Ana Peleteiro
Ana Peleteiro, nunha competición en París o pasado mes de agosto de 2019. Foto: Yann Caradec
5 oct 2019 13:38

Un dos complexos vitamínicos máis efectivos que existen é ver saltar a Ana Peleteiro, pero que che sosteña a mirada con ese aire entre pándego e desafiador que lle vén de fábrica, froito dunha asombrosa conxunción xenética, ten que ser o máis parecido a sufrir un lategazo de partículas subatómicas.

Observamos a Peleteiro a través da pantalla do televisor, xusto cando se dispón a pegar un chouto para vivificarnos, e os seus ollos producen en nós o efecto dun lóstrego que nos impulsa a asaltar o ceo en tres pasos. Irradia tal fluxo luminoso que nove de cada dez oftalmólogos de Ribeira, a súa vila, aconsellan mirala facendo viseira coa man. E cando bate as palmas preparando acoreografía do salto, hai xente á que se lle move o sofá.

Atesoura Peleteiro grandes habelencias para o retruque lúcido e intelixente. Demostrouse cando David Broncano lle preguntou polo número de tumbas que sería quen de saltar e a atleta quixo saber se terían as dimensións exactas da sepultura de Franco. Ou cando impartiu en Land Rober unha das máis brillantes clases de sociolingüística que se lembran na TVG, rememorando o día que uns desaprehensivos lle espetaron que as tiña todas por ser “negra, gallega y con acento”. Non descartemos que no futuro se presente no programa facendo o saúdo do Black Power, como aqueles atletas afroamericanos nas olimpíadas de México'68, e que nos despachos de San Marcos suspendan a emisión para retransmitirnos un churrasco.

As saltadoras da súa categoría acostúmanse ao éxito grazas a esa fabulosa alianza entr e tensión fibrosa e robustez muscular que exhiben, un ensamblado perfecto que se traduce na finura escorregadiza dos membros superiores e a resistencia ao impacto, entendemos que colosal, das extremidades inferiores. Intuímos que mediante a activación desas dúas capacidades conseguen esas alancadas prodixiosas, capaces de superar o salto en coche de Thelma e Louise. Pero hai na nosa atleta unha calidade natural que a distingue das colegas  coma se ao seu sacrificio por se converter nunha figura do atletismo lle sumase a necesidade urxente de voar ao seu aire, brincando de foso en foso sen pedirlle permiso a ninguén. Por iso pensamos que Peleteiro salta ao xeito dunha rude girl, libre e cadenciosa. Bailando ska ata o campionato final.

Cargando valoraciones...
Ver comentarios 1
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios 1

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...