Cuidados
12 ideas para facilitar os coidados nas vivendas antes do próximo confinamento

Neste cuarto artigo da restra sobre arquitectura dos coidados presentamos algunhas propostas elaboradas de xeito colectivo pola nosa asociación co obxectivo de facilitar as tarefas de coidados cotiás, contribuíndo ao benestar das persoas nos seus fogares.

Niño en ventana
Foto de Iván Rodríguez

Após un primeiro artigo sobre a violencia que sufrimos as mulleres (e en concreto as mulleres con crianzas) nestes tempos que cargaron sobre nós múltiplas esixencias e traballos cunha conciliación aínda máis inexistente; un segundo artigo no que fixemos un percorrido pola urbanización e arquitectura desde a perspectiva de xénero, denunciando o androcentrismo e a expulsión das e dos habitantes das vilas e cidades; un terceiro artigo no que recollemos varias das achegas feitas por mulleres desde o s. XIX sobre formas de convivio máis humanas, sostíbeis e facilitadoras para as mulleres; este artigo (e o seguinte) consisten en propostas prácticas, viábeis e sen custe excesivo.

Feminismos
As mulleres levamos ideando cidades máis habitábeis desde o s. XIX
VV.AA.
Cando deixaron as crianzas de iren soas á escola? Cando comezamos a considerar imprescindíbel usar o coche tamén para iso? Cando deixou a cativada de xogar na rúa?

Esas achegas afectan tanto ao interior coma ao exterior e inclúen propostas para vivendas existentes e propostas para vivendas de nova construción. Porén, somos conscientes de que moitas persoas no noso país non teñen casa onde vivir ou de que a que teñen non está en condicións axeitadas, malia que existan (sobre todo despois da desmesurada construción que trouxo a burbulla inmobiliaria) un bo número de vivendas baleiras. Consideramos que esta cuestión é a primeira que é preciso resolver.

1. A diversidade coma medida das cousas.

No seu afán de universalidade, a arquitectura propuxo modelos humanos estándar de referencia marcadamente androcéntricos como o admirado Modulor de Le Corbusier, baseado na curiosa idea de que os seres humanos estamos feitos co mesmo molde, temos as mesmas necesidades e medimos 1,82 metros! Este sistema de modelo único dificulta a vida de quen non responde a estas características (por exemplo, na altura dos mobles da cociña ou das agarradeiras do autobús) e invisibiliza outras formas de vida e necesidades: tal como deixou dito Simone de Beauvoir, os homes confunden o seu punto de vista coa verdade absoluta. Precisamos un deseño flexíbel para construír vivendas adaptábeis á diversidade da realidade: nas vivendas adoitan convivir diferentes xeracións, sexos, capacidades, diversidades funcionais, etc. e as necesidades van variando ao longo do ciclo vital e tamén en función da saúde, o traballo e outros aspectos.

2. Espazos diáfanos.

Propomos suprimir tabiques para xerar espazos máis amplos, organizando os espazos privados mediante estantes ou biombos. Con isto é posíbel un espazo flexíbel en función dos cambios de necesidades ao longo da vida. Por exemplo, un único dormitorio enorme que a medida que as crianzas medran vaise dividindo para que cada unha teña un propio, ou unha terraza que pode ser en parte pechada no inverno e aberta ao sol no verán.

A división interior tradicional das vivendas xerarquiza os espazos nunha visión androcéntrica. Privilexia os espazos masculinos

A división interior tradicional das vivendas xerarquiza os espazos nunha visión androcéntrica. Privilexia os espazos masculinos (despacho, salón) e separa e oculta a muller e as tarefas de coidado como cociñar e limpar do resto da familia: é o confinamento na cociña dentro do confinamento na casa. Hai diferentes propostas para fomentar a equidade no fogar, promovendo unha responsabilidade colectiva dos coidados e rachando co illamento das mulleres. As chamadas ‘cociñas americanas’ combaten isto, por exemplo (volveremos a este tema fundamental máis adiante).

3. Domótica.

Consideramos necesaria a democratización destes avances tecnolóxicos sobre todo pensando na atención á dependencia: teleasistencia, detección de caídas, sensores biomédicos, etc. Así mesmo, sería interesante que en todas as casas houbera diferentes intensidades de luces en función do que se precisa: para enfiar unha agulla ou facer unha cura fai falta unha luz intensa; para conversar ou descansar, unha luz cálida; para desacelerar o ritmo dun bebé, luz tenue. Tamén se debería facilitar a adquisición de electrodomésticos intelixentes (fornos pirolíticos que se limpan máis facilmente e duran máis tempo, por poñer un exemplo), o que, entre outras, permitiría rematar coa externalización dos traballos de limpeza e as relacións desiguais que crea.

4.Illamento térmico pero non acústico.

No canto de ocultar, é preciso naturalizar os ruídos, os propios e os dos demais: que se escoite a alguén cantar mentres cociña, ou na ducha, ou as crianzas rir cando xogan... Deste xeito tamén se permitiría xogar as crianzas en liberdade sen telas hipercontroladas. E en casos de violencia, facilita que as veciñas nos oian e poidan denunciar.

5. Seguridade fronte a accidentes domésticos.

As vivendas, e concretamente as cociñas, son os lugares onde se producen a meirande parte dos accidentes infantís. Consideramos que as vivendas teñen que ser espazos seguros para todas as persoas que habitan nelas, independentemente da súa idade, condición física, sexo etc. Algúns exemplos que favorecen a seguridade: o deseño sen arestas, esquinas e elementos en punta; o arredondado (tan castrexo) fronte ao ángulo recto; a protección de serie nas cociñas (divisorias e avisos luminosos evidentes de temperatura); o control da temperatura das billas; balcóns con proteccións adecuadas; chans de materiais que non esvaren (madeira, pedra, mosaico) nos baños e duchas; prohibición dos produtos tóxicos para limpeza (tamén por sostibilidade ambiental); sistemas de calefacción ocultos (para evitar que as crianzas toquen radiadores e estufas), formación en primeiros auxilios como parte importante do currículo escolar; etc.Toda medida preventiva no mobiliario e no interiorismo para crianzas ou dependentes permite relaxar o traballo de coidados ao ter unha preocupación menos a supervisar.

6. Dormitorios amplos.

Onde caiban camas grandes e/ou varias camas xuntas que permitan o coleito, faciliten o bo descanso das nais aleitadoras e o durmir do núcleo familiar, sexa cal for o modelo de familia. Isto potencia a crianza con apego, cobre necesidades afectivas, colabora na superación de medos e enfermidades, permite momentos de ocio colectivo... Amplitude tamén para incluír camas con somieres articulados útiles para embarazadas, acabadas de parir, maiores con dificultades de mobilidade... que faciliten o traballo ás coidadoras destas persoas.

7. Cociñas amplas.

As cociñas constituirían unha categoría por si soas: desde Catherine Beecher até Melusina Fay Peirce, pasando pola cociña Frankfurt, moito se ten pensado sobre se para as mulleres é mellor termos cociña ou non tela. Beecher e as economistas domésticas preferían cociñas pequenas, con todo a man, para non facer kilómetros percorréndoas en busca de ferramentas. Peirce directamente deseñaba apartamentos sen cociña.

As cociñas deben incluír o comedor para facilitar o traballo

Cun clima de corresponsabilidade na vivenda, sería desexábel unha cociña ampla con boa luz e ventilación, onde poidan traballar varias persoas na preparación dos alimentos, limpeza, conserva, almacenaxe... Nos últimos anos téndese a facer compras semanais (coa crise sanitaria que vivimos esta opción é máis que recomendábel) polo que as cociñas deberían incorporar zonas de almacenaxe e despensas, así como espazo para organizar o lixo e compostaxe, que pode ser xestionado despois nas zonas comúns con arcóns para envases reutilizábeis: botes de cristal, garrafas de plástico, teas... para unha segunda vida de uso comunitario ou para facer brinquedos con material de refugallo.

As cociñas deben incluír o comedor para facilitar o traballo, quedar visíbeis e no centro (como no mundo tradicional) para que sexan utilizadas por todas as persoas, eliminando o comedor como estancia á parte.

8. Baños amplos.

Os baños non necesariamente se teñen que usar de xeito individual. Poden separarse os elementos: o váter (pechado) do lavabo (aberto) para que se poidan usar simultaneamente. Respecto á sostibilidade: usar pratos de ducha en lugar de bañeiras. Respecto aos coidados: colocar asideiros en inodoros, duchas e paredes para persoas con menos autonomía (pequenas e maiores).

9. Espazos exteriores propios.

Unha das grandes aprendizaxes desta pandemia foi a necesidade de considerar o espazo exterior tan importante nas vivendas coma a cociña ou o baño. Un espazo polivalente (desde un balcón até un xardín) que sirva para o cultivo de alimentos, facer compostaxe, tomar aire e sol, xogar, refrescarse, etc. Na enquisa Maternar nos tempos do coronavirus que o noso colectivo lanzou no mes de marzo, ao comezo da pandemia, o 60% das mulleres que responderon sinalaron a falta de espazo exterior como o factor que estaba a facer más difícil o confinamento. O acceso ou non a espazos exteriores desde a propia vivenda supón un salto na calidade de vida e evidencia os privilexios de clase. A construción desarrollista española practicamente acabou coa tradicional casa con leira. A deserción do arado implicou, en moitos casos, a perda literal do contacto coa terra e mesmo a sensación falsa de que non a necesitamos.

Materfem_Balcón (4)
Instalación de canela-balcón. Fonte: https://dornob.com

Para as vivendas de nova construción debería ser un requisito para a habitabilidade. No caso das vivendas xa existentes, pódese considerar a instalación de xanelas-balcón ou a construción de estruturas de balcóns como se están a facer ascensores exteriores con axudas públicas: a través de plataformas adosadas ás que se teña acceso desde cada vivenda e permitan tender a roupa ao sol, minicultivos, xogar, airearse…

Materfem_Estruturas (4)
Exemplos de estruturas exteriores adosadas para colocación de ascensores no barrio de Vista Alegre. Fonte: Xunta de Galicia

10. Espazos exteriores comúns que faciliten o encontro e o coidado.

Propomos xardíns, terrazas, patios, hortas… adaptados ás características climáticas para facer uso todo o ano. No caso dos edificios as zonas comúns deberían ser moito máis espazosas, que conviden ao intercambio, o encontro, etc. e sexan visíbeis desde as vivendas, para permitir a supervisión de crianzas xogando desde a casa, persoas maiores paseando, etc. Poderían incluír zona con árbores, materiais naturais (area, auga, terra), xogos colectivos ou libros para intercambiar entre a veciñanza, e até unha piscina comunitaria. Estes aspectos son especialmente importantes en momentos da vida, coma a adolescencia ou a vellez, onde é máis difícil a socialización, e tamén permiten vivir procesos difíciles da vida (separación, loito, etc.) cunha menor sensación de soidade.

Por outra banda, para facilitar as compras conxuntas, gardar bicicletas e carros da compra e de bebés, entre outros usos, deberían establecerse zonas de almacenaxe nos accesos, portais e zonas baixas, a xeito de rochos comunitarios.

Materfem_Patio de quinteiro (4)
Patio de quinteiro en Vancouver. Tamén xardín na terraza. Fonte: www.citiesforplay.com

11. Ramplas.

As ramplas non poden ser substituídas por salva escaleiras (que ademais son bastante máis caras). Os carros da compra, as cadeiras de bebé, as bicicletas da cativada, as persoas con pouca mobilidade, e mesmo as persoas en cadeiras de rodas poden subir por ramplas sen ter que pedir axuda. Queremos promover a autonomía, no canto da dependencia.

12. Levantamento da prohibición de tendido de roupa nas fachadas.

Tendo en conta tamén aspectos ambientais e non caendo na solución doada dunha secadora por fogar, é preciso repensar as solucións para o lavado e secado de roupa. Por un lado, é imprescindíbel incorporar un espazo para lavadoiro, nunca fóra da vivenda (onde chove e vai frío) e mellor no baño ca na cociña, pois segue a lóxica do ciclo da roupa. Isto ademais favorece que cada quen se encargue da súa roupa de forma colaborativa.

Outra opción pode ser unha lavandería de uso común nos edificios.Sempre con saída ao exterior para poñela a secar. Esta medida de rescate do procedemento popular de secado da roupa lavada contribuiría tamén a visibilizar e normalizar o traballo de coidados. A prohibición en Santiago está vixente desde o PXOM do ano 1993, que decidiu que colgar a roupa de maneira visíbel era antiestético. Alén do obxectivo ocultador, que cita o propio PXOM, estásenos privando ás compostelás do aproveitamento do sol como axente desinfectante da nosa roupa. O clareo que puñan en práctica as nosas avoas e nais nas contornas daqueles lavadoiros que queremos recuperar tamén (sen renunciar á tecnoloxía) como lugares de socialización e de co-crianza en tribo.

Materfem_zona secado (4)
Exemplo de zona comunitaria de secado de roupa no alto de vivendas de San Valentín (Fene). Fonte: Wikipedia
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Oriente Medio
Oriente Medio ‘Aliadas’, un libro para imaginar otra Shatila y recordar Palestina
Hablamos del libro, el deporte, la vida en Shatila y el genocidio en Gaza con la autora, Txell Feixas, junto a Majdi y Razan, padre e hija que protagonizan esta historia de rebeldía y amor por la vida en el campo de personas refugiadas del Líbano.
Economía social y solidaria
Cooperativismo Economías tejidas por mujeres: feminismo y cooperativismo en Madrid, una genealogía por contar
La Economía Social y Solidaria feminista no ofrece fórmulas mágicas, pero sí un horizonte: uno donde lo productivo y lo reproductivo, lo económico y lo afectivo, dejen de estar enfrentados.
Maternidad
Maternidades Maternar sola, precaria y sin que se note
Actualmente, asistimos a un nuevo modelo de súper madre que es la monomarental, precaria, activista feminista, que hace malabares para que sus criaturas no se enteren de las patrañas que nos rodean sin perder de vista la crianza respetuosa
#71673
9/10/2020 22:04

Todo moi ben, menos o do illamento acústico. Levo sufrido abondo polo ruído exterior, e, como mínimo, coido que habería que diferencialo do ruído interior. Logo habería outras consideracións para ese ruído interior, pero polo menos, o illamento externoen determinadas zonas é obrigado...

3
0
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.