Huelga feminista
Mobilizacións históricas do feminismo galego

Éxito rotundo das manifestacións feministas que este medio día percorreron as principais rúas do país. Este 8 de marzo comeza a percibirse como histórico en Galiza e o desborde das mobilizacións foi total.

obradoiro 8M Compostela
Fin da manifestación desta mañá na praza Obradoiro Jorge Garnelo
8 mar 2018 16:55

A xornada de folga feminista comezou moi cedo en Galiza. Ás 5:00 da madrugada comezaban a súa actividade os piquetes feministas de Vigo, dúas horas despois facían o mesmo en Compostela.

Na capital da Galiza os piquetes iniciaron a súa actividade no polígono Costa Vella, que agrupa a distintas empresas e importantes marcas como Decathlon, Leroy Merlin e Mercadona. Este último supermercado fechou as súas portas para impedir que o piquete informativo desenvolvese a súa labor.

Vigo 8M concentracion
Concentracion feminista en Vigo, rúa Príncipe. Zelia García

Ao longo da mañá a actividade piqueteira, polo menos nas grandes cidades, estendeuse polas ruas máis comerciais e polos centros de ensino.

O momento álxido co que concluiu a xornada da mañá de folga feminista foi ás 12:00, cando milleiros de mulleres ocuparon as distintas prazas de rúas de todo o país. “Está a ser un auténtico desborde” comentaba unha das participantes da manifestación de Compostela. Esta sensación repetiuse nos distintos puntos de Galiza onde estaban a descenvolverse as concentracións.

8M Monforte 2018
Concentración da folga feminista en Monforte. Foto: ANA CASAL

Tanto en Vigo como en Compostela as concentracións derivaron en distintas columnas que, en manifestación, percorreron distintas rúas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Huelga feminista
Represión Siete participantes de la huelga feminista del 2018 son condenadas a un año y medio
La sentencia exige a las activistas catalanas más de 26.000 euros de indemnización a la empresa ferroviaria, así como hacer frente a las costas judiciales.
8 de marzo
8 de marzo Los feminismos andaluces llenan las calles un 8M marcado por el apoyo al pueblo palestino
Decenas de miles de mujeres se movilizan en las convocatorias del 8M de los feminismos diversos centrados en denunciar el genocidio en Palestina y la defensa de los derechos de las mujeres trans
Represión
Euskal Herria Denon Bizitzak Erdigunean Donostia celebra un guateque para pagar las multas de la huelga feminista general
El goteo de multas ha empezado esta semana. La primera asciende a 800 euros, 400 con pronto pago. El 30 de noviembre hubo 24 identificadas y 5 detenidas solo en la capital guipuzcoana.
#10284
9/3/2018 8:42

A xornada foi histórica entre outras cousas pola hostia na cara que recibiu esa organización sindical corrupta e aliada do capital que vos paga a edición. Morte á CIG e ao resto de apagalumes! Adiante a loita das mulleres.

8
7
#10295
9/3/2018 11:44

Eu pensaba que falabas de UGT y CCOO. ¿Baseas esas acusacións en algo?

5
8
#10367
10/3/2018 18:21

E logo a CIG fixo algo diferente de CCOO e UXT? Pois si, fixo algo peor. As tres rémoras estas convocaron paros simbólicos porqu consideranq ue os nosos problemas non son reais, senón simbólicos. pero ademais a CIG fixo activamente militancia en contra da folga de 24 horas, enganando a traballadoras de todos os centro de traballo do país das manerias máis variadas, pero basicamente co mesmo rintintin de que a folga de 24 horas era ilegal e tal. repito: MORTE Á CIG. E se non che gusta, tragalo, que total xa a diario tragas bastante merda sen queixarte. O día que queimes ese carné noxento verás novas posibilidades. Deica entón.

9
0
#10276
8/3/2018 22:29

Un éxito y una foto muy bonita

6
0
#10260
8/3/2018 17:26

Éxito das mulleres, gran motor do noso país

14
0
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.