Elecciones generales del 28 de abril
“A Xunta Electoral deixará facer listas de persoas? Xa sabemos como remata iso”

Uns 5.600 galegos e galegas con diversidade cognitiva votarán por primeira vez nas eleccións do 28 de abril. O colectivo pídelles aos partidos que os seus apoderados non anoten en acta o DNI dos votantes que, segundo o seu criterio, non actúen de forma consciente, tal como permite unha instrucción da Xunta Electoral Central. Lembran que: “Ninguén pode impedir que votes”.
Plena Inclusión
Antonio Hinojosa, activista de Plena Inclusión, no mitín realizado en Madrid nas semanas pasadas. Autoría: Plena Inclusión
23 abr 2019 12:00

“Agora a Xunta Electoral Central vai deixar facer listas de persoas? Xa sabemos pola Historia en que remata iso de facer listas. Lembremos que estamos no século XXI”. Quen fala é Mar Caamaño, nai de Mara García Caamaño, unha muller de vinte e dous anos ligada ao colectivo Down Compostela. Tres anos despois de que un xulgado anulase o seu dereito ao sufraxio, Mara acudirá de novo ás urnas o vindeiro 28 de abril.

Igual ca ela, poderán facelo outros 5.600 cidadáns e cidadás galegos -perto do 35% da poboación con diversidade intelectual recoñecida-, que tiñan denegado o dereito por sentenzas de modificación da súa capacidade.

A familia de Mara e a súa abogada, Lourdes González Laganá, levaron no 2017 o seu caso até o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo, un proceso que impulsou a aprobación da reforma da Lei Orgánica de Réxime Electoral, en novembro de 2018. Nela recoñécese o dereito ao sufraxio a cen mil cidadáns e cidadás con diversidade intelectual do Estado. Pero, en marzo deste ano, a Xunta Electoral Central engadiu dúas Instrucción (5/2019 e 7/2019) que emplazan a apoderados e interventores dos partidos políticos a anotar en acta o DNI de quen, segundo o seu criterio, non estean exercendo o voto consciente, libre e voluntario.

Pídelle aos partidos políticos que animen os seus interventores a “non anotar o DNI de ningunha persoa con discapacidade intelectual"

Plena Inclusión, colectivo que representa a máis de 140.000 persoas con diversidade intelectual ou do desenvolvemento e impulsora da campaña #OMeuVotoConta/#MiVotoCuenta, vén de levar esta medida ante o
"Defensor del Pueblo."

Solicítalle apoio para que se rectifiquen as instruccións, que consideran “arbitrarias e discriminatorias” porque permiten actuar “sobre a base da percepción subxectiva, frecuentemente tinguida de preconceitos e estereotipos”. Ao tempo, pídelle aos partidos políticos que animen os seus interventores a “non anotar o DNI de ningunha persoa con discapacidade intelectual, evitando así unha discriminación inaceptábel para unha sociedade democrática como a española”.

Mar Caamaño asegura que, chegado o caso, non consentirá que se anote o DNI de ningunha persoa da súa familia. “Resúltame máis que indignante. Que é iso de facer listas? Ás persoas que somos distintas pensan meternos de novo en guetos, farán reservas para nós?”.

O caso de Mara

Cando cumpriu dezaoito anos, no 2014, os pais de Mara solicitaron unha prórroga da patria potestade. “Nunca pensamos que sería un proceso tan duro, se non non o teriamos feito”, relata a súa nai. “A forense examinouna durante dous días e, para a nosa sorpresa, fíxoo tamén sobre política española e europea”. A sentenza do Xulgado de Primeira Instancia de Santiago de Compostela, que recoñecía os pais de Mara como titores, anulaban o seu dereito a voto. “Mara non entendía por que non podía seguir votando se o xuiz lle preguntara e ela dixera que quería”.

En marzo do 2015 a Audiencia Provincial da Coruña tampouco lles deu a razón. “A avogada tiña claro que había que seguir e fomos ao Supremo. Eu pensaba que era Mara soa, pero entereime de que eran cen mil. Porque son influenciábeis, din. E se nos examinasen de política ao resto? Todo o mundo é influenciábel, para que se fan as campañas electorais senón para influir? Cando empezamos preguntábame por que ninguén emprendera este camiño legal antes. Entón coñecín familias de persoas ás que se lles retirara o dereito a voto. Familias maiores, queimadas pola súa situación.Pensemos que agora hai xente que votará de novo por primeira vez con cincuenta ou sesenta anos”.

A sentenza do Xulgado de Primeira Instancia de Santiago de Compostela, que recoñecía os pais de Mara como titores, anulaban o seu dereito a voto

En marzo do 2016, o Tribunal Supremo dictou sentenza en contra. Do Supremo pasaron ao Constitucional. “Que ben soa, pensei, o Constitucional defenderá os valores e dereitos constitucionais. Pero nin sequera o admitiron a trámite. Terríbel. En Madrid manifestámonos coas asociacións máis grandes diante do Constitucional e non serviu para nada. Non obstante, a vicesecretaria, que votara en contra, animounos a ir a Estrasburgo”.

Era xa 2017 e o PSOE presentara unha iniciativa na Asamblea de Madrid que plantexaba suprimir dous apartados do artigo terceiro da Lei Orgánica de Rexime Electoral, os que denegaban o voto “aos declarados incapaces en virtude dunha sentenza xudicial firme”, así como “aos internados nun hospital psiquiátrico con autorización xudicial”. Foi o primeiro paso cara a reforma no Congreso.

“O 28 de abril será un día histórico”

Malia todo, o 28 de abril “será un día histórico”. Así o considera Gonzalo Ordoñez que recupera o seu dereito, anulado en 2012. O 21 de outubro dese ano acudíu ao seu colexio electoral para votar nas eleccións autonómicas galegas, como fixera desde os dezaoito. Pero o seu nome non figuraba en ningunha mesa. Non lle souberon explicar por que. Ese ano, a nai de Gonzalo ingresou nunha residencia e ambos os dous pasaron a ter a protección xurídica da Fundación pública galega para a tutela das persoas adultas (Funga) o que eliminou de xeito automático o seu dereito ao sufraxio. Ninguén llo comunicara.

Gonzalo Ordoñez ten 31 anos e dirixe a súa vida de forma independente. Vive só, co apoio dunha empresa de axuda a domicilio e de Ambar, asociación da comarca do Barbanza que traballa na inclusión real das persoas con diversidade funcional. “Trátase de ter os mesmos dereitos que os demais”, explica. “Tómoo con alegría, pero hai moito por facer”.

Alba Rodiño , terapeuta ocupacional e responsábel de comunicación de Ambar, ve importante que se difunda nos medios: “Hai unha falta de información xeral, tanto na sociedade como en moita xente que non sabe que recuperou este dereito. Moitos están a ser conscientes estes días porque lles chega a tarxeta censal, esa é a única información que reciben”.

“Ningúen pode impedir que votes”

“Ninguén che pode impedir votar en igualdade de condicións que o resto. Isto dío a Convención dos dereitos das persoas con discapacidade, unha lei que España asinou”. Son palabras de Antonio Hinojosa, activista da diversidade intelectual vencellado a Plena Inclusión, expresadas durante un mitin organizado pola organización na praza Carlos Trías de Madrid.

Todas as normas do Estado e das comunidades deben acomodarse á Convención de Nacións Unidas á que alude Hinojosa, ratificada por España en 2008. No seu artigo 29 establece a igualdade de participación na vida política e pública, o dereito ao voto e a ser candidato electoral e ocupar postos públicos. O 28 de abril darase o primeiro paso para saldar unha débeda histórica.

Máis de dez anos despois de asinar a Convención, o Estado español mantén violacións estruturais de dereitos, como o mantemento da esterilización forzosa, a segregación educativa, etc

Plena Inclusión leva máis dun mes organizando accións reivindicativas, mitins de activistas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e pegadas simbólicas de cartaces en máis de cincuenta localidades de todo o Estado. En Galiza celebráronse simulacros electorais na Coruña, Santiago de Compostela, Rois, Betanzos, Cangas, Lalín, Pontevedra, Lugo e Viveiro.

No mitin de Madrid, o colectivo engadiu ás súas propostas que, en virtude da aplicación da Lei de memoria histórica, se substitúa o nome da Praza Carlos Trías, un dos fundadores de Falange Española, polo de Plena inclusión, que representa a máis de novecentas entidades.

Programas electorais en Lectura Fácil

Unidas Podemos e PSOE foron os primeiros grandes partidos que traduciron os seus programas electorais a Lectura Fácil co apoio de persoas expertas en accesibilidade cognitiva. Ciudanos acaba de presentalos e o Partido Popular prevé facelo en breve.

Mar Caamaño opina que se debería ampliar a todos os partidos e materiais: “É un aforro de tempo para as familias. Mara ten as súas preferencias políticas, que son diferentes ás do resto da familia, e debe poder acceder de forma autónoma aos programas e comprendelos. Se non podes chegar en cadeira de rodas até unha urna, hai que facer accesíbeis os colexios electorais. O criterio é o mesmo. Cómpre avanzar. Como as miñas dúas fillas están metidas na causa, agasalleilles hai pouco un libro sobre Clara Campoamor. Non é bo sentir que retrocedemos”.

Máis de dez anos despois de asinar a Convención, o Estado español mantén violacións estruturais de dereitos, como o mantemento da esterilización forzosa, a segregación educativa, a posibilidade de autorizar internamentos non voluntarios motivados por unha diversidade psicolosial, a institucionalización residencial ou os obstáculos para desenvolver unha vida independente.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Partidos políticos
El evitable ascenso de Vox en 2019

El año ha estado decisivamente marcado por la emergencia del partido de Santiago Abascal. Hasta cinco elecciones han puesto a prueba la crisis de representación que vive España.

Elecciones generales del 28 de abril
Iglesias rechaza darle la investidura gratis a Pedro Sánchez

El rey considera buena opción esperar hasta proponer un candidato a la investidura y Albert Rivera rechaza el compromiso por escrito de Pedro Sánchez para abstenerse.

Elecciones generales del 28 de abril
No es país para elecciones
La posibilidad de una repetición electoral se presenta tediosa para la mayoría de los españoles. No soy el CIS ni esto es realmente cierto, solo he hecho esta pseudo-encuesta en mi barrio y entre mis conocidos.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.