Deportes
Chano Rodríguez: “En Internet o primeiro que aparece é que estiven no cárcere, non que gañei oito medallas de ouro.”

Nos anos 80, Sebastián Chano Rodríguez, xa protagonizara moitos titulares por pertencer aos GRAPO. Case corenta anos despois segue a ser noticia, mais o motivo é ben distinto.

Chano Rodríguez
Chano Rodríguez durante unha palestra na Faculdade de Educación Social da USC en abril de 2018. Irea López Rodríguez
3 may 2018 09:12

Sebastián Rodríguez Veloso, gaditano de nacemento pero afincado en Vigo desde moi novo, foi membro dos GRAPO e formou parte do comando que asasinou en setembro de 1984 o empresario andaluz Rafael Padura, polo que foi condenado a 84 anos de cárcere.

A folga de fame que mantivo durante 432 días deixouno prostrado nunha cadeira de rodas, mais Chano decidiu loitar e refacer a súa vida. Tras obter a liberdade condicional en 1994, comezou a vender cupóns da ONCE e iniciouse no deporte paraolímpico. Aos 61 anos e con cinco xogos paraolímpicos e un total de 16 medallas ás súas costas, Chano prepárase para Tokio (2020), no que serían os seus sextos xogos.


A túa vida estivo repleta de cambios: dos GRAPO ao cárcere, pasando por vendedor de cupóns da ONCE, ata chegar á elite do deporte paraolímpico. Como se asumen todos eses cambios?
Todo na miña vida, desde que marchei da casa aos 16 anos, foi sempre paso a paso, nunca houbo nada premeditado. As miñas circunstancias persoais leváronme ata onde estou agora. Sempre digo que o deporte lle deu un xiro á miña vida de 170 graos. Os dez restantes foron cousa miña. Cometín erros irremediables, mais puiden terme afundido e non o fixen. É algo que sempre intento transmitirlle aos rapaces cando vou aos colexios ou institutos.

Comezaches no mundo do paraolimpismo ao saír do cárcere, como parte da túa rehabilitación.
A folga de fame que mantivemos durante algo máis dun ano provocou que perdese a mobilidade de ámbalas dúas pernas. En 1994 concedéronme a liberdade condicional, comecei a nadar. Xoguei ao baloncesto unha tempada, mais os médicos recomendáranme que fixera natación, deporte que sempre estivo moi presente na miña vida. A finais de 1995 fun ao primeiro campionato de España e no ano 2000 a Sidney, os meus primeiros xogos.

Eu non fun ao cárcere por roubar un coche. A min ao cárcere levoume unha forma de pensar, unha maneira de ver a vida, polo que o trato era moi distinto

Aínda que xa participaras en campionatos internacionais, en Sidney sorprendiches a todos: duplicábaslle a idade a algúns dos teus rivais, pero iso non che impediu conseguir 5 medallas de ouro. Con todo, tamén houbo moita polémica cando saíu á luz o teu pasado.
A culpa foi dun xornalista que publicou un artigo en El País. Titulábase De la cárcel al podio. Aquel home pensaba que descubrira a pólvora. Por aquel entón eu estaba en liberdade condicional, polo que antes de viaxar tiña que solicitarlle unha autorización ao Goberno. Ademais, para poder gañar unha medalla é preciso ter unha licenza, e que esta estea en orde, como era o meu caso. Entón é absurdo dicir que eu ocultara o motivo da miña minusvalía: estou aquí por unha folga de fame, non por un accidente de coche, e sempre fun claro ao respecto. Con todo, si que provocou algo de axitación naqueles días, pero máis nada.

En 1985 condenáronte a 84 anos de prisión, pero xa estiveras detido noutras ocasións anteriores.
Estiven doce anos no cárcere, dez deles seguidos, e logo en liberdade condicional. Antes da miña condena, detíñanme todos os anos unha ou dúas veces. Naquela época se ETA ou os GRAPO poñían unha bomba, ou mesmo un petardo, o que facían era coller a quince de nós, tiveramos relación ou non, para interrogarnos.

Que che levou a formar parte dos GRAPO?
Sempre fun unha persoa moi comprometida socialmente. A miña infancia transcorreu con Franco, e a transición da ditadura ao que se supoñía que sería a democracia foi unha época moi convulsa. Con 16 nos marchei a Sudáfrica e estiven embarcado. Á miña volta atopei unha España moi cambiada, en ebulición. Agora hai decenas de partidos e movementos políticos, pero naquela época había centos: comunistas, socialistas, de dereitas, de esquerdas, os GRAPO, ETA, etc. A un dos meus irmás pequenos detivérano por incorporarse ás filas dos GRAPO. Cando volvín de Suráfrica fun visitalo varias veces e entrei en contacto con todo aquel ambiente. Para nós, o Partido Comunista traizoara a República ao aceptar a democracia que temos hoxe.

No cárcere a única arma que tes é o teu corpo. A folga de fame era a única maneira que tiñamos de protestar contra o que estaban a facer connosco

Como era o trato no cárcere ao estar condenado por terrorismo?
Eu non fun ao cárcere por roubar un coche. A min ao cárcere levoume unha forma de pensar, unha maneira de ver a vida, polo que o trato era moi distinto. Os presos coma min eramos FIES. Nese suposto, a nosa correspondencia está intervida, se a túa familia vive en Vigo, a ti mandante a Almería para poñer moita distancia, etc. Ademais, dispersáronnos a todos os presos vencellados co terrorismo, tentando romper esa dinámica de grupo.

Para protestar precisamente contra iso, comezastes en 1990 unha folga de fame que se prolongou durante algo máis de ano e medio e che provocou a perda de mobilidade nas pernas. Por que seguir cando o corpo comeza a fallar?
Cando estás na rúa e queres defenderte podes coller unha arma, unha pedra… No cárcere a única arma que tes é o teu corpo. A folga de fame era a única maneira que tiñamos de protestar contra o que estaban a facer connosco. Con todo, non comer é algo moi duro que vai en contra do instinto de supervivencia, polo que é unha pelexa constante. Ademais, cada pouco, para intentar dobregarnos trasladábannos de cárcere. Comezamos a folga arredor de setenta persoas, e rematámola aproximadamente quince, que aguantamos durante 432 días.

Como foi o día 432?
O día 432 coincidiu no tempo co estalido da Guerra do Golfo. Sabiamos que un conflito así ía concentrar toda a atención mediática, polo que a nosa loita non ía ter xa ningún tipo de repercusión política. Non eramos parvos e non queriamos morrer, así que decidimos cortar a folga.

Eu manteño o mesmo ideario, mais non volvería facer o que fixen

O teu paso polo cárcere fixo que cambiaras o rumbo da túa vida radicalmente. É posible reintegrarse?
Persoalmente creo que o cárcere xa non ten sentido. O ser humano ten que aprender a sancionar os erros doutro xeito. Son máis partidario do traballo social que de ter as persoas encerradas nunha cela. Cos presos por terrorismo non se atreven a facer este tipo de cousas, polo tema da perigosidade; mais coido que co preso común pódense facer moitas cousas proveitosas para garantir e fomentar a súa reinserción social.

O obxectivo último dos GRAPO era chegar a un Estado socialista. Estiveches un tempo en política, no BNG de Vigo. Cres que a través da vía parlamentaria sería posible chegar a iso?
Aquilo foi máis unha cuestión persoal que política. Eu mantiña unha moi boa relación con Santi Domínguez, do BNG, e pediume que fose nas súas listas cando se presentou para a alcaldía, aínda que ao final iso quedou en nada. De todos xeitos eu sempre digo que nos equivocamos no método, non nas conviccións políticas. Eu manteño o mesmo ideario, mais non volvería facer o que fixen. O máis importante hoxe en día para lograr cambios é a mobilización social. Non se pode deixar todo en mans dos políticos, temos que saír á rúa.

Penso que a miña maneira de actuar desde que saín do cárcere é moito máis válida que calquera perdón. Perdón é unha palabra católica, moi empregada á lixeira

Tes tamén boa relación con políticos doutros partidos. A alcaldesa do PP no ano 2007, Corina Porro, e algúns membros do PSOE de Vigo apoiaron o teu indulto.
Todos os políticos galegos tratáronme sempre coma un deportista máis. Malia todo, o indulto non chegou a executarse, por iso non puiden ir nas listas do BNG. Rexeitei o indulto porque estaba suxeito a unha serie de condicións que non podía asumir, como a retirada do carné de conducir e eu sen coche non podo facer nada. Cumprín cos meus 30 anos e hoxe son un home libre sen deberlle nada a ninguén. Fisicamente, a miña débeda coa sociedade está pagada. Logo está a parte moral, pero esa queda para min, cando poño a cabeza na almofada. Moitas veces fun criticado por non ter pedido perdón. Se puidese borrar esa parte da miña vida faríao sen dúbida. Actuei mal, independentemente de que non o fixera por unha cuestión persoal. Porén, penso que a miña maneira de actuar desde que saín do cárcere é moito máis válida que calquera perdón. Perdón é unha palabra católica, moi empregada á lixeira.

Ao longo dos anos publicáronse moitas cousas sobre ti: entrevistas, reportaxes… Que hai de verdade e que hai de mentira en todo o que se dixo de ti?
Hoxe en día, con toda a información que temos ao noso alcance, non mente case ninguén, pero dinse moitas medias verdades. Se ti buscas o meu nome en Internet, o primeiro que che vai aparecer é que fun un terrorista e que estiven no cárcere. Se segues pasando páxinas, quizais na número 40, aparece que gañei algunha medalla. Quen está enganado é porque quere. Eu nunca dixen “eu non fixen isto’’ ou “eu non fixen estoutro’’. Moita xente díxome “pero Chano, di que ti non fuches!’’. Pero eu estaba alí e formaba parte do grupo, así que son tan responsable coma quen o fixo. Agora ben, quen queira máis información, pode ir aos sumarios da Audiencia Nacional, e aí poderá ver o que fixen ou deixei de facer.

Que opinas, como alguén que exerceu a violencia contra o Estado, de que se xulgue os rapaces de Altsasu por ameazas terroristas ou de que se considere terrorismo as actuacións dos Comités de Defensa da República?
Non se pode meter todo no mesmo saco, non todo é terrorismo. Coma sempre, hai unha parte do país que pide que se empregue man dura. Europa xa lle chamou a atención a España por este tema. Eu póñome a pensar e vexo que isto non é tan diferente ao que había na época de Franco: se eu agora poño un chío ou fago unha canción falando de ETA ou dos GRAPO arríscome a ir ao cárcere. Coido que a Policía ten cousas máis importantes que facer que perseguir a tuiteiros e rapeiros.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Ayuntamiento de Madrid
Fórmula 1 en Madrid Madring: el gran evento de la “marca Madrid” que no respeta trámites ni esperas
El Ayuntamiento ha aprobado la licencia de obras del futuro circuito de Fórmula 1 mientras el plan urbanístico del mismo está recurrido en el Tribunal Superior de Justicia de Madrid y sin resolver a las alegaciones de la oposición ni vecinales.
Oriente Medio
Oriente Medio ‘Aliadas’, un libro para imaginar otra Shatila y recordar Palestina
Hablamos del libro, el deporte, la vida en Shatila y el genocidio en Gaza con la autora, Txell Feixas, junto a Majdi y Razan, padre e hija que protagonizan esta historia de rebeldía y amor por la vida en el campo de personas refugiadas del Líbano.
@yaiza_fp_14
3/5/2018 15:34

Levaba tempo sen atopar un xornal de verdade, defensor do bó xornalismo, pero agora xa o atopei. E esta entrada é un gran exemplo del. SINCERIDADE e reflexo da realidade, xa cansa ver únicamente artigos no que o que predomina é únicamente a posverdade. Noraboa! Segue así e chegarás moi lonxe. Biquiños.

6
0
#15438
3/5/2018 14:23

Moi interesante a nova!! O máis fesco do xornalismo actual e un modelo a seguir para o resto de medios.
A seguir asi irea!!

7
0
X
3/5/2018 15:35

Impresionante👏

4
0
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Laboral
Laboral Los trabajadores de Bridgestone tendrán que decidir sobre la última oferta de la empresa
Reducen en 103 despidos el ERE de la multinacional, fomentan las prejubilaciones y se comprometen a asegurar la producción en las dos plantas afectadas en Cantabria y Bizkaia.
Pensamiento
Pensamiento Michael Hardt: “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Energía
Límites planetarios Reducir el consumo energético, el debate olvidado (e incómodo) del gran apagón
España proyecta un 43% de aumento de consumo eléctrico en los próximos cinco años. Especialistas opinan que la electrificación de la demanda, clave para abandonar los combustibles fósiles, tiene que ir acompañada de la suficiencia energética.
Sanidad pública
Sanidad Pública España necesita 100.000 enfermeras para alcanzar la media europea
Casi un 40% de enfermeras manifiesta que dejará la profesión en los próximos 10 años. Son datos del Ministerio de Sanidad y las profesionales exponen las razones: falta de conciliación y contratos precarios.
València
Lawfare La Audiencia de València dicta que la causa contra Mónica Oltra llegue a juicio
Aunque la Fiscalía y el juez instructor descartaron que existiera indicios de delito contra la ex consellera y el resto de acusados, la Audiencia ratifica la celebración del juicio.
Estados Unidos
Guerra comercial Estados Unidos y China acuerdan una rebaja en los aranceles durante 90 días
Tras una reunión en Suiza, los dos países anuncian que reducirán los impuestos a las importaciones a partir del 14 de mayo.
Educación
Eduación La educación vasca no irá a la huelga tras llegar a un acuerdo tildado de “histórico”
Los sindicatos desconvocan los paros para esta semana al haber alcanzado mejoras en las condiciones laborales del profesorado y una mejor financiación para los centros públicos.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Estados Unidos
Roberto Montoya “Nos dicen que hay que armarse contra Putin cuando el mayor peligro para el mundo es Trump”
Más Donald Trump que nunca, el multimillonario ha regresado para terminar lo que no pudo hacer en su primer mandato. El periodista Roberto Montoya bucea en el personaje y su contexto en el libro ‘Trump 2.0’ (Akal, 2025).
Cine
Cine Colectivo y sin autor: breve historia de otro cine
La película ‘Una isla y una noche’, autoproducida y autodistribuida por el colectivo francés Piratas de Lentillères, es la puerta de entrada para recordar otros modos de hacer cine, alejados de la firma de autor y los grandes estrenos.