Culturas
Cen anos de humor gráfico en Galicia

O neno Castelao, que emigrara cos seus país á Arxentina, ficou engaiolado cos debuxos de Cao, ante os que sentiu medrar a súa vocación de debuxante humorístico.

Xornalista e doutor en Comunicación. Autor dos libros O humor galego alén da retranca, Humor en cadriños I e Humor en cadriños II.
23 ene 2018 13:00

O moderno humor gráfico galego xurdiu con 30 anos de atraso, porque quen o tiña que fundar –Xosé María Cao (1862-1918)– emigrou á Arxentina con vinte e poucos anos, converténdose no pai da caricatura política dese país. Haberá que agardar a que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950) desempeñe ese papel na segunda década do século XX. En Bos Aires, Cao mimetizouse en Don Quijote co madrileño Eduardo Sojo, director da revista, ata o punto de adoptar o seu mesmo pseudónimo, Demócrito, só que co ordinal II. Ambos os dous levaron adiante unha encarnizada loita satírica contra o presidente da República, o xeneral Julio Argentino Roca, El Zorro, polo que sufriron persecución e cárcere. Cao alcanzaría despois a madureza como caricaturista e debuxante de humor en Caras y Caretas, a revista máis lida en toda Hispanoamérica, na que colaborarían outros dous excelentes caricaturistas galegos: Juan Carlos Alonso (1886-1945), que se convertería logo no caricaturista máis valorado de toda a América do Sur, e Federico Ribas (1890-1952).

O neno Castelao, que emigrara cos seus país á Arxentina, ficou engaiolado cos debuxos de Cao, ante os que sentiu medrar a súa vocación de debuxante humorístico. 

Castelao e a caricatura síntese

Castelao galeguizou a caricatura modernista, baseada na liña e na síntese expresiva, que puxera de moda en toda Europa a revista alemá Simplicissimus. Mais hai dous Castelaos: o anterior e o posterior a 1916, cando descobre o nacionalismo e ingresa nas Irmandades da Fala. O primeiro procuraba só divertir, representando, coma outros artistas da época, costumes e feitos anecdóticos. Este primeiro estilo vémolo nas súas colaboracións en Vida Gallega —a revista viguesa en cuxa capa arelaban publicar todos os debuxantes da época—, das que renegaría logo: “Acúsome de ser eu quen deu empezo a esas carantoñas porcas, a eses monicreques noxentos, a ese humorismo de taberna”. O segundo Castelao, afastado xa dos temas festeiros, vai reflectir a problemática da Galicia labrega e mariñeira, a cuxo espertar quere contribuír. O álbum Nós significa un punto e á parte neste senso. Os seus debuxos foron realizados entre 1916 e 1918, aínda que non se expuxeron por vez primeira ata 1920 e o álbum non foi editado ata 1931. É entón cando fai o seu mellor traballo para a prensa, a serie “Cousas da vida”, que nace en xullo de 1923 no diario Galicia. Tras o peche do xornal, continuaraa en Faro de Vigo entre 1926 e 1933.

Castelao colaborou ademais no diario madrileño El Sol, como farían tamén os seus principais discípulos: Carlos Maside (1897-1958), Álvaro Cebreiro (1903-1955) —se cadra, o mellor caricaturista galego de todos os tempos, canda Cao e Alonso— e Manuel Torres (1901-1995). O rianxeiro creou logo unha farturenta escola, con nomes tan importantes coma eses e os de Cándido Fernández Mazas, Luís Seoane, Ignacio Vidales Tomé, Eduardo Padín, Xaime Prada, etc.

A etapa que vai de xaneiro de 1909 ao 18 de xullo de 1936 foi a época dourada do humor gráfico galego. Nun país con poucas publicacións e menos lectores, chegou a haber preto dun cento de humoristas que publicaban viñetas. A maioría eran artistas que se sentían atraídos pola moda do momento, entre eles algúns dos “novos” que anovaron a pintura galega na primeira metade do século XX. 

Censura e decadencia tras a guerra

A Guerra Civil rachou a idade de ouro do humor gráfico galego. O corte foi radical. Algúns dos debuxantes foron fusilados (Camilo Díaz, Luís Huici…), outros marcharon ao exilio (Castelao, Ribas, Seoane…) e os que ficaron foron obrigados a calar.

A imposición da censura impide toda crítica política e dá paso a unha época de decadencia artística. Porén, nos anos 50 e 60 atopamos algúns abrollos esperanzadores. En primeiro lugar a revista Galicia Emigrante (1954-1959). En Bos Aires, Seoane evita que a ruptura sexa irrecuperábel ao publicar nesta revista debuxos de seu e de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Carlos Maside.

En segundo lugar o regreso (fuxidío) de Cebreiro, Torres e Vidales Tomé. Cebreiro colabora en El Ideal Gallego desde 1950 ata a súa morte en 1955. Vidales Tomé publica en Faro de Vigo viñetas de fútbol durante as tempadas 1955-1956 e 1956-1957. Torres colabora en La Voz de Galicia de 1962 a 1964.

Finalmente a aparición de Atomé, Quesada e Lalo. Antonio Tomé Taboada, Atomé (1914-1974) publicou as súas “Paroladas” en El Ideal Gallego desde 1963 ata a súa morte, o 18 de decembro de 1974, sempre cos pés en galego. Médico rural, os seus personaxes son homes e mulleres curtidos polo duro traballo cotián aos que atendía na súa consulta. Bernardo Vázquez Gil, Lalo (1927-2016) publicou con éxito o personaxe de "Gorechiño" en El Pueblo Gallego desde 1954. Fernando Quesada (1933-2016) colaborou en Faro de Vigo desde 1961 facendo caricatura de política internacional, labor que compatibilizou desde 1964 coas súas colaboracións na prensa madrileña (Arriba, Pueblo, Tele Radio…).

Ilustración Bea Lema_3

Por esta época, os humoristas gráficos galegos estaban influídos sobre todo por La Codorniz, na que colaboraban dous galegos ilustres: Julio Cebrián (1929-2017) e Alfonso Abelenda (1931). Castelao seguía a ser un perfecto descoñecido. O groso da primeira edición das Cousas da vida da editorial Galaxia non se editou ata 1971.

Un novo amencer a partir de 1970

A Lei de prensa e imprenta de 1966 (a famosa Lei Fraga), que derogara a censura previa, deu lugar en España a un estoupido do chiste crítico, mais aínda non político. Publicáronse máis chistes “socioeconómicos” entre 1966 e 1969 ca nos 27 anos anteriores, e o chiste converteuse en elemento substantivo dos diarios e das revistas. En Galicia, a mudanza empezarase a notar timidamente a partir de 1970, coa estrea de Siro López (1943) e Xaquín Marín (1943) en Chan —unha revista quincenal galega que dirixía en Madrid Raimundo García Domínguez, Borobó— e as primeiras viñetas “galegas” de Quesada en Faro de Vigo.

Este período de rexurdimento confirmarase a partir de 1980 coa incorporación á prensa dun feixe de novos humoristas. Algúns diarios atopan o seu debuxante: La Voz de Galicia a Siro e Xaquín Marín, Faro de Vigo a Gogue (José Rodríguez López, 1953), La Región a Xosé Lois (González) (1949).

Algúns destes humoristas acadarán unha popularidade extraordinaria. O fenómeno comeza con Quesada, que nos anos 70 se converteu en “supervendas” coas súas Chispas da roda, publicadas pola editorial Castrelos na colección “O Moucho”; segue con Xosé Lois e Gogue, cuxos respectivos personaxes do Carrabouxo e Floreano foron inmortalizados en estatua nas vilas natais dos debuxantes; e chega aos nosos días co “Bichero” de Davila.

O compromiso social e nacional dalgúns deste humoristas é innegábel: a Xaquín Marín (cos seus inesquecíbeis “Gaspariño” ou “D. Augusto”), Siro ou Xosé Lois cómpre engadir os nomes de Chichi (Xesús) Campos (1952-1991), Pepe Carreiro (1954), Nachortas (1954) ou Carlos Silvar (1954). Chichi foi un dos máis intelixentes e prolíficos humoristas galegos de todos os tempos, mais a súa prematura morte privounos do mellor da súa produción. Foi tamén un dos pioneiros da banda deseñada en Galicia despois da Guerra Civil, coa fundación do grupo de cómic do Castro a principios dos anos 70, canda Xosé e Rosendo Díaz e Luís Esperante. Outro pioneiro foi Xaquín Marín, coautor, canda Reimundo Patiño, do álbum 2 viaxes, de 1975. Pola súa banda, Pepe Carreiro foi un humorista especialmente mordaz. O seu libro Fraga na Galiza (1997) é unha extraordinaria crónica satírica dos anos de Manuel Fraga como presidente da Xunta.

Tras a morte de Franco non houbo verdadeira liberdade de prensa ata a promulgación da Constitución de 1978. Coa Lei Fraga aínda vixente, Siro tivo que afrontar en 1976 un dobre proceso civil e militar por senllas viñetas publicadas en El Ideal Gallego. No civil, o fiscal retirou os cargos; do militar zafouse pola amnistía xeral do 15 de outubro de 1977.

Máis grave foi o que aconteceu en Barcelona, onde El Papus sufriu en setembro de 1977 un atentado con bomba da Triple A que cobrou a vida do conserxe do edificio onde se localizaba a publicación. Eran os anos da Transición e do boom das revistas de humor: Hermano Lobo, El Papus, Por Favor

Durante as décadas de 1980 e 1990 produciuse unha serie de acontecementos no humor gráfico galego que acadaron categoría de auténticos fitos. Un deles é o Museo do Humor de Fene. Fundado por Xaquín Marín en 1984, foi o primeiro e, durante moitos anos, o único museo de humor de toda a Península Ibérica. Dinamizou o humor gráfico galego cunha manchea de actividades, nomeadamente os Premios Curuxa e as Xornadas de Humor.

Outro fito importante son os encontros de humoristas. Foron cinco: o I Seminario Galego do Humor de Sada (1982), os Encontros de Humoristas do Condado (Mondariz, 1984; Salvaterra do Miño, 1985, 1986 e 1987; e O Porriño, 1988) e o I Salón de Primavera e Simposio de Humoristas Galegos de Vigo (1999). Non acadaron o obxectivo de crear unha asociación profesional de humoristas, mais axudaron a visibilizar o sector.

Hai que destacar tamén a aparición das revistas de humor. Foron tres: Can sen Dono (Vigo, 1983-1991), Xo! (Vigo, 1993-2000) e Sapoconcho (boletín do Museo do Humor de Fene, 1994-2000). Foron as primeiras despois da guerra. Creada por Pepe Carreiro e Gogue, Can sen Dono era unha revista aberta e plural, na que colaboraron case que todos os humoristas gráficos galegos da época. Xo!, cofundada tamén por Carreiro, era máis satírica. A comezos do novo século, coas tres revistas xa desaparecidas, a remuda foi tomada por dous suplementos de humor: “Xatentendo.com” (2000-2001), suplemento semanal de La Voz de Galicia, fundado e dirixido por Siro, unha iniciativa sen parangón na prensa española; e “O Farelo” (2001-2010), suplemento mensual do xornal comarcal A Peneira, de Ponteareas.

Outro fito a salientar é a Bienal da Caricatura de Ourense (1992-2008). Organizada por Benito Losada desde a Casa da Xuventude, reunía cada dous anos a todos os humoristas gráficos galegos que colaboraban na prensa. Tiña un concurso de caricaturistas noveis que gañaron, entre outros, Santy Gutiérrez e Suso Sanmartín.

A mediados da década de 1990 irrompe nos xornais galegos un feixe de novos humoristas —Pinto & Chinto (David Pintor e Carlos López), Leandro Barea, Kiko da Silva, Santy Gutiérrez, Luís Davila, Javier Aguilera, Xosé Tomás, Matalobos, Suso Sanmartín, Sex (María José Mosqueira), Alberto Guitián…— nados na súa maioría entre 1970 e 1975, que estarán chamados a protagonizar non só unha remuda xeracional no humor gráfico galego, senón tamén un cambio de etapa. A fichaxe de Pinto & Chinto por La Voz de Galicia en 1998 e o inicio por parte de Davila da serie “O Bichero” en Faro de Vigo ese mesmo ano dan carta de natureza ao fenómeno. 

Precariedade e novas formas de censura

Esta nova xeración de debuxantes satíricos xorde aínda dentro dunha idade dourada do humor gráfico na prensa galega, mais as cousas vanse logo tornar negras. A crise económica de 2007 asesta un forte golpe ao xornalismo, en plena crise de identidade pola transición dixital. As consecuencias son graves. Prodúcese un claro retroceso na valoración do humor gráfico nos xornais, reflectido tanto nas condicións laborais e económicas dos humoristas como na perda de carga crítica das viñetas por mor da censura empresarial, a autocensura e mais a ditadura do politicamente correcto. A irrupción da internet e das redes sociais tamén está a condicionar o traballo dos humoristas, tanto positiva como negativamente.

Esta nova etapa trouxo tamén algunhas novas felices, como a recuperación dos Premios Curuxa, a creación nese mesmo ano da Festa da Caricatura “Cidade de Ferrol” —cuxa terceira edición (2017) xa non se celebrou por falta de cartos— e, sobre todo, a revista Retranca (2007-2011).

Fundada e dirixida en Vigo por Kiko da Silva, cunha estrutura semellante á de El Jueves, veu anovar a forma de facer humor en Galicia, mais non deixou de afrontar graves dificultades, como o sorprendente secuestro do número 28 —dedicado á visita a Galicia do papa Bieito XVI en 2010— por parte do propio impresor por mor do seu desacordo moral co contido, e, sobre todo, a coitelada mortal que lle supuxo a creba da empresa que a distribuía.

Despois de Retranca xurdiron tamén as primeiras publicacións dixitais de humor gráfico en galego: Enchufados (2012) e O Botafumeiro (2014), xa desaparecidas.

A recrudescencia da censura non é un fenómeno só galego. O pasado mes de novembro, máis de cen humoristas gráficos de toda España asinaron un manifesto denunciando a censura de editores e directores, o despedimento de humoristas e os recentes procesos xudiciais contra revistas como El Jueves e Mongolia.

Arquivado en: Humor Culturas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Libertad de expresión
Arte y política La censura sobre Gaza fue una de las principales amenazas a la libertad de expresión artística en 2024
El informe anual de la organización Freemuse sobre el estado de la libertad de expresión artística en 2024 alerta del incremento de la censura y la persecución en un contexto de guerra e inestabilidad.
Culturas
Opinión Macrofestivales o la romantización del hiperconsumo
No hay macrofestival ético, del mismo modo que no hay banco que piense en las personas. La forma de construir relaciones sociales, así como el lugar desde donde estas se producen son importantes.
A Catapulta
A Catapulta O mapa afectivo conectado a través da poesía
O poeta, escritor e dinamizador Tiago Alves visita A Catapulta e reflexiona sobre as conexións na lusofonía
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.
Violencia machista
Violencia machista Estadística del INE sobre violencia de género: disminuye un 5% en 2024 tras aumento histórico del 12% en 2023
En 2024 se registraron 34.684 mujeres víctimas de violencia de género correspondientes a los asuntos en los que se habían dictado medidas cautelares u órdenes de protección.

Últimas

Represión
València Activistas valencianos por el derecho a la vivienda enfrentan penas de cárcel y miles de euros en sanciones
El movimiento de lucha vecinal contra la turistificación y la especulación inmobiliaria de Caixers, así como en el proyecto de vivienda conocido como La Peseta, denuncian el hostigamiento represivo.
Más noticias
Madrid
Derecho a la vivienda Izquierda parlamentaria y organizaciones sociales reclaman medidas para acabar con el racismo inmobiliario
Una proposición no de ley ha sido registrada en el Congreso para solicitar al Gobierno que actúe contra las prácticas discriminatorias contra personas migrantes a la hora de acceder a una vivienda.
Música
Música E150, a mil por hora en este matadero
Vuelve, por cuatro noches, la zapatilla hardcore del mítico grupo catalán.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Ley de Extranjería
El Salto Radio El laberinto de la ley de extranjería y la ILP Regularización Ya
La abogada antirracista Florencia Brizuela y la escritora Vivi Alfonsín cuestionan la existencia de la Ley de Extranjería y analizamos en qué punto está la ILP que regularizaría a 500.000 personas.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.