En Marea
Antón Gómez-Reino: “Se fomos quen de construír este movemento amplo e transversal, por que imos dar pasos atrás?”

Antón Gómez-Reino, Tone, é portavoz de En Marea no Congreso.

Antón Gómez-Reino, Tone, é portavoz de En Marea no Congreso.
Antón Gómez-Reino, portavoz de En Marea no Congreso. Héctor Barandela
4 ago 2017 16:16

Antón Gómez-Reino, Tone, é portavoz de En Marea no Congreso. Nos últimos anos percorreu, como moitos outros e outras, o camiño dende os movementos sociais á política institucional. Comentamos con el un proceso político en continuo cambio, nun momento no que —por primeira vez en tres anos— non hai convocatorias electorais inminentes.

Parece que dende as eleccións xerais ás confluencias cústalles marcar a axenda política. Como se recobra ese impulso?
Levar a iniciativa ten que ver con saber poñer en valor a acción política desenvolvida naqueles espazos nos que gobernamos. Tamén é importante facer valer a corrupción cero, que conseguimos construír institucións municipais limpas. E nos lugares nos que estamos na oposición, sinalar os problemas e presentar alternativas. Fomos e somos elemento de ruptura (xeracional, cultural, política). O desafío é complementar esa enorme capacidade para vestir o descontento con sermos forzas que debuxan un novo escenario e son capaces de levalo a cabo. A moción de censura foi un bo exemplo deste movemento paralelo. Denunciar e enunciar. Sinalar e propor. Censurar e construír.

Serviu para algo a moción de censura?
Non conseguimos o obxectivo fundamental, botar a Rajoy, pero avanzamos na parte propositiva imprescindible para ese obxectivo: debuxar un goberno alternativo, as políticas que encetaría e a correlación de forzas que o podería formar.

Tamén decreceu nos últimos anos a mobilización nas rúas. Como se pode recuperar?
Nós, como xeración política, sabiamos que non se podían baleirar de cadros sociais os movementos, pero así pasou e o resultado é que a rúa reduciu a súa capacidade mobilizadora. Tento sempre ser moi coidadoso á hora de diferenciar institución de movemento. E creo que o primeiro que debemos facer é dar un debate serio nos nosos espazos sobre a relación que mantemos cos movementos populares, como parte máis activa da sociedade.

A elección de Pedro Sánchez abre a porta a unha maior colaboración co PSOE?
Creo que a pregunta que nos temos que facer é máis ben se a dirección do PSOE escoitará o mandato das bases. Como galego, vexo con atención e proximidade a experiencia portuguesa, marcando o camiño dun Goberno para as maiorías, onde o Partido Socialista soubo estar á altura e apostar sen medo por unha alianza das esquerdas.

Estás satisfeito co traballo de En Marea no Congreso? Nótase a falta de experiencia?
A sociedade e o propio ciclo demandaban que tiña que entrar xente normal nas institucións e iso tiña necesariamente os seus handicaps. Todas as persoas que chegamos ao Congreso —agás Yolanda Díaz— eramos xente sen experiencia no ámbito da política institucional. E, sen dúbida, iso requiriu un tempo de aterraxe. Humildemente, creo que estamos facendo un bo traballo. Estamos levando ao Congreso as temáticas do país e temáticas locais, demandas concretas ou sectoriais pero tamén elementos que para o noso país son de carácter estrutural.

E coa visibilidade de En Marea dentro do Grupo Confederal?
Absolutamente satisfeito. Todo se pode artellar mellor, pero hai unha sensación de recoñecemento da realidade política do país, de que Galicia ten un suxeito político propio que se está conformando no proceso das mareas. Temos unha presenza no ámbito da acción lexislativa que non tivo ninguén antes neste país. Iso significa estar en todas as comisións con postos de vogais fixos e nos diferentes organismos de dirección. Temos a capacidade de estar e de falar nos espazos nos que se dirime a acción política e lexislativa, o poder da cámara.

Houbo en En Marea suficiente autocrítica e análise tras perder 60 mil votos de decembro a xuño e outros 75 mil en setembro?
Sempre hai que facer máis autocrítica, combinada con facer valer os nosos avances. No camiño ao 26X e ás eleccións galegas permitimos que o foco se centrara en cuestións ás que a cidadanía non atende, por exemplo as formas xurídicas coas que nos presentábamos, e menos sobre cousas que, electoralmente, si entendo fundamentais: explicar máis e mellor o proxecto de país e abrir vías, non estritamente orgánicas, para a participación, mostrarnos como unha ferramenta á altura da demanda da cidadanía: policromática, útil e porosa. Debemos adaptarnos e ampliarnos para poder intervir politicamente en tempos que levan consigo novas problemáticas e realidades.

Como se compaxina a construción dun movemento de unidade popular como En Marea co mantemento das identidades partidarias?
É lícito que haxa xente que se recoñece en determinadas identidades políticas e iso pode xerar unha tensión co proceso de creación dunha identidade política nova, un proceso no que o desafío é que esa creación ten que ser diferente. De nada vale diluír uns partidos e unhas identidades fortes para crear outros partidos e identidades fortes iguais. O noso principal inimigo na unidade popular é a urxencia, un tempo acelerado ao que nos levan os retos electorais e os intereses políticos dalgunha xente.

A designación de Villares como voceiro único contravén os acordos políticos adoptados pola Asemblea Constituínte e o Plenario?
Eu diría que non só contravén os acordos políticos, senón que mesmo contravén o tempo político no que estamos en Galicia, e tamén todo o que nos levou ata aquí: un proceso dun movemento cívico con moitas caras e con moitos protagonismos. Todo o que sexa mirar o pasado, por exemplo impoñendo unha portavocía única ou optando por un modelo de dirección dunha organización clásica, ao único que pode levar é a afogar a potencia política deste espazo.

Ves en perigo o espazo de En Marea?
É certo que ás veces, nas últimas semanas, custa recoñecer algunhas lóxicas ou declaracións. Porén, estou certo de que o enorme capital político e relacional destes anos de convivencia poderá máis que calquera das dinámicas conservadoras que estamos a ver. Estou convencido de que somos maioría as que apostamos por mecanismos de sumar, cooperar e federar, por unha En Marea en rede. Por outra parte, o proceso de unidade popular en Galicia non debería tornar nunha refundación do nacionalismo que deixaría moita xente fóra no ideolóxico, no orgánico e no social. Se hai xente na actual coordinadora ou nas marxes de En Marea que teña esa folla de ruta, como unha impugnación ao camiño mestizo desenvolvido nestes anos, debería dicilo claramente. Non é tempo de refundación do nacionalismo, senón de continuar consolidando, con coidado, con tempo, un riquísimo e poderoso proceso de carácter nacional. A construción dun bloque hexemónico de cambio e ruptura no noso país pasa por garantir a pluralidade da unidade popular, salvagardando as mareas municipalistas e a súa autonomía, respectando as identidades e sensibilidades das organizacións.

Chama a atención a irrupción dun sector que non só non participou na articulación deste espazo político nos últimos anos, senón que mesmo se opuxo a el…
Todo o mundo ten cabida. Con todo, si que é paradoxal que algunha xente que decidiu manterse á marxe teña agora tanto interese en estar na dirección. Afortunadamente, de anos de mobilización sabemos ben que os procesos non se poden controlar, porque aparecen por outro lado.

O actual xiro de En Marea é a mellor maneira de chegar a unha maioría social?
Os resultados de Marea Atlántica ou Compostela Aberta ou o de En Marea nas Xerais non se deron en case ningún lugar do Estado. Se fomos quen de construír este movemento amplo e transversal, por que imos dar pasos atrás para construír unha organización de hai 20 anos? Esa é a pregunta que a xente que aposta por estas fórmulas clásicas debería responder.

Arquivado en: En Marea
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Política
Xosé Manuel Beiras “A esquerda estatal á esquerda do PSOE leva ano e medio dando un recital de apoio ao PP”
O histórico líder nacionalista analiza devagar os erros das coalicións coa esquerda federal e acredita en que o futuro da transformación social está fóra das institucións.
Investigación
Investigación Un cargo de Sumar levou seis millóns para xestionar unha residencia pública cunha empresa con cinco días de antigüidade
Unha das persoas clave de Yolanda Díaz en Galiza, Iván Olmos, recibiu da súa nai a concesión tras gañar un concurso millonario do Concello de Verín (PSOE) ao que só se presentou ela para xestionar un centro de día durante 15 anos.
Investigación
Investigación Un cargo de Sumar se llevó seis millones para gestionar una residencia pública con una empresa con cinco días de antigüedad
Una de las personas clave de Yolanda Díaz en Galicia, Iván Olmos, recibió de su madre la concesión tras ganar un concurso millonario del Ayuntamiento de Verín (PSOE) al que solo se presentó ella para gestionar un centro de día durante 15 años.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.