Ley de Vivienda
As rúas galegas piden un freo inmediato ao negocio de rendistas e fondos de investimento coa vivenda

Os sindicatos de inquilinas das grandes cidades e a maior parte dos colectivos da sociedade civil en Galicia conseguen convocar unhas mobilizacións abundantes nas grandes urbes.
Manifestación vivenda Galicia Vigo 5A - 3
Cabeceira da manifestación convocada polo Sindicato de Inquilinas de Vigo. Juancho Everman

“A vivenda non é un negocio nin un ben co que especular: é un dereito”. Así arrancou o manifesto que o Sindicato de Inquilinas e Inquilinos de Vigo leu no contexto da maior mobilización de Galicia durante esta xornada de manifestacións en todo o Estado español. “Rendistas e fondos de investimento seguen acumulando beneficios mentres miles de persoas son desafiuzadas, expulsadas dos seus barrios ou condenadas a vivir en condicións indignas. E todo isto coa complicidade dos diferentes gobernos. Do Estado, da Xunta e dos Concellos”, denunciaron.

Varios miles de persoas percorreron as rúas da cidade máis grande de Galicia en número de habitantes para reclamar medidas “reais e inmediatas” que limiten dunha vez por todas o mercado da vivenda: “A emerxencia habitacional atravésanos cada vez a máis persoas. Mozos, maiores e en moitas diferentes circunstancias vitais”, berraron os activistas durante a lectura do manifesto en Porta do Sol. Aínda que a punta de lanza foi o Sindicato, case un centenar de organizacións civís por toda Galicia apoiou e secundou a mobilización.

O nutrido grupo de activistas sinalou que os prezos desorbitados dos alugueiros son a principal causa de “empobrecemento da clase traballadora e unha barreira para acceder a unha vivenda”. Pero non só iso. Tamén sinalaron a falta de oferta de vivenda habitual, “fronte ás máis de 21.000 vivendas baleiras e o crecemento exponencial das vivendas de uso turístico que xa alcanzaron as máis de 2.200 ofertas reguladas (ao que hai que sumarlle as ilegais)”. “Isto é unha fórmula ultra especulativa que non só reduce a oferta e contribúe a aumentar o prezo, senón tamén expulsa a veciñanza dos seus barrios”, denuncian.

As sensacións e reivindicacións das manifestantes durante a marcha foron, en esencia, comúns. Por unha banda, varias persoas, en conversa con El Salto, sinalan a necesidade imperiosa dun parque público de vivenda, tanto en alugueiro asumible como de vivenda social: “Hai unha lista de máis de 5.500 demandantes de vivenda pública á que se lle está dando as costas. É unha decisión política”.

Por outra parte, tamén desde A Coruña, onde a manifestación ademais de esquivar a chuvia convocou a preto de 5.000 persoas durante a mañá deste domingo para facer o percorrido desde a praza de Ourense á praza de María Pita onde está a sede do Concello que, este venres e tras a presión veciñal, solicitou á Xunta que declare ao conxunto da cidade como zona residencial tensionada tal e como recolle a nova lei de vivenda debido ao aumento exponencial no prezo dos alugueiros sufrido nos últimos anos.

Precisamente, en ambas cidades, tanto na Coruña como en Vigo, o movemento veciñal veu denunciando tamén as evidencias na propia rúa. Por unha banda, o aumento das persoas sen fogar e a falta de investimento en recursos para atendelas e, por outra, a absoluta desprotección xurídica dos contratos de tempada, que son usados polos rendistas para reducir os dereitos das inquilinas. Isto desemboca, segundo os sindicatos, en dificultades de acceso con estritos requisitos e garantías adicionais como seguros de impago, avais, altas nóminas e a discriminación, especialmente a persoas racializadas, familias con fillos e fillas ou mascotas.

As reivindicacións das e dos manifestantes

O Sindicato de Inquilinas lanza unha mensaxe clara e urxente: a situación da vivenda é insostible e necesita cambios estruturais inmediatos. Os prezos do alugueiro, completamente desbocados, están afogando a miles de persoas, polo que esixen unha baixada drástica das rendas e unha regulación efectiva que impida novas subidas abusivas.

Denuncian que a inestabilidade contractual provoca expulsións constantes dos seus fogares cada cinco ou sete anos, xerando miles de desafiuzamentos invisibles. Reclaman contratos de alugueiro indefinidos que permitan ás persoas desenvolver os seus proxectos de vida sen a ameaza constante do desaloxo.

Tamén alertan sobre o uso turístico das vivendas, ao que consideran unha forma de especulación extrema que baleira os barrios e expulsa ás veciñas. Propoñen frear esta dinámica deixando de outorgar licenzas e avanzando cara á súa prohibición.

En paralelo, denuncian que centos de miles de vivendas permanecen baleiras ou destínanse a alugueiros de tempada ou turísticos, mentres se fala de escaseza de vivenda. Reclaman a súa recuperación para que cumpran coa súa función social e poidan ser habitadas de forma estable.

Unha das súas principais esixencias é o aumento do parque público de vivenda, tanto para alugueiro social como asequible, co obxectivo de alcanzar polo menos un 15% do total de vivendas construídas.

Tamén esixen o fin da compravenda especulativa. Denuncian que a vivenda converteuse nun produto financeiro en mans de fondos voitre ou grandes rendistas, e reclaman que se prohiba a adquisición de inmobles se non é para vivir neles.

Por último, sinalan a proliferación de grupos de desocupación, aos que describen como matóns contratados por propietarios para desaloxar vivendas mediante coaccións e ameazas. Consideran que estas prácticas violentas deben ser perseguidas e prohibidas.

Esta non é só unha mobilización máis: é un paso firme na construción dun movemento que non se deterá ata acabar co negocio da vivenda. Porque a vivenda non é un produto para especular, é un dereito e unha necesidade vital. Hai que defendela.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.