Elecciones
Cazan monxas dun asilo en Vigo levando anciáns a votar coa papeleta na man

Varias monxas foron pilladas por veciños de Vigo no barrio de San Roque colocándolles a papeleta na man ás aforas do colexio electoral do Couto de San Honorato a persoas maiores con apenas mobilidade.
Sobres monjas
Monxas colocando a papeleta na man dunha señora sen apenas mobilidade en Vigo.
18 feb 2024 11:12

Varias monxas foron pilladas por veciños de Vigo colocándolles a papeleta na man ás aforas do colexio electoral do barrio de San Roque a persoas maiores con apenas mobilidade. A imaxe foi capturada por veciños e veciñas que denunciaron publicamente os feitos.

Os feitos, denunciados polos veciños como carretaxe, ocorreron na rúa Couto de San Honorato sen que transcendese aínda algunha denuncia por parte dos representantes e apoderados dos partidos políticos. O termo ‘carretaxe’ utilízase para describir a práctica de levar persoas, especialmente anciáns, monxas ou persoas con discapacidade, en autobuses ou coches ata os colexios electorais con papeletas preseleccionadas en sobres, facilitando así a súa participación no proceso de votación.

Esta práctica, xeralmente asociada ao PP en Galiza, foi obxecto de denuncias recorrentes en cada elección. Por exemplo, durante as eleccións pasadas no asilo das Hermanitas de los Ancianos Desamparados en Lugo, incluso colocando as papeletas nos petos dos anciáns.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.