directamente a diario cando os donos deberan ter que ser capaces de se facer cargo do seu benestar no interior. Non valen escusas de que é un problema de salubridade. Unha sociedade que pensa máis nos cans ou nos gatos ferais que nos pequenos é unha sociedade enferma. Simplemente. Asusta pensar como o lobi animalista se infiltrou no pensamento dominante, tanto como para que persoas do goberno, ás que lle presupoño intelixencia e preparación, asuman unha perspectiva que debera ser pouco máis que anecdótica.

Madrid non é España, nin o centro da Coruña é Galicia. Nin os cans son o máis importante que temos que preservar. Entendo que isto pillou a todos co paso cambiado, pero tras un mes deberamos ir matizando e modulando ás nosas respostas a toda unha constelación de situacións inéditas que Covid-19 trouxo.

A nosa normalidade non era tal, só era excepcionalidade ultraliberal, que virá a ser un suspiro breve na historia da humanidade, apenas un fragmento dunha proteína dese virus na historia da vida sobre a Terra.

Cargando valoraciones...
Ver comentarios 37
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios 37

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...