Elecciones
Feijóo di que non hai precedentes en adiantar eleccións ao verán, pero el fixo o mesmo nas galegas

O líder do Partido Popular insinúa que o Goberno busca reducir a participación e pasa por alto que el seguiu a mesma estratexia adiantando as eleccións á Xunta ao primeiro verán da pandemia.
feijoo elecciones verano
El líder del Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo

Dicir a mesma cousa e a contraria. Criticar ao presidente do Goberno por adiantar as eleccións xerais ao verán e esquecer premeditadamente que el fixo exactamente o mesmo cando presidía a Xunta de Galiza. O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, manexa con destreza a arte da contradición. É un denominador común en toda a súa traxectoria política. “Convocar eleccións nas datas máis calorosas do noso país e no maior éxodo vacacional é un feito sen precedentes en case medio século de democracia española”, soltou durante a súa intervención no Cercle d'Economia de Barcelona. Feijóo parece sufrir unha amnesia transitoria que lle levou a esquecer que as undécimas eleccións galegas á Xunta de Galiza, que debían celebrarse en outubro de 2020, foron adiantadas por el mesmo ao 12 de xullo. O primeiro verán da pandemia.

Esta manobra foi fundamental na construción da súa cuarta maioría absoluta como presidente do Goberno galego: cultivou unha das participacións máis baixas da democracia nunhas eleccións autonómicas, o 48,97 %. Nin sequera a metade das persoas con residencia en Galiza achegáronse ás urnas.

Ao agora candidato a presidir o Goberno do Estado non lle parecía que esta decisión afectase o proceso democrático: “Galicia achega responsabilidade, seguridade e estabilidade ao resto de España. Tratamos de preservar a normalidade institucional e social na comunidade autónoma”, dicía entón. Agora a súa opinión respecto diso cambiou e insinúa que o Goberno busca reducir a participación: “Búscase a menor participación e que os cidadáns non poidan asistir a votar? Non o sei”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.

Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.