Huelga feminista
Imaxes: o feminismo para Galiza

Manifestacións masivas fecharon a xornada de folga feminista nas principais cidades galegas. A máis numerosa foi a de Vigo que convocou a máis de 100.000 persoas segundo a policía local.

Vigo 8M concentracion
Máis de 100.000 persoas segundo a policía local percorreron as rúas de Vigo. Imaxe de Galizacontrainfo. Sonia Daponte
9 mar 2019 14:00

Milleiros de mulleres convocadas polo movemento feminista tomaron durante a folga feminista do 8 de marzo as rúas de Galiza. Por volta das 20:00 comezaron a sair as distintas manifestacións que, no caso de Compostela, Vigo e A Coruña, desbordaron as previsións. O relato de moitas das activistas que acudiron coincide en salientar a sensación de desborde nas grandes cidades e as dificuldades que toparon as marchas en arrancar polo enorme número de persoas presentes.

Compostela 8M 2019 mania
A saída da manifestación de Compostela desbordouse pola cantidade de persoas que acudiron. David Ferreiro Pérez

Cómpre salientar que a manifestación na Coruña alterou o seu percorrido de sempre, pois avanzou desde o Obelisco ata a antiga Fábrica de Tabacos en homenaxe ás mulleres cigarreiras, que durante o século XIX foron por décadas o maior colectivo obreiro de Galiza. En 1857, había case 4 mil traballadoras cigarreiras, un 7 de decembro amotináronse como protesta polas malas condicións laborais: subiron ao tellado da fábrica, romperon as máquinas e tiráronas ao mar xunto co tabaco. Deste xeito o feminismo coruñés quixo lembralas e reivindicar os séculos de loita polos dereitos de todas as mulleres e pola igualdade real e efectiva.

8M Coruña
Unhas 40.000 persoas, segundo a Policía local, percorreron as rúas da Coruña. Foto: Concello da Coruña
Coruña 8M Moncho 1
A cabeceira da manisfestación en A Coruña pasando polo viaducto da rúa Linares Rivas. Moncho Piñeiro
Coruña 8M Moncho 2
Durante máis de dúas horas estiveron pasando milleiros de persoas cara a Praza das Cigarreiras, onde remataba a manifestación na cidade coruñesa. Moncho Piñeiro
Coruña 8M Moncho 3
Imaxe da antiga Fábrica de Tabacos da Coruña, onde rematou unha mobilización histórica na cidade polo 8M. Moncho Piñeiro

En Ourense tamén sairon por milleiros, nunha convocatoria que partía da Subdegelación do Goberno ata a Praza Maior da cidade de As Burgas, onde as mensaxes reivindicativas misturábanse cos tambores que tocaban mulleres de toda idade.

Ourense 8M 1
Imaxe da Praza Maior de Ourense no 8M do 2019 Amandi fotografía
Ourense 8M 3
O feminismo tamén ateigou a Praza Maior de Ourende neste 8M de 2019. Amandi fotografía
Ourense 8M 4
Mensaxes e reivindicacións pola igualdade real foron parte da manifestación que percorreu Ourense. Amandi fotografía

Mentres tanto Lugo, que foi a cidade que serviu de punto de encontro do feminismo galego durante o pasado 3 de marzo, volveu ser testemuña da forza dun movemento que congregou en torno a 10.000 persoas. A ruada nocturna lucense saíu ás 20:00 horas da explanada do edificio da Xunta de Galicia e desembocou na Praza de Santa María.

Lugo 8M 1
Imaxe da Praza de Santa María en Lugo durante a manifestación polo 8M. Ana Chas Seijas

MOBILIZACIÓNS máis alá das cidades

O movemento feminista galego convocou mobilizacións por todo o país baixo o lema: "Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista!" e abofé que así foi. Máis de 50 convocatorias nas principais vilas, dende Burela ata O Barco ou Viana do Bolo, pasando por Vimianzo, Cuntins, Lalín, Melide, Ames ou Carballo xa camiño a costa, ben sexa a Cee e Cedeira ou cara Rianxo, Redondela, Cangas e Bueu.

Deste xeito, tamén A Mariña viviu concentracións pola mañá en Ortigueira, Viveiro ou Ribadeo. Pola tarde, buses e coches partiron do Vicedo, Viveiro, San Cibrao, Ribadeo ou Trabada con destino a Burela. O feminismo da Mariña saíu dende a estación de tren de Burela e desembocou na praza do Concello a ritmo de batukada.

Burela 8M 1
Cabeceira da manifestación feminista do 8M que percorreu as rúas de Burela
Burela 8M 2 racializadas
"O feminismo será antirracista ou non será" berraban nas rúas de Burela.
Por outra banda, ao longo do día houbo diversas mobilizacións tanto en Chantada como en Monforte, onde segundo datos da policía local, xuntáronse case un millar de persoas na concentración das 20 da tarde convocada por Galegas 8M, onde un dos berros máis escoitados foi: "Queremos emprego, traballo xa temos!"
Monforte 8M
Imaxe da concentración convocada por Galegas 8M en Monforte, onde tamén ao medio día houbo mobilizacións.

TREBOADAS EN COMPOSTELA

Milleiros de mulleres, convocadas por Galegas8M, tomaron as rúas de Compostela durante a mañá da folga feminista. Os primeiros piquetes informativos comenzaron a percorrer o centro da cidade a partir das nove da mañá.
8m Compostela Piquetete CIG
Piquete informativo da CIG, baixo vixianza policial. Jorge Garnelo
Ademáis de tentar garantir o direito á folga das traballadoras, foron sinalando distintos establecementos “especialmente culpábeis da opresión das mulleres”: centros de estética e coñecidas tendas de roupa entre outros.
8M 2019 Compostela Treboadas
As treboadas confluiron no centro de Compostela. Andrés Vázquez Martínez
A partir das 11:30 horas comezáronse a dar cita distintos grupos de activistas nas chamadas “treboadas feministas”.
Treboada 8M COMPOSTELA
Imaxe da treboada que partiu da rotonda da Galuresa Uxía Pérez Fieiras
Desde catro puntos distintos da cidade (Campus Sur, Galuresa, Concheiros e San Caetano) partiron en manifestación até confluiren, pasadas as doce do medio día, na praza de Galiza e na rúa da Senra.
Treboadas compostela 8m
Imaxe da treboada que partía do Campus Sur da USC. Jorge Garnelo
“Hoxe imos comer na rúa, imos ficar e non nos imos mover”, anunciaron as activistas con altofalantes
Teboadas Compostela
Un dos momentos máis emocionantes da mañá produciuse ao confluiren as distintas treboadas na rúa da Senra. Andrés Vázquez Martínez
Milleiros de mulleres xuntáronse no centro de Compostela superando todas as previsións, nunha mobilización ainda máis numerosa da do ano 2018.Perto das 13:00 horas unha portavoz das activistas anunciou a través dun altofalante a intención de ficar ocupando as rúas e chamando a “comer na rúa e permanecer ao longo de todo o día”.
Piquete Compostela 8m
Piquete informativo feminista en Compostela. Jorge Garnelo
Pola tarde un numeroso piquete feminista percorreu distintas tendas de coñetidas marcas de roupa sinalando o papel destas multinacionais na “explotación das mulleres e na súa cousificación”.
8M Compostela Piquete
As feministas sinalaron o papel das multinacionais na “explotación das mulleres". Jorge Garnelo
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Argentina
Argentina Diez años de Ni Una Menos, el movimiento que desbordó el feminismo para hacerlo enorme
El 3 de junio de 2015 se produjo la primera convocaría de Ni Una Menos en Argentina. El llamamiento contra la violencia machista traspasó el nicho feminista y la respuesta fue masiva. Hoy, se enfrenta a las políticas reaccionarias de Milei.
Violencia machista
Machismo Ver para creer: ha llegado la hora de acabar la misoginia visual en las redes sociales
VV.AA.
Todas estas formas de misoginia contemporánea están aumentando a medida que se generaliza el uso de la inteligencia artificial generativa para fabricar imágenes falsas.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.