We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Huelga feminista
Aquí habería un artigo de Elena Martín
As xornalistas e colaboradoras de O Salto Galiza paran este 8M.
Neste medio hoxe non escriben Clara Figueroa, Elena Martín, Raquel Pérez nin ningunha colaboradora de O Salto. Tampouco Ter García, Sarah Babiker nin Patricia Reguero, redactoras de El Salto; nin Lis Gaibar ou Beatriz Bádenas, de El Salto País Valencià; nin Larissa Saud, de El Salto Andalucía; nin Gessamí Forner, de Hordago El Salto; nin Irene Martínez de El Salto La Rioja; ni Laura Álvarez, de El Salto Extremadura.
Nun día normal, neste espazo atoparías un artigo dalgunha delas. Hoxe non será así. Tampouco terán resposta os mails das socias, nin haberá ninguén ao outro lado do teléfono en administración ou publicidade, porque Mai Gredilla, María Ruíz, Ana Álvarez e Marta Bonet tamén están en folga. Pode que botes en falta algún post en Facebook.
Por iso, hoxe só haberá contenidos realizados por eles: fotógrafos e redactores que hoxe terán que asumir as consecuencias de que as mulleres paren nunha folga de consumo, de coidados, estudiantil e laboral.
Este medio e este colectivo comparten que hai mil motivos, como argumentou o movemento feminista, para esta folga que o ano pasado conseguiu o seu obxectivo de que ninguén puidese mirar cara outro lado ante as desigualdades e violencias que sofren as mulleres e que este ano sinala a urxencia de tomar medidas contra as estruturas que as perpetúan.