Coronavirus
Terrazas ou dereitos laborais: concesión de licenzas de ocupación da vía pública

Estes días, as novas arredor da concesión de licenzas de ocupación de vía pública para a instalación de terrazas de bares e restaurantes non deixan de sucederse. Os beneficios obtidos polos empresarios da hostelaría grazas a estas ampliacións encubertas dos seus negocios, en detrimento do espazo público, representan unha práctica cotiá e un novo exemplo de conflito espacial en todas as cidades do Estado español.

terrazas paro
Estes días varias cidades galegas aprobaron medidas de “flexibilización” para a ocupación da vía pública polas terrazas dos negocios hosteleiros.
Militantes da CNT Galiza
26 may 2020 14:00

Os beneficios obtidos polos empresarios da hostelaría grazas a estas ampliacións encubertas dos seus negocios, en detrimento do espazo público, representan unha práctica cotiá e un novo exemplo de conflito espacial en todas as cidades do Estado español. A cambio dunha ínfima cantidade económica en forma de taxa, os hostaleiros ven como os seus ingresos se multiplican até un 100 ou 200 %. As condicións para a obteción de dita ocupación da vía pública non deixan de ser un mero trámite administrativo que non estabelece, por exemplo, ningún tipo de cláusula de tipo laboral nos contratos dos traballadores.

Que pasaría se a concesión destas licenzas estivese vinculada ao cumprimento en materia laboral das condicións legalmente estipuladas? Ou dito doutro xeito, os incumprimentos en materia laboral deberían ir asociados á penalización en extracción de plusvalías dos responsábeis hostaleiros por medios das terrazas. Non é posíbel permitir que mentres a patronal do sector segue a presentar uns beneficios maiores cada ano, a clase traballadora presente unhas condicións cada vez máis lamentábeis. Os Concellos, responsábeis da concesión deste tipo de licenza, teñen estes días nas súas mans enfrontar desta vez ao lado da clase traballadora unha das crises recorrentes do sistema capitalista.

Contexto actual

Estes días estamos vendo como varias cidades galegas presentan e aproban medidas de “flexibilización” para a ocupación da vía pública mediante as terrazas dos distintos negocios hosteleiros. Na Coruña, permitiuse a ampliación do espazo ocupado por bares e restaurantes para que así se podan extender as terrazas ao longo da superficie necesaria até conseguir alcanzar o máximo aforo permitido pola normativa. En Vigo, parece que a dirección tomada polo Concello é similar á da Coruña e o alcalde anunciou que se permitirá ampliar o espazo ocupado polas mesas de terrazas pero “con sentido común”. É de sobra coñecido como o sentido común do sector hosteleiro consiste en exprimir a normativa para a obtención do máximo beneficio. En cidades como Santiago de Compostela, onde nos últimos anos se ten apostado basicamente polo turismo como sector improductivo para a cidade, o Concello, onde xa se tramitou un Decreto de Alcaldía, para beneficiar os hostaleiros permite toda a ocupación “imprescindíbel para facer factíbel a instalación do 50 % das mesas”. Deste xeito exprémese ao máximo o Decreto-Lei do goberno e conséguese un 100 % na ocupación das terrazas da cidade. Tras anos de apropiación, por parte dos peregrinos da contorna urbá compostelá, as veciñas da capital galega aínda terán que esperar para desfrutar da súa cidade e seguir cedendo á mercantilización do espazo público.

Os meses de verán mostran unha porcentaxe de contratos temporais en restauración que oscilan entre o 92 e o 93 %

Todo pola reactivación económica dun sector que durante estes anos ten manifestado precariedade e temporalidade na contratación. Non en balde, os meses de verán mostran unha porcentaxe de contratos temporais en restauración que oscilan entre o 92% e o 93%, segundo datos do SEPE, manténdose nun 90% durante os meses de inverno. Calquera traballador ou traballadora do sector hostaleiro conta cunha folla interminábel de contratos na súa vida laboral.

As terrazas para o sector hostaleiro

Cada verán asistimos a unha “loita” por seguir gañando terreo ao espazo público por parte dos empresarios. A multiplicación exponencial das ganancias ofrecidas polas terrazas a cambio dunha ínfima taxa de inversión supón alicientes máis que elevados para que a patronal continúe presionando en pos dunha mercantilización total da cidade. Non son actuais as reclamacións, por parte dos hostaleiros, do aumento do espazo permitido para cada terraza ou dunha diminución na contía das taxas para ocupar a vía pública.

A multiplicación exponencial das ganancias ofrecidas polas terrazas a cambio dunha ínfima taxa de inversión supón alicientes máis que elevados para que a patronal continúe presionando en pos dunha mercantilización total da cidade

No entanto, que beneficio obtén a clase traballadora ante este aumento da plusvalía empresarial? Contratas precarias, horas extraordinarias non retribuídas, non recoñecemento da súa categoría laboral e, en moitas ocasións, vulneracións dos seus dereitos fundamentais perante a reclación de abusos. Dentro do sindicato vivimos de forma continua, e especialmente en verán, este tipo de situacións e non somos alleos a elas. Hostaleiros e hostaleiras de todas as cidades repiten un patrón de comportamento que saben que non lles conlevará consecuencias económicas en indemnizacións chegado o caso.

A lexislación ante o abuso da patronal

A lexislación levada a cabo pola clase dominante é bastante limitante. Aínda sabendo das prácticas empresariais e da necesidade de manter un sistema produtivo baseado no turismo e na construción, as licenzas urbanísiticas para a ocupación do espazo púlico non se poden vincular á modalidade de contratación nin ao número de empregados da empresa. Deste modo, perpetúase no sector a alta temporalidade nos contratos e sométese á clase traballadora —ao non existir ningún tipo de control sobre a contratación— a salarios baixos e contratas por períodos breves de tempo en fraude acuciante. No entanto, como xa temos sinalado anteriormente, aínda existen algúns espazos de loita nos que a clase traballadora ten moito que dicir e dende onde é posíbel obter algunhas vitorias para a mellora das condicións materiais de traballadores e traballadoras.

O artigo 24 da constitución garante que calquera traballadora poida reclamar os seus dereitos sen que o empresario aplique ningún tipo de represalias por isto

A tan alabada Constitución Española parece ser somente un arma arroxadiza para a clase política de todas as cores cando se trata de facer gala da súa españolidade. Son poucos os artigos que se respectan ou sacan a relucir e só para tratar de conseguir vitorias electorais, políticas e mediática sen apenas repercusión para a clase traballadora. Aínda así, entre a maraña de artigos da Carta Magna, existe un que conviría memorizar a calquera traballador ou traballadora, o artigo 28: dereito á liberdade sindical, ou o que é o mesmo, calquera traballadora pode reclamar os seus dereitos sen que o empresario aplique ningún tipo de represalias por isto. O exercicio deste dereito debería de estar protexido por todos os medios posíbeis por parte das Administracións. Así, os Concellos de todo o Estado español teñen unha nova oportunidade de mostrar como queren afrontar a nova crise que vén: dando resposta ás necesidades da clase traballadora ou beneficiando a propietarios e rendistas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Laboral
Laboral Inspección de Trabajo sancionará a El Corte Inglés por incumplimiento de los descansos
CGT denuncia que, en noviembre y diciembre, la dirección de los grandes almacenes se salta la legislación y obliga a hacer jornadas seguidas de hasta 15 horas con descansos de menos de siete horas en algunos casos.
Sevilla
Derechos laborales Tres trabajadores despedidos por la empresa Setex Aparki emprenden una huelga de hambre en Sevilla
Los tres trabajadores se encuentran sin comer y durmiendo en el edificio del Ayuntamiento hasta ser readmitidos en sus puestos de trabajo del que fueron despedidos junto a otros tres compañeros.
Huelva
Derechos Humanos APDHA exige a la Unión Europea que se acabe con la explotación en los asentamientos de Huelva y Almería
La Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía ha mandado una carta a todos los grupos políticos del Parlamento Europeo para que pongan fina a más de dos décadas de explotación a las y los trabajadores migrantes del territorio
Materias primas
Consumo España entra en déficit ecológico este 23 de mayo
El país ya ha consumido, a fecha de este viernes, todos los recursos naturales por año que le corresponderían en un reparto justo que permitiera al planeta regenerarse.
Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.
Comunidad de Madrid
Pseudomedios Ayuso y Almeida han inyectado más de 400.000 euros a ‘Periodista Digital’ en cuatro años
El medio de Alfonso Rojo que emplea al agitador Bertrand Ndongo ha recibido más dinero que medios con mucho más alcance como ElDiario.es mientras El Salto sigue siendo totalmente discriminado por el Partido Popular.

Últimas

LGTBIAQ+
Sentencia El TSXG reconoce que el asesinato de Samuel Luiz fue un crimen de odio
El tribunal ha ratificado las penas de entre 20 y 24 años para los tres acusados y ha absuelto al joven condenado a diez años de cárcel como cómplice del asesinato.
València
València El País Valencià se prepara para la huelga general del 29 de mayo contra la gestión de Mazón
Siete meses después de la dana, mientras la justicia apunta al Consell, los sindicatos combativos preparan la huelga general con el respaldo de amplios sectores sociales.
Poesía
Poesía Por qué vive Roque Dalton: 50 años del asesinato del poeta de El Salvador
El poeta Roque Dalton sigue desaparecido desde que aquel día murió “muchacho” con 40 años de edad. Que Roque Dalton murió muchacho lo escribió su amigo Mario Benedetti, también poeta.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Imputados dos altos cargos de Ayuso por los protocolos de exclusión sanitaria en las residencias
Por primera vez, un juzgado llama a declarar como investigados a Carlos Mur y a Francisco Javier Martínez Peromingo, ambos colaboradores de los protocolos por los que se impidió el traslado a hospitales de mayores dependientes.
Educación
Educación La Educación en Madrid sale a la calle para defender lo público
Estudiantes, profesorado y trabajadores de todos los niveles educativos recuperan la manifestación que no pudieron hacer por el apagón del pasado 28 de abril.
Opinión
La industria militar vasca a debate (III) ¿Para quién genera riqueza la industria militar y a costa de qué?
En el contexto europeo de impulso político económico de la producción para el desperdicio y la guerra hay que enmarcar la abyecta apuesta del Gobierno Vasco por este negocio.
Madrid
Madrid Los bomberos forestales esperan una solución tras 17 años de espera por un nuevo convenio
Denuncian salarios congelados de 1250 euros, la temporalidad y que no están protegidos ante el riesgo de agentes cancerígenos propios de los incendios.

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.
Gordofobia
Lara Gil “Es más peligroso para la salud una cirugía de reducción de estómago que ser una persona gorda”
Lara Gil (Madrid, 1988) es antropóloga y activista antigordofobia. Ha escrito un libro, 'Manual para romper un cuerpo', en el que cuenta como una cirugía bariátrica ha destrozado su cuerpo. Denuncia que nadie habla sobre las consecuencias de mutilar el estómago cuando está sano.