Manuel Gago, a historia dos símbolos empregados polos irmandiños na revolta e a interpretación contemporánea

O investigador analiza como a destrución dos castelos e a simboloxía funcionaron como ferramentas do que hoxe entenderiamos como comunicación política nunha sociedade maioritariamente oral.
Gago Reino GZ
O xornalista e divulgador Manuel Gago.
16 mar 2026 12:11

A Revolta Irmandiña non foi só un levantamento popular armado contra a nobreza, senón que tamén foi un movemento cargado de símbolos, linguaxes e xestos políticos aos que apenas se lle pon o foco dende o presente. No cuarto capítulo de Verdades e mentiras da Revolta Irmandiña, o investigador e divulgador Manuel Gago afonda na historia dos símbolos empregados polos irmandiños para expresar poder, xustiza e ruptura coa orde establecida.

Escritor e xornalista e unha das voces máis recoñecidas da divulgación histórica en Galiza, Gago analiza na conversa con Javier H. Rodríguez como a destrución dos castelos e a simboloxía funcionaron como ferramentas do que hoxe entenderiamos como comunicación política nunha sociedade maioritariamente oral.

Un capítulo no que Gago tamén convida a reflexionar as lecturas políticas e socias que se fixeron a finais do século pasado e máis do actual dos feitos para dotalo de certo relato de país.

Verdades e mentiras da Revolta Irmandiña é o título que abarca unha narrativa transmedia que conta con dúas canles principais: a audiovisual, enfocado ás redes, e o podcast. Producido por O Salto, CRU e máis Descifrando a Historia, poderás atopar pílulas en vídeo nas redes que funcionan a modo de verificadores de feitos dalgunhas das ideas máis estendidas sobre este episodio no imaxinario popular. 

Verdades e mentiras da Revolta Irmandiña está financiado con recursos públicos grazas ao certame Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia, promovido pola Deputación da Coruña.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...