A Subdelegación do Goberno convida a unha misa polo Día da Policía a decenas de concelleiros pontevedreses

A subdelegada en Pontevedra, María Isabel Alonso e o comisario xefe da Policía Nacional da comisaría Vigo-Redondela, Ramiro José Gómez, envían unha carta na que convidan a asistir a “santa misa en honor de los Santos Ángeles Custodios”.
Día de la policía Nacional en Vigo
Actos institucionales del Día de la policia Nacional en Vigo. Foto PP de Vigo.
29 sep 2023 17:06

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra emitiu un convite a decenas de concelleiras e concelleiras da provincia para instalos a asistir a unha misa especial en conmemoración do Día da Policía. Esta iniciativa, liderada pola subdelegada provincial, María Isabel Alonso, e o comisario xefe da Policía Nacional na comisaría de Vigo-Redondela, Ramiro José Gómez, colocou sobre a mesa a persistente confesionalidade do Estado español.

A carta de convite, que fai referencia á “santa misa en honor de los Santos Ángeles Custodios”, volve traer a debate a estreita relación entre a Igrexa católica e o Estado. Este tipo de eventos relixiosos organizados por institucións gobernamentais cuestiona a neutralidade relixiosa e contradi o carácter laico que debería prevalecer nun Estado democrático. Así o expresou un dos concelleiros do BNG no seu perfil de X (antes, Twitter) tras recibir a carta: “O de celebrar o Día da Policía cunha misa, incluíndoa no convite oficial remitido pola Subdelegación do Goberno, exactamente en que parte entra da “aconfesionalidade” do Estado? Debe ser que niso a sagrada Constitución Española non rexe...”, criticou Xabier P. Igrexas, voceiro e concelleiro do Bloque en Vigo (Pontevedra).

Aínda que no escrito, remitido a todas as personalidades civís da área de influencia da comisaría, convidábase a “actos institucionais” con motivo do Día da Policía 2023, acto seguido lembrábase que, previamente, oficiaríase a misa na Concatedral de Santa María de Vigo. Todo co membrete tanto do Ministerio do Interior, dirixido por Fernando Grande-Marlaska, como pola Dirección Xeral da Policía.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...