LGTBIAQ+
“Deberiamos avanzar cara a un punto no que o xénero non sexa importante”

Falamos con Daniela Ferrández, presidenta de Amizando, da opresión da muller transexual, sobre as barreiras impostas e as facilidades adquiridas, sobre os factores sociais que lexitiman a súa situación actual, e o marco legal que a permite.

Falamos con Daniela Ferrández, presidenta de Amizando, da opresión da muller transexual, sobre as barreiras impostas e as facilidades adquiridas, sobre os factores sociais que lexitiman a súa situación actual, e o marco legal que a permite e reproduce. Unha conversa distendida na que Daniela fai un percorrido pola actualidade e polo cotián da comunidade transexual, con parada nos movementos sociais que se sitúan á marxe das institucións.

Cales son os principios fundamentais de Amizando?
Somos unha organización de xente trans, mais tamén contamos con apoios ou participacións de xente que non o é. Facemos tres cousas fundamentais: loitar por un discurso non estereotipado; tamén loitar polas leis, pois as que existen non nos permiten aínda acadar os dereitos que teñen o resto de persoas; e por último, tentamos realizar a función de acompañamento que o Estado non realiza. Asesorar, informar, desterrar prexuízos, estereotipos, aconsellar tamén, son os principais obxectivos de Amizando.

A diversidade de xénero é un feito patente. Como persoa trans ti es consciente de que é preciso crear conceptos para poñerlle nome a estas identidades, cres que isto pode chegar a ser un factor de división?
Depende de quen cre estes conceptos. Unha cousa é que nolos poñamos nós e outra é que veñan postos de fóra. Falouse da diferenza entre persoa transexual e transxénero, dependendo de se te operas ou non. Porén, se nos preguntas a nós non nos gusta dicir se nos operamos ou non, polo que isto é unha contradición. Isto pasa con moitos conceptos que se impoñen dende fóra, aínda que moitas veces si se precisen etiquetas para levar a cabo unha loita específica como a nosa.

Até o de agora a prensa cometeu sempre o erro de non escoitar, de pórse por diante, de tutelar

Cres que a prensa cumpre un papel importante á hora de dar visibilidade a esta realidade?
Penso que a prensa ten un papel moi importante, pois agora mesmo é o voceiro do que pasa e ten a capacidade de establecer unha axenda política pero sobre todo unha axenda mental. Ata agora a prensa fíxoo mal sempre con este tema, incluso moitas veces intentando facelo ben, pois cometeu sempre o erro de non escoitar, de pórse por diante, de tutelar. De feito, a intimidade para os medios é algo que dá igual. É unha ferramenta que teñen de demostrar que non somos iguais. A nosa intimidade é pública pero porque non se nos considera persoas con capacidade de decisión sobre nós mesmas

Existe unha especie de paternalismo cando se dirixen a vós en xeral?
É como unha forma de pór en funcionamento a patoloxización. Igual non te tratan de enfermos mentais pero si che din “pobriñas, temos que falar por elas, non son capaces de definirse” e ó mellor nin sequera nos preguntaron. O seu discurso leva implícitas estas cousas. Pasounos por exemplo no Orgullo de Lalín o pregoeiro, que era un presentador da TVG, un home cisgai chegou de abandeirado das persoas trans a dicir que tiñamos disforia de xénero e que tiñamos que facer operacións para acomodar o noso corpo á nosa mente. E esta persoa pensa que nos cambiou a vida.

Eu lembro cando tiña 10 anos e preguntei no colexio que era unha muller trans e a resposta foi “un home”

Para combater este descoñecemento é precisa unha formación que parta da educación?
Hai que levar a diversidade aos colexios. Eu lembro cando tiña 10 anos e preguntei no colexio que era unha muller trans e a resposta foi “un home”. Se ti con 10 anos recibes esa información, pois pensas: “eu non vou ser algo que estea mal porque quero cumprir as expectativas que se teñen de min, quero vivir como o resto de persoas”. Entón eu creo que é básica a formación nos colexios. Estamos chegando tarde.

Como levariades a cabo dende Amizando a promoción de charlas ou formación educativa?
As asociacións trans somos moi pequenas e non contamos con esta capacidade. Mais si a teñen asociacións de pais como ARELAS, que dan charlas, incluso formaron protocolos educativos fai uns anos. Mais é un labor que debe levar a cabo o Estado, nós non podemos reemprazalo ata ese nivel. É algo que se ten que lexislar.

Consideras que os profesionais da saúde están suficientemente informados e especializados no tema?
Agora estase a ver con distintas leis se se conseguen programas de formación para eles pero depende do profesional que che toque. Eu persoalmente tiven peor sorte cos profesionais que están formados que cos que non. Os que están formados trátannos cuns aires de superioridades moi nocivos. Se esa é a súa forma de axudarnos prefiro que non a teñan.

O proceso de busca da identidade e tamén de cambio de sexo no caso de que o haxa, como é para unha persoa trans?
Cada persoa trans é un mundo. Eu chegou un día no cal transcendín desas informacións tan pechadas que me chegaban dos medios e pensei que tería que haber algunha resposta para o que eu sentía. Comecei a encaixar as pezas da miña vida e deime conta de que era unha muller, de que encaixaba todo e a partir de aí puiden dar o paso con felicidade. Cada persoa é un mundo, como leva o proceso, se se quere hormonar ou non. Ademais, cada vez se fai antes. Non se ve pero hai un número moi elevado de nenos trans. Está a orde do día poder vivir toda a túa vida como quen es e non ter que facelo con 20 ou 30 anos.

Poderiamos falar dunha suma de opresións? Temos que falar de opresións de xénero, de raza, ou é unha opresión gradual?
Si eu penso que o é. Que é gradual. No noso caso temos moitas opresións comúns cos homes trans pero a meirande parte delas son por ser mulleres.

Penso que a igualdade non vai chegar polas leis pero son ferramentas precisas

A nova lei LGTBI proposta por Podemos está en trámite. Agrupa a lei de igualdade LGTBI e a lei integral de transexualidade, dado que moitas veces a lexislación cae en papel mollado. Cal sería a consecuencia para o movemento, e para a súa visibilización?
Son diferentes porque a Lei trans estatal, da que a nosa asociación é precursora, intenta levar a despatoloxización a tódolos aspectos da vida. Mentres que no caso da lei LGTBI trátase dunha lei de garantir o respecto. Eu penso que a igualdade non vai chegar pola lei pero son ferramentas precisas. A Lei trans pretende chegar á sanidade, ás institucións e penso que son ferramentas moi precisas.

E no caso de Galicia?
No caso de Galicia hai unha lei de 2014 que queda en papel mollado, non serve para nada. É unha lei de non discriminación. O ano pasado tentouse levar a cabo unha lei integral trans de dereitos específicos que o PP nin chegou a debater. É curioso porque toda a oposición estaba a favor, mais contamos cun partido nas urnas que ven directamente do Franquismo e non permitiron ese debate.

A nivel profesional, consideras que se levantan certas barreiras ao coñecerse a transexualidade da persoa?
Supoño que depende da empresa, do ámbito. Sei de xente que traballa no sector privado e se ten que esconder. Un dono dunha empresa por desgraza ten control sobre iso e se ten prexuízos vainos facer extensible a todo. Depende moitas veces se se che nota, mais sexa como for as mulleres trans sufrimos o 90 % de paro. No meu caso non sufrín ningún problema, foron todo facilidades.

E a nivel persoal?
Cando vas pola rúa, dáste conta que cando vives como muller, que te miren está á orde do día, que está normalizado. Iso foi o que máis me costou.

Cal sería a liña que separa a visibilidade e o sobre mérito?
Por exemplo que unha persoa trans fose a tele por ser político, non polo feito de ser trans: non ir por ser trans e ademais político.

O Orgullo tal e como se formula dá unha imaxe totalmente patriarcal, do poder de homes brancos, fortes e ricos

É adecuado o tratamento proporcionado ás cuestións LGTBIQ, especialmente á transexualidade por parte do movemento feminista? Que cambios son necesarios?
Penso que as mulleres trans, e con isto falo como mulleres trans de Galicia, non somos un suxeito fóra do feminismo, senón que somos un suxeito que temos que construír dende dentro e buscar o consenso con base no que é lóxico. Entón moitas veces penso que chegan dende fóra ataques ao feminismo por parte de mulleres trans que non están fundamentados e que non veñen de compartir espazos. Penso que temos que rachar con eses ataques ao feminismo, pois moitas voces nos falan como se fose o noso maior inimigo e parece que agora nos fai máis mal o feminismo que Hazte Oír. Eu penso que a moitas voces machistas non lles gusta que participemos como suxeito político dese feminismo.

Cres que o Orgullo está a ser mercantilizado?
Si, penso que o problema é o capitalismo, e se non levamos a cabo estratexias para combatelo estamos formando parte do problema. O Orgullo tal e como se formula da unha imaxe totalmente patriarcal, do poder de homes brancos, fortes e ricos. Agora, que se formule o Orgullo doutro xeito si que o vexo ben.

O que percibe a xente é unha festa duns poucos homes gais. Se hai xente a quen ver homes espidos pola rúa lle molesta, igual o problema o ten esa xente. Para min o problema non é tanto iso, senón que é algo que non ten capacidade crítica e construtiva, senón que é patriarcal e capitalista. Pero agora, se lle molesta a alguén, non son quen de moldear comportamentos, non lles fan dano a ninguén.

Na actualidade existe algún referente no colectivo trans?
Hai deputadas, profesoras de universidade, pilotos, etc. O problema é que os medios non nos tratan como deben. Por exemplo, no caso dos gais houbo unha época na que só saían por ser gais, non por algo máis. Nós nunca somos só trans, nunca aparecemos na tele polos nosos logros individuais, nin por nada máis.

Fai pouco chamáronme dun programa da TVG sobre as relacións dos trans como familia. Preguntáronme como era a relación coa miña familia eu dixen que estaba incluso mellor que antes, que moi ben. Entón dixéronme que non lles interesaba, que buscaban a alguén ao que lle fose mal. Entón claro, non fun. Isto é porque van a vender, non a resolver conflitos, senón a vender, e iso pouco axuda.

Que perspectiva de futuro ves para a comunidade transexual?
Supoño que teremos que chegar a un punto en que ser trans sexa coma ser rubia que ó fin e ao cabo é o que é. Moitas veces, en base a esta patoloxización dísenos que temos que vestir todas igual, actuar todas da mesma forma, que nos vestimos todas da mesma forma. E ao final é simplemente unha condición humana como pode ser a cor do pelo. Respecto á sociedade en xeral, penso que deberiamos avanzar ata un punto en que o xénero non fose nin sequera importante.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Represión
Represión Las leyes rusas antiderechos planean sobre Europa del Este
La Ley de Agentes Extranjeros se amplia Georgia; está previsto que en los próximos días esta misma ley entre en vigor en Hungría.
LGTBIAQ+
Diversidade O Concello de Vigo retira a Área de Diversidade das subvencións de Igualdade
A asociación LGTBQI+ Nós Mesmas denuncia a eliminación como parte dun intento “continuo e silencioso” de borrar o activismo disidente do mapa.
LGTBIAQ+
Sentencia El TSXG reconoce que el asesinato de Samuel Luiz fue un crimen de odio
El tribunal ha ratificado las penas de entre 20 y 24 años para los tres acusados y ha absuelto al joven condenado a diez años de cárcel como cómplice del asesinato.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.