Feminismos
Denuncian “cousificación das mulleres” no American Pie Booomb

Un vídeo difundido por redes sociais desata a polémica sobre a deriva patriarcal dos espazos de lecer nocturno da xuventude. O evento American Pie Boomb, destinado a público universitario, no centro da polémica.


Captura vídeo American Pie Booomb
Captura de pantalla dun vídeo das festas de American Pie Booomb

En 1999 estréase American Pie, unha comedia centrada na vida de catro estudantes que teñen por obxectivo perder a virxindade a toda costa antes de rematar o curso. O éxito deste filme fixo que fose o primeiro dunha saga que mantivo a liña de humor patriarcal do primeiro.

Ao redor desta temática, nos últimos anos comezáronse a realizar eventos por Europa. No Estado español e Portugal encárgase de organizalos unha empresa portuguesa: a American Pie Party, baixo o nome de American Pie Boomb. Este ano fíxose en Vigo o 9 de marzo, farase en Porto o 16 de marzo e en Lugo o 23 de marzo. Non se descartan futuras datas na súa xira polo España.

As entradas pódense adquirir por Ticketea, pero tamén as venden nas facultades a través das persoas que traballan de relacións públicas. A localización exacta do evento é secreta e revélase aos portadores de entrada por SMS durante a mañá do mesmo día no que se celebra o evento. A organización publica en Facebook e Instagram unha indumentaria “obrigatoria” (dress code), relacionada co filme, a elixir de entre varias opcións para acudir ao evento. No caso da festa de Porto ás rapazas danlles a elixir entre colexiala, animadora (cheerleader), nerd, profesora sexy, mascota de fútbol americano ou xogadora de béisbol sexy; por outra banda, aos rapaces danlles a elixir entre xogador de fútbol americano, mascota de fútbol americano, geek e xogador de lacrosse.

AS DENUNCIAS

Unha das atraccións que ofrece este evento é un espectáculo con strippers, tanto homes como mulleres. Sen embargo, as relacións de poder entre os rapaces asistentes e as strippers (na súa vertente máis cousificante) invértense cando se trata das rapazas asistentes e os strippers masculinos. Neste senso, foi moi difundido por redes sociais un vídeo no que aparentemente unha rapaza lle facía unha felación a un stripper. Algunhas das mulleres asistentes denunciaron a posibilidade de que o stripper estivese aproveitándose do posible estado de ebriedade da rapaza. Este feito foi comunicado aos organizadores do evento, así como a The Community, encargada da xestión deste evento en Vigo. A resposta de American Pie Party foi protectora cara o stripper, de bloqueo ou de ignorar á denunciante, de rirse dela ou incluso, segundo se publicou en redes sociais, de ameaza de denuncia por difamación. Ao día seguinte, e tras recibir numerosas críticas, o persoal de The Community e unha conta oficial de Instagram informaron de que se contactara á rapaza que saía no vídeo e corroboraron que se tratou dunha simulación e que non se producira tal abuso, algo que tamén foi confirmado pola conta que inicialmente o denunciara. Esta mesma conta denunciou a asistencia de menores ao evento, algo que tamén aseguraron outras fontes.

Captura vídeo American Pie Booomb_2
Captura de pantalla dun vídeo das festas de American Pie Booomb
Porén, as dinámicas de poder particularmente nestes espazos seguen a ser cuestionadas. Unha asistente ao evento, que prefire manterse no anonimato, relata que aínda que se "facía unha idea da temática do evento", descoñecía ao que se ía enfrontar: homes que ían ao baño de mulleres como unha forma de amosar quen mandaba, acoso verbal, risas ante calquera recriminación á súa actitude e incluso agresións sexuais. “Tiven que aturar homes toda a noite que se aproveitaban de que había moita xente na pista de baile para tocarme o cu”, conta. “O peor da noite foi cando un home se sentiu coa liberdade de agarrarme da vaxina. Supostamente había xente para vixiar que non pasaba nada malo pero en ningún destes casos vimos a ninguén facendo nada”.

“Non se trata de desatar unha guerra contra a American Pie Party de xeito particular, senón de comprender e transformar uns patróns de funcionamento sociais cos que non debemos ser transixentes” apuntan desde os sectores denunciantes.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Feminismo de clase y lucha por la hegemonía cultural
Muchos espacios feministas suelen incorporar códigos simbólicos y culturales burgueses que deslegitiman a los de la clase obrera. Aparte de las condiciones materiales, es necesario abordar la hegemonía cultural que estructura esta exclusión.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.
Opinión
Opinión Algunas claves para hacer un análisis feminista de las masculinidades y el patriarcado
Aunque el repunte patriarcal que estamos viviendo lleva tiempo consolidándose, ahora se le está otorgando la importancia que merece en el debate público, también en Euskal Herria.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.