Historia
A liberalización do pan trouxo miseria, fame e violencia

A fame que trouxo a supresión da taxa que fixaba o prezo do gran orixinou unha gran cantidade de motíns no Estado a mediados do século XVIII
Fame liberalización pan
O ano da fame de Madrid, Xosé Aparicio Inglada
3 oct 2021 08:00

Era o ano 1765, a supresión da taxa do gran que fixaba un prezo permanente ao trigo e demais cereais –ingredientes esenciais na fabricación de pan– non conseguiu ningún dos obxetivos perseguidos. A súa liberalización non modernizou a atrasada economía, non favoreceu un incremento sustancial da produción agraria nin un aumento considerable das transacións mercantís, como se creía. No seu lugar, trouxo o enriquecemento dos grandes terratenentes e comerciantes, favorecendo a especulación cun alimento básico e traendo miseria, fame e violencia ás clases populares.

O mediodía do Domingo de Ramos de 1766, na praza de Antón Martín de Madrid, un grupo de xastres dispoñíase a facer cumprir unha nova e estraña lei, aprobada só trece días antes, que obrigaba aos homes a vestir sombreiros de tres picos e capa recortada. Pero algúns dos transeúntes opuxéronse a unha medida que, en nome da seguridade cidadá –pois os malfeitores tiñan a costume de agochar as armas baixo as longas capas–, procuraba a corrección das costumes e a modernización da vestimenta tradicional; e enfrontáronse aos xastres e aos seus escoltas. Como resultado do encontro, unha multitude furiosa rematou a xornada loitando ca guardia rexia e apedrando o palacio do Marqués de Esquilache, secretario de Hacienda e Guerra, e impulsor desta medida.

Ao día seguinte, o conflito agravouse notablemente nas rúas da capital do Estado contando con varios mortos e numerosos feridos. E foron atacados os palacios dos outros colaboradores do rei, que tamén eran italianos coma Esquilache. Finalmente, unha caterva rabiosa dirixiuse ao Palacio Real situado na rúa Bailén. Entre as esixencias dos rebeldes figuraban a destitución do Marqués e dos outros colaboradores estranxeiros do monarca, a baixada do prezo do pan e a proclama “que cada quen vista como lle veña en gana”. O rei, obrigado pola gravidade dos feitos e temoroso dun posible incremento da violencia popular, aceptou todas e cada unha das imposicións dos seus irados súbditos. Esa mesma noite, un Carlos III aldraxado fuxíu cara Aranjuez e non retornou ao Palacio de Oriente até o mes de decembro.

Tradicionalmente, a interpretación que os historiadores tiñan deste feito coñecido como o motín de Esquilache era en clave política: os xesuítas e algúns nobres, descontentos coa política modernizadora do novo monarca ilustrado e dos seus colaboradores italianos, foron os autores intelectuais do motín; mentres que o pobo, facilmente manipulable polos intereses dos poderosos, foi o brazo executor dun maquiavélico plan que tiña, ademais, un forte compoñente xenófobo.

Non obstante, as investigacións de Pierre Vilar, historiador e hispanista galo e un dos máximos representantes da historiografía marxista do século XX, intentaron amosar que se trataría, única e exclusivamente, dun motín de subsistencia. O pobo famento e descontento ante a subida dos prezos dos cereais  –ingredientes básicos na fabricación do pan, principal alimento na época moderna– saiu á rúa violentamente, esixindo alimentos e agredindo a quen consideraba responsable da súa penuria. 

Se ben esta hipótese tende a simplificar en exceso a realidade, que xeralmente é moito máis complexa e ten múltiples caras e aristas –non hai que esquecer a modificación da indumentaria ou unha reforma urbanística que estaba a subir os prezos da vivenda, por exemplo–, si acerta en situar a fame coma catalizadora deste episodio, como o combustible que acelera a reacción química que se da en calqueira estalido social.

Este razoamento gaña forza cando se compara con outros sucesos similares acontecidos nesa mesma primavera. En Zaragoza, o “motín dos broqueleros” producíuse, entre outros motivos, pola combinación das malas colleitas e a especulación cos prezos. En Euskal-Herria, a “machinada” tivo como detonante a escasez de gran, o elevado importe dos mesmos e o enfrentamento entre as clases populares e os almeceneiros e especuladores. Episodios similares, ainda que de menor intensidade, repetíronse nesa primavera por toda a península en cidades coma Valencia ou Elche, ou en distintos puntos de Galiza, Castela, Extremadura ou Andalucía.

Entón, é preciso preguntarse: Que ocurriu ese ano? Por que houbo tantos motíns populares que reclamaban alimento e uns prezos máis xustos? Na Idade Moderna era habitual que nos anos de malas colleitas, que eran bastante frecuentes tamén, a garula se xeralizase, especialmente entre as clases populares; e que houbera pequenos episodios violentos coma resposta a crise alimentaria. Daquela, o 1766 foi un ano diferente, non só polo maior número de motíns, senón pola intensidade dos mesmos. A resposta atópase noutra lei, pois un ano atrás o marqués de Esquilache e os seus colaboradores aprobaran outra medida canto menos polémica: a abolición da taxa do gran.

“(…) Que desde a publicación desta pragmática non se observe nestes meus Reinos a Taxa de Grans, e demais sementes (…) Quero que sexa libre a súa venta, e compra, para que así nos anos estériles, coma nos abundantes, sexa igual, e recíproca a condición dos vendedores, e compradores (Real Pragmática, pola cal súa maxestade sírvese para abolir a taxa de grans, e permitir o libre comercio de eles no reino, 1765)”.

Esta anticuada medida –seguramente, coma pensaban os seus detractores– persistía dende mediados da Idade Media. A súa labor era sinxela: permitir ao estado fixar un importe permanente para os cereais e, ao mesmo tempo, impedir unha repentina subida dos prezos, sobre todo nos anos máis duros. O aspecto máis lesivo, se cadra, era que limitaba severamente o intercambio mercantil tanto no interior coma no exterior do reino. Coa nova lei, ademais de favorecer a liberdade comercial, será o mercado quen, seguindo a máxima da oferta e a demanda, regule o valor do gran.

Ao ano seguinte, a súbita caída da produción agrícola provocou un gran aumento dos prezos do trigo e doutros cereais coma centeo, millo, avea ou cebada, ingredientes esenciais na fabricación do pan. E a fame xeralizouse, principalmente entre as clases populares, orixinando o caldo de cultivo propicio para o estalido social. Deste xeito, os distintos motíns, atendendo as particularidades e especificidades de cada rexión, estendéronse por todo o territorio tomando a Madrid coma exemplo.

Pero lonxe do alcance que puideron ter os motíns da primavera de 1766 e das súas consecuencias a medio ou longo praza —que foron prácticamente insignificantes— é importante sinalar o fracaso estrondoso da nova lei.

Para os novos apóstolos do liberalismo representados por Esquilache e os seus socios italianos de goberno, sen olvidarnos tampouco doutros ilustrados ministros coma Campomanes ou Floridablanca, esta medida chegaba para modernizar a atrasada economía española. A ausencia dunha taxa, teoricamente, estimularía a actividade de labradores e comerciantes na procura dun beneficio maior as súas terras, incrementando a producción agraria, favorecendo o seu posterior comercio e dinamizando o mercado nacional.

A realidade foi, como xa vimos, bastante diferente. Para entender o seu fracaso é preciso escoitar as outras voces ilustradas: as díscolas e, por ese motivo, olvidadas ou silenciadas. Algunhas incluso dentro do propio Consello de Castela, como as de Lope de Sierra e Espinosa. Unha destas voces, e ao mesmo tempo a máis interesante, é a de Gregorio Mayáns, bibliotecario real, xurista e historiador valencián, e un dos representantes da primeira ilustración.

Para o de Oliva, os mecanismos legais que garantizaban uns prezos “morais e prudentemente xustos” eran fundamentais, porque confiar no funcionamento do mercado e “esperar o remedio dos comerciantes é o mesmo que confiar que os lobos sexan os pastores das ovellas”. Ademais, a nova lei non beneficiaba a todos os terratenentes por igual, senón que “só era útil a poucos ricos acumuladores (de gran) e as comunidades eclesiásticas que podían gardar para o tempo de maior necesidade”. É dicir, aos terratenentes máis poderosos e aos especuladores.

E que a propiedade da terra estaba, coa excepción dunha incipiente pero moi minoritoria burguesía, acaparada en mans da nobreza e do clero. No rural galego, por exemplo, a fidalguía e a Igrexa concentraban case en exclusiva o dominio dos campos, que arrendaban ou subarrendaban a un campesiñado cada vez máis endebedado e empobrecido cos famosos foros, cuxa longa pervivencia deu orixe o movemento agrarista galego a comezos do XX. Para facerse unha idea, a fidalguía dos pazos percibía aproximadamente dous terzos dos ingresos totais de orixe agraria. Como é lóxico, unicamente estes sectores víronse favorecidos coa nova lei. Para as clases populares, a liberalización do pan tan só trouxo miseria, fame e violencia.

Arquivado en: Especulación Historia
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sevilla
Derecho a la vivienda El precio de las viviendas de protección oficial en Sevilla se dispara hasta los 350.000 euros
En 2022 las viviendas protegidas con las mismas características costaban 188.000 euros, Andalucía lidera la subida de precios en la vivienda según el último Índice de Precios de Vivienda.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda Sánchez omite las principales demandas de las movilizaciones de vivienda en sus anuncios estrella
Las 12 medidas para atajar la crisis de vivienda anunciadas por el presidente Pedro Sánchez no convencen a las organizaciones sociales: más allá de las palabras y anuncios “grandilocuentes” no hay ninguna propuesta que vaya a bajar los precios.
Medio ambiente
TURISMO Así son los operativos del Gobierno Vasco para acelerar la implantación del Guggenheim Urdaibai
Han sido externalizados el Plan Estratégico Comarcal de Busturialdea, el informe de valoración de los terrenos e instalaciones de Astilleros de Murueta para la expansión del museo y las campañas de comunicación para controlar el relato.
Adrián González
3/10/2021 9:36

Moi interesante este artigo, André. Saberías referenciarme algún libro ou artigo que profundice este tema ou que tomaras como base para o análise?

0
0
Hayden White
4/10/2021 22:17

Se me facilitas un correo pódoche enviar bibliografía

0
0
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Educación
Educación Protocolos éticos en espacios educativos: ¿qué dicen sobre el abuso de poder?
La asociación de referencia para las escuelas gestalt acaba de aprobar un protocolo para detectar y abordar del abuso de poder. Otros ámbitos educativos cuentan con documentos éticos sobre este asunto.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Madrid
Movimiento estudiantil Vuelve la acampada universitaria por Palestina y contra el asedio de Gaza por parte del Estado de Israel
Los estudiantes vuelven a acampar en el campus de la Universidad Complutense en protesta y contra el genocidio palestino que “ha continuado y se ha intensificado”. Acusan de “inacción” al Gobierno español y exigen detener el rearme europeo.
LGTBIAQ+
Informe Estado del Odio Las agresiones físicas y verbales a personas LGTBI+ se han duplicado en el último año
El informe Estado del Odio: Estado LGTBI+ 2025 revela que el 20,3 % de las personas LGTBI+ encuestadas ha sufrido acoso. La discriminación en ámbitos como el empleo, el acceso a servicios o la vivienda, alcanza al 25,25 % del colectivo.
Más noticias
Personas sin hogar
Personas sin hogar “No todos somos conflictivos”: la otra cara de los sintecho en Barajas
Las personas que “viven” en el aeropuerto de Barajas, como en tantos otros, son el reflejo de un problema de fondo: el aumento constante del sinhogarismo ante el encarecimiento del acceso a la vivienda.
Eléctricas
Eléctricas Aagesen descarta el ciberataque y sitúa la desconexión que llevó al apagón en Granada, Badajoz y Sevilla
La vicepresidenta tercera y ministra para la Transición Ecológica explica en el Congreso que siguen investigando, pero avanza que no fue un problema de cobertura ni de reserva. El Ejecutivo no ha detallado qué tipo de energía fue la que falló.
València
València La instrucción de la dana determina que Pradas y Argüeso cometieron una “grosera negligencia”
La magistrada Ruiz Tobarra resalta en un auto la inoperancia de la ex consellera y el ex secretario de emergencias, y califica como “absurdas” sus explicaciones sobre el retraso del sms.
Opinión
Opinión Por qué es vital que el mundo (y Europa) se desarme
Mientras buena parte de los políticos mundiales nos hablan de las amenazas que suponen los Otros, la conclusión en el campo de la ciencia climática es que los problemas del siglo XXI son consecuencia del modo de vida desmesurado del mundo occidental.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Uruguay
Muere Mújica Muere José Mujica: el descanso del guerrero
La muerte de Pepe Mujica hará aumentar sin duda la leyenda que rodeó durante tantos años al viejo guerrillero tupamaro convertido en presidente de Uruguay, pero no todos serán elogios.
Pensamiento
Michael Hardt “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.