Fotomatón
Ana e os lobos

Ana Pontón sen deixar de ser aguerrida coa dereita exerce un talante luminoso e nada acuartelado, contrario á estampa clásica do camarada sempre ofendido.

Pontón
Foto do Día da Patria de 2018. Imaxe: BNG (CC BY-NC-SA 2.0)
Diego Ameixeiras
18 feb 2020 08:00

A este BNG de hoxe, tan apracible, xa non se lle pode escribir unha novela negra. O espectáculo de Amio queda lonxe e desapareceron as navalladas, todo son risas. O seu presente parécese máis a un deses telefilmes alemáns dos domingos pola tarde, con xente guapa practicando mindfulness, paisaxes de postal e mesas ben servidas.

Gran parte dese mérito, traducido na imaxe feliz e esponxosa que transmiten agora, correspóndelle a Ana Pontón, que sen deixar de ser aguerrida coa dereita exerce un talante luminoso e nada acuartelado, contrario á estampa clásica do camarada sempre ofendido. Coma se fose quen de indignarse e petar na mesa cando se precisa, pero sen que se lle derramen os vasos, con fineza de acróbata. As enquisas están moi a gusto co estilo Pontón.

Que haxa opinadores madrileños pensando que temos un xestor jeltzale ao mando da Xunta, desencadeado de Xénova e medio nacionalista, explica ata que punto somos unha rexión amazónica para a política española

Á líder do BNG nótaselle que sabe esperar, unha virtude que é ouro puro nestes tempos ansiosos. Porque agardar con paciencia, esa arte tan delicada, supón pelexar coa tentación dun precipicio. E porque esperar doe. Escribiu Roland Barthes en Fragmentos dun discurso amoroso que a fatal identidade de quen ama non é outra cousa que ese “eu son quen espera”, e os nacionalistas son expertos na cruz do namorado que leva media vida agardando pola patria, que está sempre ausente, en mans dun cabaleiro de dereitas. Quen non sabe esperar acaba por destruírse, e o BNG non sempre ten agardado por Galicia no papel de amante paciente. Pero con Ana Pontón, ese Bloque atribulado polos fracasos sabe xogar mellor as súas cartas. Como se estivese inspirado por unha fatiga que lle indica xusto o que non se debe facer, segundo apunta Peter Handke no seu Ensaio sobre o cansazo.

Que haxa opinadores madrileños pensando que temos un xestor jeltzale ao mando da Xunta, desencadeado de Xénova e medio nacionalista, explica ata que punto somos unha rexión amazónica para a política española. Contra ese disfrace de Feijóo vai ter que pelexar Pontón con toda a súa artillaría, pero tamén contra algúns atacantes que semellan sacados de Ana y los lobos, aquela alegoría antifranquista de Carlos Saura. Señores de orde aos que lles puido resultar proveitosa para medirlle o lombo á esquerda rupturista e agora advirten nela unha intrépida Uma Thurman en Kill Bill, disposta a asaltar os ceos de San Caetano mentres soa Malagueña salerosa dende Ortegal ao Miño. Debaixo desas dúas cellas de Ana Pontón brillan uns ollos en busca dun país que o BNG aínda non atopou. Desta vez hai máis electricidade.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

PSOE
Crisis de Gobierno “El Gobierno está en la UCI”: los aliados de Sánchez afilan el discurso en clave electoral
A la espera de nuevas pruebas que puedan afectar directamente al presidente del Gobierno o algún indicio de financiación ilegal del PSOE, Podemos radicaliza su crítica al bipartidismo y Sumar habla de “un cambio de 180 grados”.
Política
Comunidades Autónomas Desde el corazón de la Andalucía rebelde al tercer bloque de las izquierdas soberanistas
Los partidos de la izquierda soberanista del Estado se han encontrado este fin de semana en Marinaleda (Sevilla) para apuntalar su posición de tercer bloque frente a la derecha y a los partidos “centralistas” que forman parte del Gobierno español
Política
Política O BNG forza unha comisión para investigar miles de contratos a dedo da Xunta con empresas afíns ao PP
Os 25 deputados nacionalistas usarán a súa única oportunidade de facelo de maneira unilateral para investigar as miles de licitacións sospeitosas destapadas polo Salto e Público, o sobrecusto do hospital de Vigo e as contratacións con Eulen.
#47717
19/2/2020 16:23

Venga hombre, si esta chorba es más apparatchik que el gato de Stalin!

1
6
#62434
4/6/2020 13:36

Que saberás ti, oh! Que saberás!

0
0
#47680
18/2/2020 17:55

PRESIDENTA!

8
1
#47651
18/2/2020 12:19

Galicia precisa dunha presidenta como Ana Pontón.

15
0
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.