Huelga feminista
O feminismo toma Compostela
As treboadas feministas ocupan as rúas e paran Compostela. As columnas feministas, saídas de catro puntos distintos da cidade, conflúen no centro. “Hoxe imos comer na rúa, imos ficar e non nos imos mover”, anunciaron as activistas con altofalantes.

Milleiros de mulleres, convocadas por Galegas8M, tomaron as rúas de Compostela durante a mañá da folga feminista. Ás nove da mañá dábanse cita os primeiros piquetes informativos no centro da cidade que, ademáis de tentar garantir o direito á folga das traballadoras, sinalaron distintos establecementos “especialmente culpábeis da opresión das mulleres”: centros de estética e coñecidas tendas de roupa entre outros.
Ao berro de "Folga feminista" e "Patriarcado e capital, alianza criminal" os primeiros piquetes feministas comezan a percorrer o centro de Compostela #folgafeminista#folgafeminista8mpic.twitter.com/GOyC9K9K1H
— O Salto Galiza (@OSaltogz) 8 de marzo de 2019
O momento álxido da mañá produciuse a partir das 11:30 horas cando se comezaron a dar cita distintos grupos de activistas nas chamadas “treboadas feministas”. Desde catro puntos distintos da cidade (Campus Sur, Galuresa, Concheiros e San Caetano) partiron en manifestación até confluiren, pasadas as doce do medio día, na praza de Galiza e na rúa da Senra.
Momento de chegada á Senra, no centro de #Compostela, das distintas columnas saidas dos barrios. #TreboadaFeminista#8m#8M2019#folgafeminista#folgafeminista8mhttps://t.co/xYeRLDj0njpic.twitter.com/ccHB8yYZJV
— O Salto Galiza (@OSaltogz) 8 de marzo de 2019
Milleiros de mulleres xuntáronse no centro de Compostela superando todas as previsións, nunha mobilización ainda máis numerosa da do ano 2018. Perto das 13:00 horas unha portavoz das activistas anunciou a través dun altofalante a intención de ficar ocupando as rúas e chamando a “comer na rúa e permanecer ao longo de todo o día”.
As feministas de #Compostela anuncian que van comer na rúa da Senra e cortaran o tráfico todo o día.
— O Salto Galiza (@OSaltogz) 8 de marzo de 2019
Hoxe #folgafeminista
⛏Nin emprego.
🍺Nin consumo.
👩🎓 Nin ensino.
💜Nin coidados.
Por todas as mulleres, por todos os dereitos ♀️#8m#8M2019#folgafeminista8mpic.twitter.com/hPpq7R14qz
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!