Ley Trans
Ante o perigo inminente dunha lei trans

“A aprobación inminente dunha lei trans é perigosa, porque se está a converter na pedra angular destes discursos e non precisamente da man de Santiago Abascal, senón de feministas que ata o momento todas e cada unha de nós considerabamos referentes.”

Unha lei trans para Galiza
Manifestación do 4 de maio en Compostela, ante a presenza do bus de Hazte Oír. 2017. Pablo Andrade
9 dic 2019 09:48

É posible que a estas alturas moitas de vós xa forades advertidas polas vosas referentes feministas do perigo inminente que se aveciña se o hipotético novo goberno tramita a chamada “lei trans estatal”, ou algunha das propostas lexislativas existentes que abordan a despatoloxización da transexualidade como punto de partida.

Para quen non o saiba, a despatoloxización, pedra angular da loita polos dereitos do colectivo trans, supón a eliminación da etiqueta de “trastorno mental” á propia condición trans, poñendo fin a todo un proceso médico e psicolóxico ata hoxe en día obrigatorio para toda aquela persoa que quixera mudar o sexo no seu DNI. Nese sentido, a lei que neste momento está vixente é a 3/2007, na que se estipula que toda persoa trans debe aportar un informe psicolóxico no que se aborde o devandito trastorno, ademais doutro médico que recolla, como requisito indispensable para a mudanza legal, terse sometido durante ao menos dous anos a un tratamento hormonal. Porén, os prexuízos que se desprenden deste corpus lexislativo son doados de coñecer se prestamos atención a calquera descrición sobre a realidade trans feita dende o propio colectivo. En primeiro lugar, e máis aló do estigma social que emana da etiqueta de “enferma mental”, denúnciase constantemente que esta medida imposibilita ás persoas trans a axencia sobre os seus corpos e procesos, xa que o recoñecemento desta condición individual por parte da esfera pública –preciso para calquera trámite– dependería dun continxente de psicólogos, psiquiatras e médicos que avaliarían e xulgarían ata que  punto o suxeito é quen di ser. Para isto aplícanse toda unha serie de prácticas lesivas como o  escarnio, en situacións como a de forzar ás persoas a permanecer espidas diante dun forense para constatar que manteñen un tratamento hormonal, mesmo a esterilización obrigatoria a través de dito tratamento -algo ao que non todo o colectivo desexa someterse-, ou o retraso implícito no propio procedemento, algo que obriga a poboación trans a manter durante dous anos un DNI diferente a súa expresión de xénero e identidade pública, con tódolos problemas que iso conleva.

Con todo, o feito de admitir que a despatoloxización é unha medida básica e urxente para o colectivo trans, non debe ocultar a certeza de que é perigosa para a sociedade en xeral e para o feminismo en particular, xa que está a abrir a porta a toda unha serie de discursos de odio que socavan os principios da democracia e igualdade que cimentan a nosa identidade colectiva. Ante a ameaza crecente dun fascismo maquillado, que se está a expandir por países como Brasil ou EEUU, e que é terceira forza política na principal cámara de representantes do Estado español, temos que rescatar a elaboración de análises e respostas transversais e colectivas que comecen -ou volvan- a chamar as cousas polo seu nome, e nos ensinen a estar previdas perante o odio disfrazado que pretende aniñar nas nosas consciencias.

Odio ao emigrante, ao pobre, ao diferente, ao diverso, enmascarado nun continuum de “eu non son X, pero”, e reforzado pola súa capacidade de actuar en paralelo para non ser identificado. Esta é a  forma na que o fascismo quere volver, conseguindo sacar o peor de nós sen que cheguemos a  cuestionarnos principios que ata hoxe eran básicos na construción da nosa cidadanía. Así pois, é  común escoitar a persoas que se deixan arrastrar por esta corrente, atrincheiradas no odio ao  emigrante, que en ningún momento aceptarían outros discursos desa mesma onda referidos á  poboación LGTBIA, sen ser conscientes ou sen querer selo, de que votar a un partido fascista failles  mercar todo o “pack” do seu discurso.

Ante a ameaza crecente dun fascismo maquillado, temos que rescatar a elaboración de análises e respostas transversais e colectivas.

O mesmo está a suceder á inversa con persoas que nunca cuestionarían o seu antirracismo, e incluso  a súa conciencia de clase, pero que están a comprar o odio ao colectivo LGTBIA dun xeito indirecto e  sibilino. Deste modo, a aprobación inminente dunha lei trans é perigosa, porque se está a converter  na pedra angular destes discursos e non precisamente da man de Santiago Abascal, senón de  feministas que ata o momento todas e cada unha de nós considerabamos referentes. Unha análise  rápida dos argumentos que utilizan saca á palestra conclusións abraiantes, nas que non é difícil  identificar características dos discursos de odio como o medo ao diferente, o bulo, ou o uso das  mesmas armas do patriarcado para atacar a mulleres e, a fin de contas, a compañeiras. 

Así, unha das maiores argumentacións das que protestan contra a inminente aprobación do dereito a  que non sexan precisas probas médicas e psicolóxicas para a mudanza de sexo legal, é a súa certeza  de que vai ser un regalo para pederastas e violadores, que van a utilizar as posibilidades da lei para  se rexistrar como mulleres e conseguir dun xeito legal o acceso a “espazos seguros” como baños e  vestiarios. Cando falan deste argumento, soen ocultar que a autodeterminación de xénero xa está vixente nunha grande cantidade de países como Arxentina, Portugal o Grecia, para centrar os argumentos en supostos individuos, repartidos por contagotas polo mundo, que penetraron nestes espazos seguros facéndose pasar por mulleres para agredir ás que se atopaban neles. Xa sexa nunha pequena poboación de Canadá, nunha gran urbe dos EEUU ou nun recuncho perdido da Conchinchina, nada máis transcender unha noticia deste calado -xeralmente sen contrastar a fonte, o que nos expón á cultura do fake tan utilizada polo fascismo actual-, comezan a encherse ríos de tinta en muros de facebook e columnas de xornais, supostamente serios e de esquerdas, alertando contra o perigo inminente da aprobación dunha lei trans no Estado español, e sinalando que abre a porta á repetición destes casos en todas e cada unha das nosas aldeas, vilas e cidades. Unha cultura do medo que non é diferente ao realizado por certos propagandistas cando poñen o grito no ceo ao producirse un delito por un menor estranxeiro non acompañado en calquera punto da xeografía do Estado. Unha cultura do medo que convirte a excepción en motivo de alarma, e a súa vez na excusa perfecta para clamar contra os dereitos do colectivo destinatario, deshumanizalo e poñelo no punto de mira.

Todo este discurso, ademais, posúe entre os seus principais fins borrar a existencia das persoas trans, invisibilizarnos e converternos en responsábeis das nosas propias opresións. Acompáñanse, polo tanto, dunha negación da nosa identidade ao alegar que as mulleres trans somos homes que decidimos transitar, como dicía Albert Pla, ao “lado máis salvaxe da vida”, por capricho. Se decides camiñar polas vías do tren e este te atropela, será irremediablemente a túa culpa, igual que se decides ser trans, que che violen e maten por iso será a túa propia responsabilidade. É por iso polo que o discurso de odio ao que fago referencia invisibiliza constantemente as opresións que sufrimos por ser mulleres, e que se maximizan por ser trans. E como todas sabemos, o que non se nomea non existe, e se non existe, non se pode solucionar. 

O mellor exemplo sucede cando dito discurso por a súa atención na aplicación da despatoloxización no cárcere. Seguindo coa mesma dinámica argumental, consideran que iso vai abrir a porta a que os reclusos violadores dos módulos masculinos aproveiten para se satisfacer ao seu antollo nos femininos, nun escenario tremebundo comparable coa matanza de Texas ou algo semellante. Se ben é posible que existan violadores en diferentes lugares do mundo, capaces de vivir toda a súa vida cunha identidade que non lles pertence -algo de cuxa dificultade pode dar testemuño calquera persoa trans-, para continuar a violar, converter iso en norma abre a porta a ocultar outras evidencias, como o feito de que o 59% das reclusas trans internas en módulos de homes sexan violadas polos seus compañeiros.

Todo este discurso, ademais, posúe entre os seus principais fins borrar a existencia das persoas trans, invisibilizarnos e converternos en responsábeis das nosas propias opresións.

Nesta tesitura, non é moi difícil decatarse de que este é exactamente o mesmo patrón que utiliza o patriarcado para cargar contra as mulleres e restarnos dereitos. O mellor exemplo é o representado polo coñecido argumento das denuncias falsas, onde se asume que algo que sucede en menos do 1% dos casos nos que se aplica a lei contra a violencia de xénero é suficiente para solicitar a derrogaciónde dita lei e restarnos dereitos a todas. Ademais, se analizamos o mundo que nos rodea coas nosas gafas violetas, salta rapidamente á palestra que a idea de que os homes precisan rexistrarse como mulleres para violar e violentar a outras, nega a esencia do propio patriarcado, posto que este é un sistema no que a través de diversas ferramentas culturais, legais, e de diverso calado, incentívase e permítese que os homes, polo mero feito de selo, se apropien do corpo e a vontade das mulleres, polo mero feito de selo.

A expansión de discursos que non son contrastados nin sometidos á capacidade crítica de quen os recibe, con posibilidades de sumar a un gran número de xente na construción dun inimigo común, dun “outro”, deshumanizado a quen excluír, constitúese como a pedra angular da expansión do fascismo, e que iso afecte a sectores que se consideran de esquerdas ou feministas supón un auténtico perigo. Como dicía Gramsci, é xusto neste momento cando máis “instruídas” temos que estas, e iso pasa por coñecer a realidade do colectivo trans e facer da súa loita a nosa loita, “conmovidas” pola sororidade e a solidariedade contra u odio, e “organizadas” para defender uns dereitos sen os cales non pode existir a igualdade. A aprobación dunha lei trans é -ou debería ser-, inminente coa chegada do novo goberno, e iso vai requirir toda a nosa “intelixencia”, “entusiasmo” e “forza” nunha causa común e feminista como son os dereitos do colectivo trans en xeral e das mulleres trans en particular.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Ley Trans
Ley trans El Constitucional enfrenta el recurso del PP a la ley trans, los colectivos piden evitar la senda antiderechos
El Alto Tribunal deliberó por primera vez sobre este recurso sin llegar aún a ninguna decisión. Plataforma Trans pide que no se sume a la carrera de odio contra las personas trans y avale la norma.
Madrid
Día de la Visibilidad Trans Más de 2.000 personas salen a las calles en Madrid “contra la transfobia y el fascismo”
Convocada por la Federación Plataforma Trans, la marcha multitudinaria ha inundado este sábado la Gran Vía para condenar los delitos de odio tránsfobo y su impunidad.
LGTBIfobia
Manifestación Plataforma Trans planta cara a la transfobia con una manifestación contra el odio
La convocatoria el 29 de marzo denuncia un contexto internacional antiderechos. La organización pide a partidos y sindicatos que se sumen a la marcha porque la transfobia es un problema social, y por lo tanto también político, explican.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Rumanía
Rumanía La ultraderechista Alianza para la Unión de los Rumanos de George Simion se destaca para la segunda vuelta
La extrema derecha rumana sale de nuevo reforzada pese a la eliminación de la carrera electoral de su otro representante, Calin Georgescu. La segunda vuelta de las elecciones será el 18 de mayo.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición El PSOE se mira en el espejo de Canadá
La irrupción de un enemigo exterior poderoso como Trump ha provocado un giro rotundo en las elecciones del país norteamericano, catapultando a los progresistas tras estar al borde de una dura derrota.
Economía social y solidaria
Cooperativismo Economías tejidas por mujeres: feminismo y cooperativismo en Madrid, una genealogía por contar
La Economía Social y Solidaria feminista no ofrece fórmulas mágicas, pero sí un horizonte: uno donde lo productivo y lo reproductivo, lo económico y lo afectivo, dejen de estar enfrentados.
Huelva
Huelva Jornaleras de Huelva en Lucha interpone la primera denuncia por el despido de una temporera marroquí
La sección sindical, recién constituida, asegura que “abren la veda” para denunciar otros atropellos laborales similares en contratos fijo-discontinuos de trabajadoras contratadas en origen.
Artes gráficas
Andalucía Poevélez: Cuando poesía e imagen mezclan, funden y subliman
La muestra colectiva de diversos artistas del panorama nacional nos presenta ejercicios de poesía visual desde diversas disciplinas como el collage y la fotografía y se puede visitar en la Fundación Eugenio
Más noticias
Opinión
Opinión Sobre la guerra y la paz
Parece que los alemanes y el resto de europeos no aprenden con la historia que ellos mismos han protagonizado en los últimos 400 años. Ni siquiera con la historia del siglo XX, tan inmediatamente próxima y tan inmensamente trágica.
Energía
Energía La organización colectiva, el verdadero kit de supervivencia en tiempos de emergencia y caos
Decenas de centros sociales, cooperativas y grupos autogestionados de vecinos en todo Madrid hicieron frente a los embates del parón eléctrico a través de improvisadas iniciativas comunitarias.
Oriente Medio
Oriente Medio ‘Aliadas’, un libro para imaginar otra Shatila y recordar Palestina
Hablamos del libro, el deporte, la vida en Shatila y el genocidio en Gaza con la autora, Txell Feixas, junto a Majdi y Razan, padre e hija que protagonizan esta historia de rebeldía y amor por la vida en el campo de personas refugiadas del Líbano.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña e Ourense mercaron material policial a Israel por medio millón de euros en só catro anos
O alcalde ourensán, Gonzalo P. Jácome, adxudicou un contrato por 70.000 euros días despois do sete de outubro. Abel Caballero asinou outro de máis de 200.000 euros e a alcaldesa da Coruña seguiu a estela cun contrato de 170.000 euros.