Culturas
O que contan as estatuas

O monumento foi historicamente un medio privilexiado para a transmisión de mensaxes políticas. A súa aparente invisibilidade convérteo nun vehículo ideal de contidos ideolóxicos.

“O monumento, do latín monere (avisar, advertir, ou facer lembrar) é, por definición, unha forma de expresión autoritaria. A través del, quen ten o poder, incluíndo o de narrar, selecciona que persoas ou que feitos son dignos de pasar á historia ou de converterse nos nosos recordos, na nosa memoria”, (Efigies y fantasmas, guía monumental de Huelva, Elo Vega, 2013).

Quen repara nos monumentos hoxe? Para algunhas persoas os monumentos poden exaltar determinadas ideas ou valores, pero semella que para unha gran maioría de nós forman parte do mobiliario urbano, simples balizas no mapa da cidade que transitamos e que asociamos, en moitos casos, a unha representación rancia da historia. Pero o feito de que aparentemente non prestemos atención aos monumentos, quere dicir que realmente non nos condicionan?

Para Elo Vega, investigadora e experta en novas prácticas culturais e artísticas, a función dos monumentos nas nosas vilas e cidades é clara: “Non hai cousa máis invisible que un monumento, sendo, ao tempo, a arte máis política, porque vén imposta desde arriba”. A investigadora onubense está comezando unha residencia artística de investigación na cidade da Coruña, titorizada por Juan de Nieves, co obxectivo de facer un estudo en clave crítica e feminista dos monumentos da cidade herculina. A residencia ten lugar no marco das xornadas Xeografía, memoria e capital cívico, o primeiro proxecto dun programa de esfera pública que inclúe tamén un obradoiro co artista Rogelio López Cuenca e un ciclo de conferencias.

“O monumento foi historicamente un medio privilexiado para a transmisión de mensaxes ideolóxicas. A súa aparente invisibilidade convérteo no vehículo ideal de contidos ideolóxicos: a súa presenza na nosa vida cotiá, nos lugares centrais do espazo público, reproduce xerarquías e normaliza discriminacións de xénero”. Vega relaciona os monumentos co presente. Enfoca todos os seus traballos desde unha mirada crítica feminista porque “se o patriarcado é transversal na vida cotiá, o feminismo crítico tamén ten que selo”.

Mulleres anónimas

“Cantas figuras masculinas en pose de vitoria e de grandeza vemos pola rúa? E femininas? Cando se representa á muller máis aló da imaxe estereotipada construída por e para a mirada masculina” (como é o caso das alegorías da xustiza, a abundancia, a fertilidade ou as musas, corpos espidos facendo bonito ao lado dos heroes), “adoitan representala sen nome, facendo referencia a un suxeito abstracto: as cigarreiras, as redeiras, etc.” Quen si consta nas placas son os alcaldes: o seu nome figura tantas veces no espazo público que rematan sendo un monumento máis. “As poucas veces que encarnan calidades consideradas tradicionalmente ‘propias de homes’ como a intelixencia, son representadas como anciás. Este é o caso das mulleres escritoras. Unha rapaza non se vai ver identificada nunha estatua de muller vella que vexa pola rúa, por moi escritora que sexa.”

A muller como excepción

A artista de Huelva, que xa investigou cidades como Málaga, Madrid, Granada ou Córdoba, destaca por riba de todo as semellanzas formais que existen entre cidades tan diferentes e afastadas as unhas das outras: “poucos autores, case sempre homes, asumen a maior parte das obras, os mesmos xeitos de representación, os mesmos estilos, a mesma invisibilización da figura da muller, con representacións subordinadas e carentes de nome propio, aínda que, sinala, “na Coruña non están por completo ausentes as esculturas de muller con nome e apelidos, como vén sendo o normal noutras cidades”.

Situadas no mesmo espazo e levantadas no mesmo ano, nos Xardíns de Méndez Núñez inaugúranse en 1916 as esculturas de Concepción Arenal e de Emilia Pardo Bazán. Que pasou no ano 1916 para erguer dúas esculturas coma estas? Naquela altura as mulleres aínda non tiñan dereito a voto no Estado español. Unha primeira resposta que atopa Elo é que foron conmemoradas por desenvolver actividades ‘de homes’, pois as dúas eran escritoras. Certamente foron precursoras do feminismo mais, dada a época, a resposta máis sinxela semella estar en que o que fixo destacar foi a súa ‘excepcionalidade’’.

Reforzando esta idea, Vega destaca un paradoxo que atopou investigando no arquivo do Reino de Galicia. Unha fotografía de hemeroteca da cobertura nun xornal da inauguración do monumento a Emilia Pardo Bazán. Na imaxe, un nutrido grupo de persoeiros rodean a estatua posando para o fotógrafo, todos homes.

Un caso máis recente foi o bautismo en 2007 de vinte e dúas árbores do parque de San Diego con nomes de mulleres nos actos do 8 de marzo, mulleres que segundo a comunicación do acto, loitaron pola igualdade, “cando só baixo unha acepción moi forzada do termo poderiamos considerar feministas algunhas das mulleres representadas”, di Elo, talvez referíndose á académica da lingua Francisca Herrera, burguesa, conservadora e fondamente relixiosa, defensora das renuncias da muller e contraria ás ideas sufraxistas, e á xornalista Sofía Casanova, tamén católica, conservadora, símbolo do ideal de muller do nacional-catolicismo e radical anticomunista.

Elo vai facer un traballo local centrado na cidade da Coruña, e tamén vai abordar a chamada sociedade matriarcal ou matrilineal da costa galega, na que as mulleres estaban na vida pública pola ausencia dos homes cando ían no mar, pagaban impostos… No momento desta conversa aínda está decidindo cara a onde a dirixe. Porén, malia que xa albisca unha liña de traballo, non quere adiantarse aos acontecementos e teremos que agardar a comezos de ano para coñecer o resultado da súa estadía na cidade, que materializará nunha actividade que teña sentido no contexto do local, en forma de vídeo, xornadas, publicación ou intervención no espazo público. Sexa o que for, estaremos pendentes cando se produzan contidos que conviden á reflexión.

Arquivado en: El Salto n.8 Culturas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Culturas
Cultura Máis de 30 artistas esixen aos catro festivais galegos de KKR que cumpran coas demandas do pobo palestino
Bandas como Bala, Highpaw, O Leo de Matamá, Dakidarria, Zénit, Hugo Guezeta ou Teresa Ferreiro apoian publicamente as demandas da maior coalición da sociedade palestina contra o fondo proisraelí.
Granada
Cómic 'La Revística': el caso de Juana Rivas, Remama contra el cáncer y más historias de la Granada rebelde en cómic
La asociación ‘La Tebeoteca’ publica el número 9 de su revista gráfica que incluye el caso de Juana Rivas, la iniciativa ‘Remama’ de mujeres pacientes oncológicas o el mítico festival granadino ‘Espárrago Rock’, entre otros temas
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.