Feminismos
María Ferreiro: “É fundamental tecer alianzas entre mulleres do urbano e do rural”

María Ferreiro é gandeira e a responsábel da secretaría da Muller do Sindicato Labrego Galego, fala con O Salto Galiza sobre os froitos que deu a loita das mulleres labregas, o traballo coas mulleres do rural e dos dereitos e espazos que quedan por acadar.

María Ferreiro do Sindicato Labrego Galego.
María Ferreiro co seu fillo na granxa familiar.
9 abr 2019 08:00

María Ferreiro naceu e medrou no lugar de Outeiro (concello de Curtis) no seo dunha familia gandeira. A granxa familiar fixo ás veces de fogar: “Meu pai e miña nai adicáronse toda a súa vida á granxa, gústalles a súa labor, sempre reivindicaron o seu traballo”. A explotación láctea transformouse nunha sociedade da que ela forma parte dende hai dez anos. María é, tamén, a responsábel da Secretaría da Muller do Sindicato Labrego Galego.

“No momento no que eu me incorporei á sociedade familiar non chocou, porque dende pequena non escoitara unha palabra negativa sobre a gandaría. Hoxe meus pais están preto da xubilación, quedaría eu soa á fronte e comezaron a dicir: “Estás segura? Ti soa como vas xestionar?” Cando eu non escoitara isto antes! Pero continúase a ligar a produción de animais aos homes, mentres que o labor da horta ou de coidado de pequenos animais segue ligado ás mulleres”, di María. Mentres medraba foi detectando novos roles de xénero: “Se había que facer traballo con maquinaria, como o aboado dos pastos, facíao meu pai, miña nai facía o labor da casa”.

Pola participación das mulleres

O pai e a nai de María afiliáronse ao Sindicato Labrego Galego (SLG) dende hai máis tempo do que ela pode recordar. Garda a teoría de que isto tivo certa influencia nas conversas do fogar, do orgullo co que seus pais falaban de ser “produtores de alimentos”. “Na nosa casa era común que, para organizar algunha asemblea, viñera xente do sindicato”, lembra. Seu pai tamén formou parte da cooperativa da zona, na que chegou a ocupar o cargo de presidente. “Intentábase traballar a prol de mellorar as condicións e poñer en funcionamento determinados servizos, como o servizo de substitución para as granxas para poder ter un día libre”, explica a súa filla.

Tanto a nivel de sindicato como nas cooperativas a participación é maioritariamente masculina. “Houbo algún cambio, pero penso que segue sendo común en moitas granxas que, se están dúas persoas como titulares, sexa o home o que leve a cabo os trámites ou participe no sindicato”, di María. Lembra que cando ela entrou no SLG da súa comarca as reunións tiñan lugar un día entre semana, pola noite e nun bar; as mulleres quedaban na casa, limpando os restos da cea ou coidando das crianzas. Hoxe os encontros celébranse na sede do sindicato e despois do xantar, para facilitar a participación feminina.

"Para as mulleres, só estar presente é complexo

Alén de lugares e horarios, para María é fundamental que muden as dinámicas dos encontros. “Para as mulleres só estar presente é complexo, poder dicir algo éo moito máis. Estás e ninguén escoita, pasa de longo, apenas falas. Paréceme central coidar moito os espazos mixtos, as palabras ou as expresións”, afirma. María tamén sinala a importancia da formación das mulleres labregas “para irnos empoderando e tendo ferramentas para participar en determinados espazos”. Con este obxectivo naceu a Secretaría da Muller do SLG.

XIV encontro da Secretaría de Mulleres do SLG
XIV encontro da Secretaría de Mulleres do Sindicato Labrego Galego en Nigrán

Loita pola paridade e a cotitularidade

Nos 90 comezou a agromar a semente da que sería a secretaría da Muller, e a partir dos 2000 contou cun espazo propio. Para María o traballo de base coas mulleres foi fundamental para recoller froitos como a introdución da paridade nos estatutos, ou como a aprobación da Lei de cotitularidade das granxas. Esta última entrou en vigo no 2012, mais os resultados non foron os esperados. “No medio dos debates e das negociacións da lei calculábase que até 30.000 mulleres en Galicia- e até 400.000 a nivel estatal- poderían acollerse á normativa. Mulleres que traballaban nas granxas, que non cotizaban e que non estaban dadas de alta na Seguridade Social”, di María. Dende entón tramitáronse 18 altas a nivel galego e 522 en todo o estado. “Que valoración imos facer? Que pasa aí?”.

María Ferreiro contesta ás súas propias preguntas: “No 2018 tivemos a nosa primeira reunión a nivel galego co funcionariado das Oficinas Agrarias Comarcais, xente da Consellería de Medio Rural, de Facenda e da Seguridade Social; quedou posto de manifesto que hai unha descoordinación e descoñecemento do tema”. Unha compañeira do SLG expuxo como ao tratar de darse de alta como cotitular da granxa viu denegada a súa solicitude. “Non lle querían abrir unha conta no banco porque non recoñecían a súa identidade nin o seu CIF”. Para María a normativa foi un fracaso, no que parte da culpa recae sobre as administracións. “Non podemos só recoñecer a situación e despois non facer nada para que muden”, lamenta.

"Respecto ao colectivo LGTBIQ temos moito que traballar

A loita polos dereitos das mulleres labregas non é a única vía de traballo da Secretaría da Muller. Dende hai anos leva a cabo obradoiros de formación, actividades de empoderamento para as mulleres do rural, charlas de sensibilización dirixidas aos compañeiros- “contextualizando o seu rol e as súas tarefas”- ou sobre o colectivo LGTBIQ e o rural. “Respecto ao colectivo LGTBIQ temos moito que traballar, queremos visibilizar que no rural, dentro da súa diversidade, hai persoas LGTBIQ, e tamén para ver como introducir as súas reivindicacións na nosa axenda”, explica María. Nese senso, a finais do 2018 celebráronse as primeiras xornadas “Sen prexuízos no rural”.

FeminismoS alén das cidades

Tanto no 2018 como no 2019 o SLG foi un dos sindicatos que convocou unha folga de mulleres de 24 horas o 8 de marzo. Para a responsábel da área da Muller, a inclusión das folgas de consumo e de coidados tivo un impacto decisivo na participación das labregas na xornada. “Dende que se puxo na axenda do feminismo o debate é moito máis potente, chegamos a máis mulleres. Como muller labrega identifícome totalmente con esa loita. Nas estruturas rurais a división sexual do traballo está moi marcado; o noso traballo enténdese como o que facemos na granxa, e o da casa non se ten en conta. En canto ao consumo; o noso prezo do que producimos e vendemos é irrisorio cando o vemos nas grandes áreas comerciais, moitas veces multiplicado por un 500%, un 600%. A onde vai ese beneficio que a nós nos sitúa nunha situación de precariedade? Por iso defendemos os circuítos curtos de comercialización ou a venda directa, as prazas, os mercados, as feiras”.

Este ano María viviu con alegría as numerosas manifestacións organizadas alén das urbes galegas. “O feminismo non só se constrúe nas cidades. Para nós é un gran logro achegarnos a outros sitios, aínda que sigan sendo máis urbanos, xa que facilita a participación das contornas rurais. Paréceme fundamental tecer alianzas entre as mulleres do urbano e mulleres do rural. As nosas dinámicas, debates e estruturas de organización son diferentes, pero o que precisamos é ir establecendo unha axenda e unhas demandas nas que todas nos sintamos acollidas e representadas. Con esa horizontalidade e sororidade que caracteriza o feminismo”, conclúe.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Justicia
Sentencia Condenado un trabajador de Vox por arrastrar a una activista de Femen
Un trabajador de Vox ha sido condenado como autor de un delito leve de lesiones a la pena de 180 euros y a indemnizar con 250 a la activista de Femen Lara Alcázar.
Opinión
Opinión Prohibir no es liberar: una reflexión feminista sobre el uso del hiyab
La idea de que prohibir el hiyab nos abrirá la puerta a una vida más libre no solo parte de un prejuicio, sino que se convierte en otra forma de imposición. Y ninguna liberación real puede construirse desde la fuerza o la exclusión.
LGTBIAQ+
Diversidade O Concello de Vigo retira a Área de Diversidade das subvencións de Igualdade
A asociación LGTBQI+ Nós Mesmas denuncia a eliminación como parte dun intento “continuo e silencioso” de borrar o activismo disidente do mapa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.